lunes, 2 de marzo de 2009

Algunhas das miñas fobias

Dos meus primeiros anos de escola lembro algo que ao longo dos anos nun puiden deixar atrás, era unha imaxe moi peculiar, un debuxo onde se representaba unha ponte moi alta con dez arcos pola que ía pasando a xente e os arcos abríanse segundo o pecado que se cométese e víase como caía a xente desde alto da ponte cara ao abismo. Non sei porque esa imaxe me marcou tanto, pero aínda agora hai días que soño con ela, teño verdadeiro pánico ás pontes, podo pasar por elas pero nunca mirar cara a abaixo.
Outra cousa que tamén me marcou para a toda vida foi a afección que tiña a mestra a quedar ben coa xente da aldea; resultas que naquela época cando morría alguén, tiñan ao defunto na casa e os veciños ían a facerlle compaña aos familiares; a mestra levábanos aos rapaces a rezar o rosario, alí diante do defunto, coa caixa aberta para que o vísemos, ela, a mestra, non entraba porque dicía "a mi me impresiona mucho y me pongo nerviosa". Lembro que eu pasaba moitísimo medo, despois soñaba durante varios días, ata que volvía a morrer outro veciño e eu tiña que pasar polo mesmo. Algunha vez intentei rebelarme e non entrar na casa do defunto, lembro que unha vez senteime nas escaleiras e a mestra fíxome levantar e entrar na casa tirándome do pelo, pero ela quedou fóra.
Agora moi preto dos sesenta, aínda sigo a ter un medo terrible aos mortos, non podo ir a un cemiterio soa e a pesar de que son consciente de que os mortos non poden facerme mal algún, sigo a ter moitísimo medo, tanto que lle pedín aos meus que cando eu morra non quero ir para ningún cemiterio, non teño medo a morte, pero si encontrarme entre os mortos.

4 comentarios:

rivela dijo...

Non coñecía eu ese "castigo" de levar ós nenos dende a escola a rezarlle o rosario ós mortos.
A min pasame o mesmo cos mortos, non son capaz de velos, dende que con seis anos tiven a "xenial idea " de ver a un veciño falecido.
Saudiños

rivela dijo...

Xa me esquecia... preciosas fotos dos teus animaliños... quen fora cabalo na tua casa.

Dilaida dijo...

rivela en realidade non era un castigo, bueno a mestra non o consideraba así, ela só quería quedar ben coa xente do pobo.
Grazas, as fotos non son moi boas, están feitas co móbil, pero bueno faise o que se pode.
Aos meus cabalos si que os quero moito, fanme pasar moi bos momentos, pero tamén quero aos meus cans (teño catro) e aos meus gatos (tamen son catro).

Una dijo...

Yo no soporto tampoco los cementerios,en mi pueblo toda la gente acompañaba al difunto desde la iglesia hasta su tumba,algunas veces se veían huesos por allí,no quiero ser enterrada,me incinerarán,lo prefiero así,este mes hace quince años que mi marido murió y como repartí las cenizas por aquí,por allá,por acullá lo siento por todas partes y en ninguna en particular.
Yo tengo miedo al dolor,a no controlar mi mente,a la muerte no ya que creí que me llegaría hace diez años y ya estoy mentalizada,tengo más miedo a ser una carga para mis hijos,espero que sea todo rápido y sin molestar a nadie.
Un abrazo