lunes, 13 de julio de 2009

Deucalión e Pirra II (365-415)





Rubens, Museo do Prado.
Representa o mito, no momento en que van aparecendo as novas parellas, das pedras lanzadas por Deucalión e Pirra.



Deucalión e Pirra Parc del Laberint d’Horta en Barcelona, Cataluña.

(Todas as imaxes foron tomadas da rede)



unc genus in nobis restat mortale duobus.
sic visum superis: hominumque exempla manemus!

(Agora a especie mortal queda en nós os dous (así pareceu ben aos deuses) e quedamos como exemplo dos humanos!)

...Isto dixera, e choraban. Pareceulles ben rezar ás deidades celestiais e buscar axuda por medio dos oráculos sagrados. Sen demora algunha acoden xuntos ás augas do Céfiso, que aínda non estaban transparentes, en cambio fendendo xa os leitos coñecidos.

Despois de esparexer as libadas augas polos seus vestidos e pola cabeza, dirixen os seus pasos cara o santuario da sagrada deusa, cuxo teitume estaba descolorido a causa do sucio brión e cuxos altares estaban aínda en pé pero sen lume. Cando chegaron a carón dos chanzos do templo, ambos os dous axeonlláronse no chan e temblorosos bicaban a fría pedra e así dixeron: "Se as deidades se abrandan vencidas por xustas preces, se decae a ira dos deuses, di, Temis, por que causa non pode refacerse a nosa especie?, e concede axuda a canto se viu mergullado, oh ti piadosísima!".


A deusa conmoveuse e deulles un oráculo: "Afastádevos do templo e cubride a cabeza, desatade as vosas vestimentas cinguidas, lanzade tras as vosas costas os ósos da gran nai".


Calaron un bo anaco e foi Pirra a primeira que falou e rexeitou obedecer os mandatos da deusa e pídelle con rostro atemorizado lle conceda dispensa, pois teme ultraxar as sombras maternas se tiraba os seus ósos. Seguen a reconsiderar as palabras do oráculo da deusa, escuras de cegos enigmas, entre os dous danlle voltas interiormente. Entón o fillo de Prometeo tranquilizou con doces palabras a filla de Epimeteo dicíndolle: "Ou a intelixencia me é enganosa ou píos son e ningunha impiedade aconsellan os oráculos! a gran nai é a terra; opino que as pedras coñécense como os ósos do corpo da terra; mándasenos que as tiremos tras as costas".


Aínda que a filla do Titán se conmoveu polo augurio do seu marido, non obstante a esperanza está na dúbida, ata tal punto ambos desconfían das instrucións celestiais. Pero que prexudicará probar? (sed quid temptare nocebit?). Afástanse e cobren a cabeza e desatan as súas túnicas e lanzan as pedras prescritas tras os seus pasos.


As rochas (quen o crería se non estivese a antigüidade por testimuña?) comezaron a perder a súa dureza e a súa rixidez e abrandándose lentamente e abrandadas comezaron a tomar forma. Medran inmediatamente e van tomando unha nova natureza máis suave, incerta, que semella certa forma de home, pero como se fose de mármore, aínda non perfilada, moi semellante a estatuas imperfectas. Agora ben, todo a que naquelas pedras había de húmido ou tiña algún zume ou era de terra converteuse en carne para formar o corpo; o que é sólido e non pode dobrarse transfórmanse en ósos; o había pouco foi vena, permaneceu baixo o mesmo nome, e axiña as pedras lanzadas por divina vontade polas mans do home toman aspecto de homes, e das que lanzara a muller formouse a muller. E por isto que somos unha raza dura e capaz de esforzos e damos probas de cal é a orixe da que nacemos.



