jueves, 18 de junio de 2009

Frases históricas



Hoxe lendo "Xornal.com" atopei o seguinte artigo "Antonio Pazo Buján confesor del Caudillo". Segundo parece este señor cura era o que confesaba a Franco cando estaba este veraneando no pazo de Meirás, no artigo di entre outras, estas lindezas: “Franco era encantador. Mantenía un trato excelente con él y con su mujer, siempre me decían que les comentase cualquier necesidad que tuviese la parroquia”. "Franco ayudó mucho a esta parroquia, y siempre contribuía para las fiestas. Era una persona muy normal y hogareña que no exigía nunca nada y preguntaba siempre sobre los feligreses”. “Carmen Polo siempre me decía: ‘A nosotros nos piden los atrevidos pero no los necesitados’.

Eu tiña entendido que "confesar" era dicir os "pecados" a un cura e entón, que c... confesaba Franco para ser tan encantador? ou para el, firmar penas de morte e perseguir e fusilar e reprimir.. e someter a un pobo non eran pecados?. O mellor, é que ao cura todo iso parecíalle encantador

Iso de que era "unha persoa moi normal e..." é para min o mellor da entrevista, que frase!!!

"Normal" se ser coma aquel "señor" é ser normal...(Segundo o dicionario da RAG "Que segue as normas da especie [ser vivo]. ANT. anormal.). Está claro que Franco seguiu sempre as normas (as súas) quen non as seguía non era "normal", por iso eran perseguidos todos aqueles que non seguían "as súas normas".

"Hogareña que no exige nunca nada" Que ben! o seu fogar era toda España e calquera se atrevía a negarlle algo... Isto lémbrame aquela materia que tiñamos que estudar as nenas do franquismo, chamábase algo así "Economía doméstica" e entre outras cousas había que aprender aquilo: "Ten preparada unha comida deliciosa para cando el regrese do traballo; especialmente, o seu prato favorito. Ofrécete a quitarlle os zapatos. Fala en ton baixo, relaxado e pracenteiro. Prepárate, retoca a túa maquillaxe, coloca unha cinta no teu cabelo; faite un pouco máis interesante para el. O seu duro día de traballo quizá necesite dun pouco de ánimo, e un dos teus deberes é proporcionarllo... Agora entendo porque me obrigaron a estudar todo aquilo, claro "Franco era Hogareña" e desexaba que as mulleres tamén fósemos "hogareñas". O raro, raro é que os homes non tiñan que ser "hogareños"

"Preguntaba siempre sobre los feligreses" A verdade é que isto si o creo, non fose que a alguén se lle ocorrese non ir o domingo a misa ou non doar as terras para pasear el e a súa tribo.

" A nosotros nos piden los atrevidos no los necesitados" dicía a "gran señora". A verdade que había que ser moi atrevido e valente, cada vez que alguén se atrevía a pedir só un pouquiño de liberdade, no mellor dos casos, remataba coa metade dos ósos rotos..

6 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

Tamén eu atopei onte o titular "Franco era encantador", no País...encantador de serpentes: convencía a calquera para aplicar a ley de vagos e maleantes ou calquera outra que lle petara, incluído o garrote vil...

mariajesusparadela dijo...

(vexo unha entrada sobre a tractorada leiteira, pero logo non me aparece. ¿está se publicar?)

Juan Antonio dijo...

Ola Daila , gústame vir lerche sempre aprendo algo novo e o teu blog faime sentir como en casa, tráeme recordos dos meus días por Galicia, e como catalán séntome identificado coas túas reivindicacións sobre a lingua, moitas grazas polo poema me izo moita ilusión a poesía como abras notado é un das miñas hobbies
Un besito

Dilaida dijo...

María Jesús o da "tractorada leiteira" era un tractor que se movía pola páxina que me pediron os do sindicato convocante que o puxese o día 17, que era o día da manifestación. Onte suprimín a entrada porque xa pasara o día.

A min o que máis me cabrea da entrevista do cura, é que despois de tantos anos de estar morto o ditador, aínda haxa quen diga que
era "una persona encantadora".

Dilaida dijo...

Juan Antonio ya sabes que no me pierdo nada de lo que escribes, te tengo un poquito de envidia ... me gustaría saber expresarme como lo haces tu.

Isabel Romana dijo...

Desde luego las palabras del cura son, como mínimo, insultantes. Insulta a quienes padecieron la cruel represión franquista y la inteligencia de todos los demás. En fin, el cura se retrata a sí mismo por lo que dice del mal retratado Franco.
Espero con ilusión esas fotografías. Un abrazo, querida amiga.