viernes, 5 de junio de 2009

A nave do estado

Carminum I, 14

Levarante ao mar, oh nave, novas ondas?
Que fas? Ai! Non te afastes do porto.
Non ves como os teus costados están faltos de remos
e, afundido o mastro polo veloz Ávrego,
as túas antenas quéixanse, e apenas
pode aguantar a túa carena sen os cables
ao cada vez máis axitado mar?
Non tes vela sa, nin deuses
a quen invocar no teu auxilio,
e iso por máis que sexas piñeiro do Ponto,
fillo de nobre fraga, e te gabes
dunha liñaxe e dun nome inútil.
Nada confía o mariñeiro, á hora do medo,
nas pintadas popas. Mantente en garda,
se é que non queres ser xoguete do vento.
Ti, que fuches inquietudes para min
e es agora desexo e coidado non leve,
evita o mar, o mar que baña
as Cícladas brillantes.
Horacio

3 comentarios:

Juan Antonio dijo...

Marinero, ¡ai! marinero
A brisa trae aos teus sentidos
Unha fragrancia en recordo
Porque non caeu en esquecemento.

O sol é o teu camarada
En continuas travesías
E de noite o relevan
Lúa, estrelas e fantasía.

Marinero ¡ai! marinero
Acaba a singladura
Porque ansiosa está a dama
Que che quere con tolemia.

O teu obxectivo xa é pasado
A mar queda ao lonxe
Agora renderás tributo
A quen non perdeu esperanza.

Marinero ¡ai! marinero
Navegaches mar dentro
Por fin xa estás coa dama
Que ocupou o teu pensamento.
Hoxe o pots ía sobre o mar e quíxenlle dar un toque marinero
Besitos

Isabel Barceló Chico dijo...

Deduzco que la traducción es tuya. El miedo, el riesgo, los temores, la falta de rumbo... qué actual resulta todo. Un abrazo muy fuerte.

mariajesusparadela dijo...

No medio do mar, a todolos ventos, sen timón...así quedamos, amiga...inda que non me podo queixar, eu non votei por dar un escarmento...E, agora ei apañar coa xornada de 65 horas...