miércoles, 27 de mayo de 2009

Pimpín /Chasco... (Fringilla coelebs)


imaxe tomada de internet (Pimpín femia) www.micuadernodecampo.com



http://www.fotonatura.org/galerias/fotos/168094/
imaxe tomada de internet (Pimpín macho)


Sobre o seu aspecto físico:
O pimpín caracterízase por ter unhas manchas brancas nas súas ás.
O macho ten a parte superior da cabeza de cor gris azulado, o dorso é de cor pardo avermellado, mentres que a parte inferior do corpo é pardo rosado.
A femia é de cor pardo amarelado polo dorso e gris pardento polo ventre.
Os pimpíns novos parécense ás femias aínda que se distinguen porque teñen unha mancha esbrancuxada na caluga.

Sobre o seu comportamento:
O voo do pimpín normalmente dáse a bastante altura e é rápido e ondulado, cun acelerado bater de ás. Na época de cría, o pimpín macho adícase a defender o seu territorio, mentres que a femia incuba os ovos. Para cantar, o pimpín macho póusase nas ramas máis altas das árbores.
Fóra da época de cría, no outono e inverno, ao pimpín véselle máis habitualmente no chan, sobre todo as femias buscando o alimento. No inverno, o pimpín visita os seus variados hábitats en pequenos grupos.

Sobre a súa alimentación:
Os adultos aliméntanse dunha gran variedade de sementes mentres que as crías de pimpín son alimentadas durante as primeiras semanas de insectos.

Sobre a súa reprodución:
O niño do pimpín ten forma de cunca e está construído con teas de araña e herba forrado de plumas. O pimpín constrúe o seu niño nunha árbore ou arbusto.

Sobre os lugares nos que vive:
Ao pimpín, fóra da época de cría, pódese ver en campo aberto, nos prados e ata nas rúas de pobos e cidades, buscando comida. Gústanlle as zonas onde hai árbores, pero tamén se poden ver aínda que haxa poucas árbores. http://www.botanical-online.com/animales/pinzon.

O pimpín (en castelán pinzón) en galego ten un montón de nomes segundo o Dicionario de sinónimos da lingua galega de María Camiño Noia Campos: Carballuda, chasco, chincarro, chincharro, chincheiro, chinchín, chincho, chinchón, chinchorra, cuncheiro, maceirento, maceiriña, maceiro, maceirudo, peu, pimpín, pimpiniña, pimpón, pincho, pinfano, piñoneiro, tentillón, tinque, trigao, trigueiro.


No meu pobo coñécese coma Chasco e a miña avoa remataba o conto do Paspallás dicindo que entón o Chasco dicíalle aos xudeus "Chas-chas por aí mal vas" e por iso os seus niños estaban altos e era difícil de alcanzalos.

Nas películas pódese escoitar o seu canto, e se lembrades a serie de debuxos animados "La abeja Maya" o canto que se pode escoitar de fondo é o do pimpín. En algunhas películas se hai fragas e xardíns, e non hai sons naturais, incorpóranse en estudo a partir de gravacións.


O canto é algo así : chip-chip-chip-chip-chett-chett-chett-chett-diddip-diddiooo


Pódese escoitar ao pimpín en directo nesta páxina:
http://pajaril.com/wp-content/uploads/2008/05/pinzan.mp3

2 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

Grazas, Dilaida. Esta é a confirmación de que eu non me equivocaba (ás veces dubido da miña memoria)

Tere dijo...

Se aprende de muchas cosas visitándote,es precioso el pajarillo,mi marido hizo una jaula como un armario de grande y allí tenía canarios,diamantes,todo tipo de pajarillos.
Besos