martes, 19 de mayo de 2009

Safo





Safo foi a mestra do canto lesbio monódico acompañado de lira. A súa experiencia persoal era o contido da súa poesía. Safo falaba do seu propio mundo na maior parte dos seus poemas e é a voz dunha muller amante a que escoitamos.



31 L-P

Paréceme o igual dun deus, o home
que fronte a ti senta, e tan preto,
escóitate absorto falarlle con dozura
sorrirlle con amor

Iso, non minto, non, sobresáltame
dentro do peito o corazón; pois cando
te miro un só instante, xa non podo
dicir nin unha palabra,

a lingua conxélaseme, e un sutil
lume non tarda en percorrer a miña pel,
os meus ollos non ven nada, e o oído
zóame, e unha suor

fría cóbreme, e un tremor axítame
todo o corpo, e estou, máis que a herba,
pálida, e sinto que me falta pouco
para quedarme morta.

1 comentario:

mariajesusparadela dijo...

Non é Safo a mais adecuada para decir que por amor se queda sen fala (a lingua se lle conxela), ela, que todo o escribiu por amor ¿non?