imaxe tomada de internet
Xoaniña / barrosiña/ costureira/ maruxiña/ papasol/ papoia/ reirrei/ voaniña/ voíña.
A propiedade e natureza da xoaniña é que cando unha persoa a colle e a pon sobre a man estendida, a xoaniña comeza a percorrer os dedos da man un a un, dende o polgar ata o maimiño, mentres que a persoa lle canta unha cantiga; pero se para de cantar, a xoaniña comeza a voar e foxe, quedando un arrecendo moi forte na man.
Pola xoaniña debemos entender o amor, que cando chega onda nós comeza a percorrernos a man , isto é, os cinco dedos, é dicir, os cinco sentidos, e nós cantamos, ou sexa, somos felices Pero se, cando nos percorre os cinco sentidos, nós deixamos de cantar, é dicir, de arrolar o amor, entón o amor foxe, e queda un arrecendo moi forte na man, e dicir, queda unha tristura cun cheiro a xofre moi forte no corazón da persoa, segundo Ovidio escribiu: " Mentres o amor é novo, é vacilante; co uso aumenta a súa forza: se o alimentas axeitadamente farase firme co tempo", que é como se dixese: "se lle cantas".
Texto copiado de "Libellus de natura animalium"
Ditos e cancións galegas:
Xoaniña de Deus, cóntame os dedos e vaite con Deus.
Voa, voa, voaniña
que che dou pan e sardiña,
a sardiña está no mar
e o pan no altar.
Xoaniña, voa, voa
que teu pai vai en Lisboa
e a túa nai no Porriño
e cando veña tráeche un boliño.
Xoaniña, voa, voa
que teu pai vai en Lisboa
e túa nai coas vacas
e tráeche unhas poucas papas.
Papasol/catasol, papasol/catasol,
dille a teu pai
se mañá vai sol ou non.

5 comentarios:
Es un animal precioso. Es de esos insectos que gustan a los niños y que sin ningún miedo, con alborozo, dejan que les acaricien las manos y brazos.
Un texto precioso.
Bicos.
Salud y República
A Xoaniña é, segundo leín, una gran devoradora do pulgón. E, hai moita xente que como os ve xuntos pensa que o atrae e mátana. Eu ando sempre colléndoas e levándoas para os meus cultivos.
RGAlmazán gracias por dejar comentario, yo soy una fiel seguidora de su blog, me encanta todo lo que escribe.
María Jesús, efectivamente que din que come todas as larvas perxudiciais, cando se ve que anda polas follas das patacas, segundo din é que anda a buscar larvas dos escarabellos
querida amiga, a intensidade con que escribes estremece e acariña o alma, a túa sensibilidade posta nas túas letras é como asomarse maravillados a un morno crepùsculo e deixarse aos poucos envolver pola súa luz, envìo ata ti o meu agarimo que como a brisa bícache, riseira, inqueda, etèrea,
màgica e quédase allì onde tù estès.....
Besitos
Que historia tan bonita, no sabía eso de este animalito tan entrañable.
Recuerdo que de niña había muchas mariquitas, ahora, hace años que no veo ninguna, me encantaba cogerlas y verlas recorrer mis 5 dedos :)
Publicar un comentario