jueves, 12 de marzo de 2009

A Pega /Urraca

Unha Fábula de Tomás de Iriarte


A pega e a mona

La Urraca y la mona

A unha mona/ moi teimada/dixo un día/certa pega:

A una mona/ muy taimada/dijo un día/cierta urraca:

«Se viñeses, /á miña casa /¡cantas cousas /che enseñaría

«Si vinieras, /a mi casa /¡cuántas cosas /te enseñara!

Ti ben sabes /con que maña /roubo e gardo /mil alfaias.

Tú bien sabes /con qué maña /robo y guardo /mil alhajas.

Ven; se queres, /e veralas /escondidas /tras dunha arca.»

Ven; si quieres, /y veraslas /escondidas /tras de un arca.»

A outra dixo:/«Vaia en graza.»

La otra dijo:/«Vaya en gracia.»

E á paraxe /acompáñaa

Y al paraje /le acompaña.

Foi sacando /dona Pega /unha liga /colorada, /un parafuso /de casaca,

Fue sacando /doña Urraca /una liga /colorada, /un tontillo /de casaca,

unha fibela, /dúas medallas, /a conteira /dunha espada, /medio peite,

una hebilla, /dos medallas, /la contera /de una espada, /medio peine,

e unha vaiña /de tesoiras; /unha gasa, /un mal cabo /de navalla,
y una vaina /de tijeras; /una gasa, /un mal cabo /de navaja,

tres carabillas /de guitarra, /e outras moitas /bagatelas

tres clavijas /de guitarra, /y otras muchas /zarandajas.

«Que tal? dixo.

«¿Qué tal? dijo.

Vaia, irmá;/ Non me envexas? /Non se pasma?/De seguro outra

Vaya, hermana;/ ¿No me envidia? /¿No se pasma?/A fe que otra

da miña caste /en riqueza /non me iguala.»

de mi casta /en riqueza /no me iguala.»

A nosa mona /mirábaa /cun xesto /de pillabana:

Nuestra mona /la miraba /con un gesto /de bellaca:

e ao fin dixo: /«Aparvada! /xuntaches /lindos cacharros .

y al fin dijo: /«¡Patarata! /Has juntado /lindas maulas.

Aquí tes /quen che gaña, /porque é útil /o que garda.

Aquí tienes /quien te gana, /porque es útil /lo que guarda.

Se non, mira /as miñas queixadas. /Baixo delas, /camarada,

Si no, mira /mis quijadas. /Bajo de ellas, /camarada,

hai dous buchos /ou papadas, /que se encollen /e se ensanchan.

hay dos buches /o papadas, /que se encogen /y se ensanchan.

Como aquilo /que me basta, /e o sobrante /gardo en ambas

Como aquello /que me basta, /y el sobrante /guardo en ambas

para cando me faga falta, /ti amontoas, /toleirana,

para cuando /me haga falta, /tú amontonas, /mentecata,

trapos vellos /e refugallo /mais eu, noces, /abelás,

trapos viejos /y morralla; /mas yo, nueces, /avellanas,

doces, carne, /e outras cantas /provisións /necesarias.

dulces, carne, /y otras cuantas /provisiones /necesarias.

E esta mona /pillabana, /falou só /coa pega?

Y esta mona /redomada, /¿habló sólo /con la urraca?

Paréceme /que máis fala /con algúns /que fan gala

Me parece /que más habla /con algunos /que hacen gala

de confusas /misceláneas, /e trapalladas /sen sustancia.

de confusas /misceláneas, /y fárrago /sin sustancia.

O verdadeiro caudal de erudición non consiste en amorear moitas novas, senón en recoller con elección as útiles e necesarias.

El verdadero caudal de erudición no consiste en hacinar muchas noticias, sino en recoger con elección las útiles y necesarias.








As fotos tomeinas da internet

É da familia dos córvidos duns 45 cm de lonxitude. Na rexión ventral, o dorso e a parte das rémixes primarias, a plumaxe é de cor branca, e negra no resto do corpo. Cola moi longa. Vive en chairas, fragas, xardíns e campos, case sempre formando grupos, en ocasións moi numerosos. Aliméntase de insectos, vermes, caracois e vertebrados de pequenas dimensións, ata paxariños; tamén a froita e os ovos integran a súa dieta.
Cementa o niño con barro. É moi domesticable, aínda que nunca perde o característico costume de apoderarse de calquera obxecto brillante.
A finais de inverno e precedendo ao comezo do período da reprodución, as pegas congréganse en grupos moi numerosos e executan curiosas cerimonias colectivas, ruidosas e axitadas, cuxa finalidade non se coñece con exactitude.
Polo común, o niño da pega atópase na ramaxe alta das árbores; está dotado dun teito en forma de cúpula e dunha entrada lateral.
Os exemplares capturados novos domestícanse con facilidade e aprenden a xogar, a cantar melodías sinxelas e ata a pronunciar algunha palabras. Resultarían, pois, moi agradábeis, se non tivesen o costume de apoderarse dos obxectos brillantes e ocultalos, razón pola que se lle dá tamén o nome de "pega ladroa"; por outra banda, segundo parece, a súa denominación castelá (urraca) procede do árabe surrak, que significa ladrón, tamén se di que se chama así porque é como soa o seu canto "urrac" o reclamo da pega é un son alarmante, un repetitivo chak-ak-ak-ak-ak.

Urraca, nome de muller

Na historia de España, na Idade Media, o nome de Urraca foi común a varias mulleres que forman parte da historia e unha delas foi raíña de Galiza:

Urraca de Castela (s. X) filla do conde de Castela, Fernán González e casou co rei Ordoño III.

Urraca de Castela (s. XI-XII) filla do rei Fernando I, quen ao morrer distribuíu os seus estados entre os seus fillos, a Urraca tocoulle Zamora, que defendeu do asedio do seu irmán Sancho.

Urraca (XI-XII) raíña de Galiza, León e Castela. Era filla de Afonso VI e da súa terceira esposa Constanza de Borgoña. Antes da morte do seu pai, gobernou o Reino de Galiza a modo de tenza feudal, sendo nomeado o seu marido, Raimundo de Borgoña, Conde de Galiza. Foi nai de Afonso Raimúndez,o Emperador, proclamado rei en 1111 , co nome de Afonso VII, rei de Galiza, León e Castela.

Urraca de Castela (XII) filla bastarda do rei Afonso VII, casou con Garcia Ramírez, foi gobernadora de Asturias cando enviuvou e ata que casou con Álvaro Rodríguez.

Urraca de Castela (s. XII-XIII) raíña de Portugal.

Urraca López (XII-XIII) raíña de León, filla do señor de Biscaia, Lope Díaz de Haro, casou con Fernando II.


1 comentario:

Isabel Romana dijo...

Genial. Mucho me temo que yo me parezco más a la urraca que a la mona... Saludos cordiales.