viernes, 6 de febrero de 2009

O Miño e Ourense

Ponte Novísima

A ponte Nova e a ponte do tren ou Viaduto
A ponte do Milenio
Ourense na actualidade

Ponte Vella
Esta ponte sobre o Río Miño é un dos símbolos da cidade de Ourense. De orixe romana, agora só quedan os alicerces, ademais de "Ponte Romana" recibiu distintos nomes ao longo da historia: "Ponte do Miño" (1204), "Ponte de Ourense"(1245), "Ponte do Terrón"(1248), "Ponte Maior" en épocas máis modernas e, finalmente, "Ponte Vella" cando en 1918 se inaugurou "A Ponte Nova".


Dos gregos aprendín que ríos e regatos
Son deuses que abandonan por veces os seus pazos
E gozan con vagar camiños e meandros,
Regueiros e fervenzas, torrenteiras e saltos.


Así que non me enganas, oh Miño derrubado
No límite do inverno, alá no fin de Marzo
Que sei que te apresuras, que sei que vas de paso,
A ollar polas ribeiras, nas árbores dos campos,

A dádiva de Abril, os galanos de Maio.

Manuel Forcadela (de Morte do fadista 2000)

El e ela
O río Miño é un cura
Sen igrexa e sen misal,
Casar Galicia procura
cun noivo: Portugal.

E están os dous namorados
Sin que nada máis esperen,
Hai tantos séculos separados
Sen dar as mans como queren.

El é un mozo valente.
Andou anos polas guerras,
Abriu mares, trouxo terras,
E o corazón sempre ao frente

Ela á beira do rio
Fia Misterio con calma,
En vez de roca ten Alma;
E a paisaxe en vez de fio.

El vea de serra en serra,
E ela, lonxe, a axixar...
El foi ás mesmes para guerra
E ela quedou a esperar.

E mentres el pelexaba,
Para que volvese pedía:
Rezaba cando el perdía,
Cando el vencía, cantaba.

E cando agora volveu
Arrimadiña a un bastón,
Sentiuno no corazón,
Deulle algo de o que era seu.
Alfredo Pedro Guisado

2 comentarios:

rivela dijo...

Grazas por esta preciosa entrada sobre a cidade de Ourense e o Pai MIño. saudiños

mariajesusparadela dijo...

Supoño que sabes que o blogue "Compartiendo experiencias" esta a facer unha viaxe virtual. Eu apunteime para enviar algo sobre Ourense, e, casualmente, falo máis do río e as pontes que da cidade. Se atopo o teu correo no perfil, mándoche o que lle enviei a ela para publicar cando chegue o turno á nosa cidade.