Etimoloxía: pexego (latín: persicu(m)).
O pexegueiro é unha pequena árbore froiteira caducifolia, con polas que, normalmente, nacen moi preto do chan, por mor das podas que se lle fan ao longo do seu crecemento.
As follas do pexegueiro, aínda que varían un pouco dunha variedade a outra, adoitan ser simples e de forma lanceolada, de cor verde brillante, cunha punta bastante fina e alargada e a marxe finamente aserrado.
Ao comezo de primavera florecen ofrecendo unhas fermosas flores de cor rosáceo, que pode chegar a vermello. Aparecen solitarias ou en parellas, e bastante pegadas aos talos, pero sempre en gran cantidade, o que lle dá un aspecto espectacular.
O froito desta árbore, o apreciado pexego, que varia na súa cor (desde amarelo a vermello-granate) e no seu tamaño e no seu sabor (normalmente doce pero con matices) segundo a variedade. Este posúe un óso duro e rugoso que contén unha améndoa amarga no seu interior.
Orixinariamente críase que proviña de Persia (de aí o nome) pero actualmente considérase orixinario de China, sendo logo introducido en Persia e desde aí á rexión mediterránea a través da Ruta da Seda.
É a árbore dos inmortais, e o pexego a froita da inmortalidade na mitoloxía e a tradición chinesa e forma parte central de practicas relixiosas e máxicas. O pexego protexe do trono, cunha vara de pexegueiro practícanse exorcismos, unha pequena forquita de melocotoeiro é utilizada polos agoireiros para debuxar os caracteres que forman oráculos. Por ano novo os chineses colocan pequenas figuras de melocotoeiro encima das portas por asustar os malos espíritos e as influencias malignas.
Está tamén asociado ao matrimonio e en Xapón cada ano as festas da flor do pexegueiro /melocotoeiro (símbolo tamén da primavera), denominada Momo, concédenlle unha noción de fidelidade e pureza. Shao-lao, o deus da lonxevidade, preséntase cun pexego na man. Numerosos mitos taoístas chineses consideran o zume do pexego a base do elixir da vida.
7 comentarios:
Son galego por simpatia e catalán de nacemento, vir visitarche tráeme gratos recordos eu só son un humilde pasaxeiro da vida, lixeiro de equipaxe, en transito permanente e cun destino moi concreto, aprender cada día de todo e de todos, o teu cáusasme unha gran admiración por que como catalán de nacemento entendo as túas reivindicacións
Un abrazo ( feliz primavera)
Xa estoupou a primavera en Coles. Dentro dunhas semanas pasaremos a probar os pexegos ¿ convidas?. saudos
Son bellisimas la flores Dilaida,que bella es la primavera que la disfrutes mucho,y sigue poniendo flores para lo que estamos en otoño! un abrazo fuerte!
Eu tamén me apunto ós pexegos...polo mes de agosto¿non?
Juan Antonio eres un sol, grazas polos cumpridos. Ti tamén podes vir comer os pexegos cando estean maduros.
rivela xa che contestei no teu blog, xa sabes a finais de maio hai cereixas
ISOL tienes razon la primavera es la etapa más bella del año y este año nosotros estamos teniendo mucha suerte. Gracias por visitarme.
María Jesús estás invitada cando queiras, a rivela xa lle dixen que a finais de maio tamén hai cereixas e espero que tamén haxe morangos, pero que che vou contar a ti, se tes de todo...
Chicas,me teneis boquiabierta con vuestros huertos y vuestras enseñanzas.
¿Cómo se está denigrando ultimamente lo proveniente de Asia cuando siempre nos han llevado la delantera en todo? China,Japón,India,Persia,Babilonia,
¡qué mundos tan interesantes! y además los occidentales desde hace siglos vamos persiguiendo sus riquezas naturales e inventos.
Leí allá por los años 70 "Shogún" y la época medieval japonesa nada tiene que ver con la nuestra.
¿Sabes que el melocotón también es un buen producto de belleza?
Abrazos
Hola!!
A ver si me podeis ayudar, buscaba alguna web para poder enviar un regalo a mi madre y encontre esta web de flores y plantas en vizcaya y me gustaria saber que os parece.
Nunca envie flores a distancia y no se si son legales, si llega a la hora que se le pide y esas cosas.
Un saludo y gracias por anticipado :)
Publicar un comentario