viernes, 17 de julio de 2009

Que o demo me leve!!!


imaxe tomada da rede


Cóntanos Curros que estando Deus se saber en que matar o tempo, farto de estar só, cavilando sempre como forxar cadeas, traballos e mandar pestes; non encontraba a razón e a causa de que tan poucas almas entrasen pola porta do ceo.
Saíu dar un paseo para esparexerse un pouquiño e así aliviar os achaques que tiña por culpa da idade, pero cansou axiña e tivo que sentar por riba das nubes e entón asomou a fronte para buscar a terra, e así matar un pouco o tempo.

-Carráspeta!
-dixo falando entre dentes-: Se dou con ese mundo, que o demo me leve!.


Pero atópao, e de alí a pouco puxose branco coma neve ao ver un vulto que nun principio non sabía se era un home ou un verme. Ao fixarse mellor viu que era un ventre envolvido en ricas sedas de Oriente, sentado nun trono, soltando saudables arrotos e recollendo os presentes dos seus escravos da terra, e se había alguén que se neguese a darlle o diñeiro, aínda que parece mudo, a veces fala:
-" Pauliña no herexe!"


Entón o herexe é borrado da lista da xente
.


Ao ver este monstro Deus dixo
: -Bah, bah!... Se "ti es Petrus," que o demo me leve!.


Mirando cara outro lado viu coma a multitude esperaba que o verdugo cumprise a sentenza dos xuíces, ve como chega a vítima, e pensou: quizais é un imbécil, quizais naceu tolo, quizais é inocente!..tal vez fose mellor que matalo, (que a morte é un berce onde o home, gran neno descansa sempre) sería mellor metelo no fondo de catro paredes, ou preso a unha argola que a terra o suxeite, mandalo abrir montes e furar túneles, dicíndolle:
-"Sofre traballa e mantente, e a liberdade chora que non quixeches."


El cre que non é preciso que morra o que peque, pois o criminal morre... e o crime repítese.


Parvo ao ver tanto escándalo, Deus dixo entre dentes:-Se isto che é xustiza que o demo me leve!.


Non lonxe de alí viu aos labregos, un fato miserento, mal mantidos que en vez de homes parecen pantasmas, traballan sen folgos un chan que non é deles e o froito que recollen pérdeno en mans dos poderosos e ao final quédanse sen pan para os fillos nin gran para semente...

Os ricos din que as leis son feitas para protexer aos pobres pero Deus ao ver o que acontece di:
-Que leis, nin que raios! se valen tres pitos, que o demo me leve!.


Segue a mirar e ve como como homes que se deitan coma mendigos e érguense coma marqueses, soldados covardes chegan a xefes e morren sen gloria os que en realidade son heroes, pasan por honrados os que non teñen honra, pasan por santos os galopíns e soben aos altares , e ve coma outros compran o ceo con cartos.


Vendo todo isto, Deus dixo contra o seu chaleco: -Se che outra vin nunca que o demo me leve!.


Comezou a darlle noxo tantas desfeitas e buscando outras cousas encontrou malos gobernos, que medran e engordan grazas a suor do pobo; cregos que predican feroces coma cans co "fusil" ao lombo, ricos que rouban, mociños que arruínan aos seus pais, homes e mulleres que pasan fame, nenos que morren por non ter que comer e que nunca saberán ler, mulleres escravizadas..., en fin...,

cantas cousas que non deben verse!,


Deus, arrepiado e persignándose, deuse conta porque tan poucas almas entraban no ceo e o inferno estaba cheo.
Meteuse na gloria dicindo entre dentes:

-Se eu fixen tal mundo que o demo me leve!.



É unha poesía que se titula "Mirando ó chau" que se encontra dentro de "Aires da miña terra" (1880) de Curros Enríquez.
Neste libro expresa o seu compromiso contra toda clase de inxustizas. Por motivo do contido desta obra, o bispo de Ourense publicou un edito condenando o libro de Curros por conter proposicións heréticas, blasfemas e escandalosas. O xulgado ordenou o secuestro dos exemplares en poder do editor, os moldes foron destruídos, e Curros foi procesado por delito contra o libre exercicio da relixión. Foi condenado en Ourense e absolto na Coruña.

3 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

Faltouche dicir que Curros naceu en Celanova...onte,unha tal Magdalena que fala na tele local, falando do guionista de "física o química " dixo que era de Celanova e que máis lle valera non ter desertado do arado, en vez de escribir semellante cousa...sinto moito que Celanova non se poña en pé ante a ignorancia de semellante ¿señora? que asocia o rural con Celanova e o rural co arado: san Rosendo e todolos frailiños dedicados ó estudio, Celso Emilio e Curros e todo un povo tratado de "badoco" ( que é o que ela pensa que é o arado)...(pagada pola deputación)

Juan Carlos dijo...

¡TENGO EL LIBRO, TENGO EL LIBRO! Años hace (pero muchos, la tira de ellos) que lo compré en Coruña junto con Cousas da Vida de Castelao. Fueron los primeros libros que compré en gallego y están amarillentos pero muy vivos y coleando en mi biblioteca.
María Jesús, no te enfades. Como decía mi padre, cuando vayas al pueblo recuerda que tú sabrás, a lo mejor, algo más de matemáticas pero si te pierdes en el campo con cualquiera del pueblo, él o ella encontrará de comer y tú seguro que no. Ese personaje del que hablas es el típico paleto urbanita bocazas que le ponen un micrófono en la boca y se le llena de aire carramiento que no tiene por donde salir. Como labelénsteban mismamente.
Salu2

ANTONIO MARTÍN ORTIZ. dijo...

Amiga Dilaida,

Hermoso y tremendo al mismo tiempo es ese relato que nos ofreces de Curros Enríquez. Realmente, si miramos bien el mundo éste en el que vivimos y nos conectamos con las creencias religiosas del Cristianismo, es casi seguro que el Cielo esté vacío y el Infierno lleno. Es un texto precioso el que nos has presentado, aunque es seguro que se me habrán escapado algunos detalles por estar en Gallego.

A propósito, es muy útil ese traductor del Gallego que tienes en tu columna lateral.

Buenas noches, amiga Dilaida, y un beso cariñoso,

Bicos

Antonio