imaxe tomada da internet na dirección:http://pichicola.com/wp-content/uploads/2008/04/cura1.gif
Hai moitos anos, aló polos anos sesenta do século pasado, unha nena dunha pequena aldea da Galiza interior, ía facer a Primeira Comuñón. Que día!. Agasallos, festa, invitados, un vestido branco, longo ata os pés, un zapatos novos, aínda que mancasen un pouco...
A meniña non vía chegar o gran día, ía á "catequeses" todos os días, o cura daba as clases de catecismo despois da novena ao Santo Patrón da aldea. O día antes da festa tocaba confesión, era a primeira vez, e aínda que xa practicara as cousas que había que dicir ao chegar a casiña aquela que había na igrexa, os nervios eran moitos e non se acordaba de nada.
-Boas tardes -díxolle a meniña ao cura.
-Vamos a ver, mira que eres burra, en primer lugar no se habla en gallego, hay que hablar en la lengua que manda la Santa, Madre, Iglesia; y en la confesión se dice "Ave María Purísima"-dixo o cura.
-Ave María Purísima.
- Dime los pecados que cometiste -dixo o cura
- Pois eu onte non comín o caldo, porque era de grelos e non me gustan, un día non fixen os deberes porque era unha conta de sumar e non sabía, outro día cando estaba no monte coas vacas, a Lucera foi para o prado da Carme e a miña nai rifoume...
- Bueno, bueno ya veo que no eres muy buena y encima sigues hablando en la lengua de los paletos, así nunca llegaras a nada, solo te queda ir al monte con las vacas, bueno como toda tu familia. Y, ¿has hecho cosas feas con los niños?
-Iso fágoo todos os días, co Miguel, co Xavier, coa Isabel, coa Gloria...
- ¿Cómo? ¿pero vosotros que haceis orgías o qué?
- Non iso de or... non facemos, pero imos coller uvas a viña do señor Xosé e do Antonio e tamén lle collemos as peras e as mazás que ten na horta o señor Rosendo.
- Niña pareces tonta, no te he preguntado por esas trastadas. ¿Tú cuando vas al monte con las vacas sola, no juegas con ningún niño a los papás y mamás?.
- Os nenos non queren xogar a iso, ese xogo é de nenas. Xogamos na casa da Isabel porque ten moitas potas para facer as comidas.
- Vas a rezar un rosario, por lo menos, para que Dios te perdone esa rebeldía que llevas en el cuerpo, así nunca serás una mujer de bien.
Aquela noite a meniña non puido durmir, o cura dixéralle que era mala, e que sería mala. Xogar as casiñas era pecado e a ela era o que máis lle gustaba.
O día da Primeira Comuñón cando estaba alí, diante do altar, miraba para o Crucifixo e só pensaba que en calquera momento soltaríase un dos brazos da cruz para sinalala e dicirlle a todos o mala que era.
Isto é unha historia real, o cura xa morreu e a meniña agora é avoa, aínda que tardou en darse de conta que era aquilo de "hacer cosas feas con los niños" (descubriuno na puberdade),non era tan burra como dicía o cura, rebelde, rebelde xa foi máis do que é, teimuda si que é, por iso sigue a falar a lingua que mamou.
4 comentarios:
¿E, sería o galego, para o cura, como é para min o que di PakKaramu?
O peor de todo era que a maior parte dos curas eran "desertores do arado" e estaban desexando que non se lles notara...
Cantas historias destas terian que contar os nenos e as nenas que hoxe son avós e avoas. Moitos traumatizados para toda a sua vida por non poder nin siquera comentarllo a ninguén por vergoña. Boa fin de semana longa.
María Jesús totalmente de acordo contigo, tes razón iso de "desertores do arado" era totalmete certo.
Grazas rivela, bueno eu son dunha xeración que anque non pasamos fame porque xa podiamos tomar na escola o leite en pó e o queixo que mandaban os americanos, si que pasamos algunhas, e temos moitas anécdotas que contar.
Yo comulgué en mayo de 1962,faltaba un mes para cumplir siete años,te puedo decir que la religión me mantuvo aterrorizada desde muy niña hasta la adolescencia que fue cuando dándole vueltas a las dudas y atreviéndome a decirlas en voz alta me tacharon de atea,hereje y no sé qué más cosas,luego la dejé a un lado como algo de lo que más vale no discutir,allá cada cual.
Cuando mi marido murió perdí la poca fe,si es que me quedaba alguna,que tenía.
Ahora me parece una excusa que nos buscamos cuando la vida nos da bofetadas de realidad,pero prefiero afrontarlas ya con mis propias fuerzas sin esperar milagros.¿Por qué va a haber un Dios preocupado por nuestras pequeñas vidas?¿Y si lo hay,por qué deja a sus hijos desamparados?
Abrazos
Publicar un comentario