miércoles, 3 de diciembre de 2008

Io

É unha historia que forma parte tamén da Metamorfose de Ovidio, está no libro primeiro a continuación de Dafne (da que falarei noutro momento). Io, filla do río Ínaco, (río divino de Argós) era unha fermosísima moza que cando ía visitar ao seu pai , Xúpiter ( o pai dos deuses o prototipo de macho que fai o que lle sae dos ovos, que engana a súa muller con todo o que se pon diante) fixouse nela e no momento decidiu que sería para el, quixese ela ou non (propio de algúns homes "ou eres para min ou non eres para ninguén") primeiro intentou con enganos que a moza fose pola fraga mentres ía calor (claro gustáballe a moza pero non quería que Xuno, a súa muller, o descubrise) nas profundidades da fraga ela non o vería, pero Io non se deixou enganar e intentou fuxir; entón o deus cubriu a terra cunha densa néboa, a moza sentiuse perdida e Xúpiter colleuna e violouna (Ovidio non di exactamente iso, el di "cum deus inductas lata caligine terras occuluit tenuitque fugam rapuitque pudorem." é dicir "cando o deus cubriu a terra en densa e extensa néboa, detivo á fuxitiva e arrebatoulle a virxinidade").
A Xuno chamoulle a atención ver a néboa nun día con tanto sol e como coñecía o "elemento que tiña na casa" buscouno no ceo e o non encontralo imaxinou o que estaba a pasar e di: "aut ego fallor aut ego laedor" (ou me engano ou me están a aldraxar). Ao darse conta Xúpiter de que o ía descubrir a súa muller, transformou a Io nunha fermosa tenreira (eu imaxino que sería da raza rubia galega, son as máis fermosas) a Xuno gustoulle tanto ao vela que lla pediu como agasallo (ela sabía quen era) pero el seguiu a mentir, a moza gustáballe moito pero se non lla daba a súa muller ía sospeitar (tamén é covarde). "Quid faciat? crudele suos addicere amores, non dare suspectum est" (Que facer? entregarlle os seus amores é cruel, non darllos sospeitoso). Ao final entrégalle a vaca a Xuno e esta sabendo como é o seu marido confíalla a Argos "o que vía por todas partes" para que a vixíe e Xúpiter non se chegue a ela.
Quen saíu perdendo nesta historia?, a pobre Io, ela que só pasaba por alí, ao fin rematou con cornos e vixiada por un monstro.

9 comentarios:

Ramón María dijo...

Ay, dilaida que complicado me lo poneis, jajajajaja. Entre "bolero que escribe catalán" y ahora vos con el "galego" voy aprender idiomas a mi edad.....

Te leeré con mucha calma para no perderme, aunque me temo que a veces meteré la pata, espero tengas un poco de paciencia.

Agur un saludo.

Dilaida dijo...

Grazas por seguir o meu blog, non cho quero pór dificil, se algo non entendes, xa sabes, eu sempre estou disposta a axudar ou traducir xa verás coma ao fin vas estar moi contento de coñecer moitas linguas, o difícil é comezar despois como din na miña terra "isto é coser e cantar" quere dicir que é fácil.
Aquí dicimos abur! Saúdos.

aaaa dijo...

uyyy soy hija de galego, (pero ni plis del idioma xq nací en montevideo) dicho esto como vivi varios años en brasil, pues entiendo bastante bien el gallego.
Quién salió perjudicada? Pues Io, porque no tuvo elección a partir de que cayó la niebla sobre ella.
Y las garras del poder son infinitas... me encanta que expliques estas historias, me apunto. Aunque claro en galego añade una dificultad.
bss

Elsis dijo...

Dilaida, me encantaría poder leerte pero se me hace muy difícil, te pido por favor que pongas un traductor, si no sabés como hacerlo entrá en el blog de mi hermana, ella tiene uno, pinchás en la imagen y te lleva a la página del traductor y después seguís las instrucciones.

Aquí te dejo la dirección del blog de mi hermana.

adrisol-compartir.blogspot.com

Espero haberte ayudado, nos vemos un abrazo!

Juan Antonio dijo...

Ola Diladia, o teu polo acento creo que es Galega ja ja ja bo bromas aparte un blog moi cultural e orixinal, un pracer lerche
Un abrazo

Dilaida dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Unknown dijo...

HOLA DILAIDA!!!!!

TE VÍ COMO SEGUIDORA DE MI BLOG Y ME GUSTARÍA QUE DEJES TU HUELLA, SIEMPRE APRENDO DE LAS PALABRAS DE LOS DEMÁS!!!!!!!!
ME GUSTÓ MUCHO EL TUYO, PERO ME CUESTA MUCHO EL IDIOMA,PRUEBA CON UN TRADUCTOR, SERÁ MÁS FÁCIL, TE LO AGRADECERÍA...........
UN ABRAZO.....

Dilaida dijo...

http://sli.uvigo.es/tradutor/
Como vexo que moitos tedes problemas co galego deíxovos aquí esta dirección. Sinto moito que teñades que traducirme.
Dende o primeiro momento pensei que o meu blog sería en galego e traizonaríame a min mesma ao escribir noutra lingua.
Moitas Grazas e bicos para todos

Una dijo...

Gracias a ese traductor estoy disfrutando de esa manera tan peculiar que tienes de introducirnos en las historias clásicas.Un abrazo