Xena é máis pillabana que o pardal de Catulo.
Xena é máis pura que o bico dunha pomba.
Xena é máis cariñosa que todas as persoas.
Xena é máis preciosa que as perlas da India.
Xena é a miña cadela, o meu deleite.
Se se queixa, penso que fala.
Sente a tristeza e o gozo.
Apoiada sobre o colo, recóstase e colle o sono,
de xeito que se oe roncar.
Para que o día supremo non ma roube do todo,
retrateina co meu pequeno móbil:
na foto veredes unha Xena tan semellante,
que nin ela mesma é tan parecida a si mesma.
Nunha palabra: se pos á Xena a carón do seu retrato,
ora pensarás que as dúas son a de verdade,
ora pensarás que as dúas son o seu retrato.
Tomei a liberdade de adaptar algúns versos do epigrama de Marcial "A cadeliña Isa" para dedicarllo a miña Xena.
5 comentarios:
Con esa ollada parece que se vai por a falar dun intre a outro, ou dicirme , e ti que me miras?, saudos
Es una perrita preciosa. Yo también he puesto ese poema de Marcial hace unos días, y he incluído la fotografía de la perrita de una amiga. La verdad es que nos hacen tanta compañia, nos dan tanto y nos piden tan poco, que con razón se dice que son los mejores amigos del hombre. Un cordial saludo.
Yo pienso que son los mejores amigos de la mujer, el hombre busca amigos menos recomendables.
Hoy sí que no necesito traductor,ella se merece todo lo mejor,maravillosos animales.Mi Nito y mi Tula alegran mis días y mi lorito Bit también,a veces creo estar loca porque estoy segura de que entienden todo lo que digo,se adelantan a mis pasos y buscan mi compañía continuamente.Mis días no serían iguales sin ellos,así que viendo esa preciosidad comprendo que le hayas dedicado estos versos.
Un abrazo
rivela podes estar segura que só lle falta iso, falar. Eu paso o tempo falando con ela e estou segura de que me entende, os meus fillos e o meu marido din que estou un pouco tola.
Isabel Romana gracias por entrar en mi blog, ayer estuve visitando el tuyo y que casualidad el mismo día que se me ocurre dedicarle una adaptación de "La perrita Issa" a mi perra la encuentro en el tuyo. Me encanta tu blog lo visitaré siempre que pueda y muchas gracias.
María Jesús é que a linguaxe sexista sempre di "Os mellores amigos do home" pero en xeral as mulleres somos máis sensibles por iso nos entendemos mellor cos animais; de todas formas hai de tod@, coñezo mulleres que te miran raro cando te ven acariñando a un can. Hai anos, cando as miñas fillas eran pequenas, tiñamos un can na casa que se chamaba Nitzsche e eu ía buscalas ao escola co can, algunha mamá facía que non me vía ou mirábame raro ao ver a Nitzsche. Agora penso que ao mellor era que tiñan envexa.
Gracias Tere, conozco a Nito y a Tula, aunque no deje comentarios si visito tu blog, puedes estar segura de que si te entienden, no se si son las palabras o saben lo que piensas, pero ellos si entienden y lo que puedes estar segura es nunca te van a fallar.
Publicar un comentario