martes, 26 de mayo de 2009

O paspallás



imaxes tomadas de internet


O seu canto característico, que se oe principalmente ao luscofusco, é un reclamo trisílabo (pas-pa-llas, pas-pa-llas, pas-pa-llas) que lle valeu o seu nome, tamén se coñece o seu canto como charrear.
Pasan o inverno en África e nos países do sur de Asia. Chega a Galiza a principios de abril e marcha a principios de setembro. O seu hábitat preferido na época de cría son as chairas cultivadas.
A carne do paspallás fíxoo obxecto de caza masiva dende tempos remotos, o que xunto coa perda dos seus hábitats e o uso masivo de pesticidas, causou unha forte diminución das súas poboacións. En moitas zonas é tradicional cazalo durante o voo de migración.

Había a crenza de que o ferrado do centeo ou trigo valería a tantos reas como veces repetise o paspallás o seu canto.

Unha vella lenda galega que eu escoitei da miña avoa, refería que cando os xudeus perseguían a Sagrada Familia na súa fuxida a Exipto, atoparon a un paspallás ao que lle preguntaron se os vira, o paspallás contestoulles: pas-pa-llás, por aí ben vas.
Isto foi causa de que o niño do paspallás non sexa respectado por ninguén,porque fai os seus niños no chan.



Preso nun estreito lazo

o Paspallás sinxelo,

daba queixas ao aire,

xa tarde arrepentido.
«¡Ai de min miserable
infeliz paxariño,

que antes cantaba libre,

e xa choro cativo!
Perdín o meu niño amado,

perdín nel as miñas delicias,
ao fin perdino todo,

pois que perdín a vida.
Por que desgraza tanta?
Por que tanta desventura?
Por un gran de trigo!

ai cara lambetada!»

Ai apetito cego

a cantos precipita,

que por lograr un nada,

un todo sacrifican!
Samaniego






4 comentarios:

Isabel Barceló Chico dijo...

Muy simpática esa historia que te contaba tu abuela. Es fascinante cómo la sabiduría popular busca explicaciones a lo que ve. Besitos.

mariajesusparadela dijo...

Eu sabía algo así pero ó lado de paspallás, "por aquí ben vas" había un pin, pin "por aquí non vin" ¿ cal é o paxaro que fai pin pin?

Juan Carlos dijo...

No conocía esa leyenda. Me ha gustado mucho. Un saludo

Dilaida dijo...

Gracias Isabel por entrar en mi blog ya sabes que soy una fiel seguidora del tuyo.

María Jesús a miña avoa en vez de Pimpín chamáballe Chasco e dicía "Chas-chas por aí mal vas". Acabo de publicar unha entrada do Pimpín que en castelán chámase Pizón

Juan Carlos gracias por comentar