Dixerat, et flebant: placuit caeleste precari
numen et auxilium per sacras quaerere sortes.
Nulla mora est: adeunt pariter Cephesidas undas,
ut nondum liquidas, sic iam vada nota secantes. 370
Inde ubi libatos inroravere liquores
vestibus et capiti, flectunt vestigia sanctae
ad delubra deae, quorum fastigia turpi
pallebant musco stabantque sine ignibus arae.
Ut templi tetigere gradus, procumbit uterque
pronus humi gelidoque pavens dedit oscula saxo
atque ita 'si precibus' dixerunt 'numina iustis
victa remollescunt, si flectitur ira deorum,
Dic, Themi, qua generis damnum reparabile nostri
arte sit, et mersis fer opem, mitissima, rebus!' 380
Mota dea est sortemque dedit: 'discedite templo
et velate caput cinctasque resolvite vestes
ossaque post tergum magnae iactate parentis!'
obstupuere diu: rumpitque silentia voce
Pyrrha prior iussisque deae parere recusat,
detque sibi veniam pavido rogat ore pavetque
laedere iactatis maternas ossibus umbras.
Interea repetunt caecis obscura latebris
verba datae sortis secum inter seque volutant.
Inde Promethides placidis Epimethida dictis 390
mulcet et 'aut fallax' ait 'est sollertia nobis,
aut pia sunt nullumque nefas oracula suadent!
magna parens terra est: lapides in corpore terrae
ossa reor dici; iacere hos post terga iubemur.'
Coniugis augurio quamquam Titania mota est,
spes tamen in dubio est: adeo caelestibus ambo
diffidunt monitis; sed quid temptare nocebit?
descendunt: velantque caput tunicasque recingunt
et iussos lapides sua post vestigia mittunt.
Saxa (quis hoc credat, nisi sit pro teste vetustas?) 400
ponere duritiem coepere suumque rigorem
mollirique mora mollitaque ducere formam.
Mox ubi creverunt naturaque mitior illis
contigit, ut quaedam, sic non manifesta videri
forma potest hominis, sed uti de marmore coepta
non exacta satis rudibusque simillima signis,
quae tamen ex illis aliquo pars umida suco
et terrena fuit, versa est in corporis usum;
quod solidum est flectique nequit, mutatur in ossa,
quae modo vena fuit, sub eodem nomine mansit, 410
inque brevi spatio superorum numine saxa
missa viri manibus faciem traxere virorum
et de femineo reparata est femina iactu.
Inde genus durum sumus experiensque laborum
et documenta damus qua simus origine nati.

5 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

Agora entendo por qué somos máis mulleres que homes: os homes cánsan antes de traballar...

mariajesusparadela dijo...

Falta o se de cánsanse.

Isabel Barceló Chico dijo...

Incluso algunas personas dan muestra de que siguen teniendo de piedra el corazón... Me encanta el comentario de mariajesusparadela. Y creo que tiene razón. Besitos, querida amiga.

ANTONIO MARTÍN ORTIZ. dijo...

Muy bonita, amiga Dilaida, la historia que nos explicas de Deucaióíon y Pirra, de las Metamorfosis de Ovidio. Es una de las que más me gustan. Por eso somos una raza dura, como dice Ovidio, porque venimos de las piedras. Me parece muy ocurrente la idea de que también publiques el texto latino: siempre habrá alguien al que le interese.

Muy interesante el comentario que haces a mi entrada sobre la crueldad y violencia ejercida contra los toros en eso que algunos, de forma totalmente inapropiada, llaman fiesta nacional. Si las fiestas han de consistir en eso, ¡a la mierda con las fiestas!

Un abrazo,

Antonio

ANTONIO MARTÍN ORTIZ. dijo...

Amiga Dilaida,

Hace unos meses, a propósito de un verso de Las Geórgicas de Virgilio, yo dediqué una entrada, creo que interesante al mito de Deucalión y Pirra. Si te interesa echarle un vistazo, aquí tienes el enlace:

http://antoniomartnortiz.blogspot.com/2009/03/vnde-homines-nati-dvrvm-genvs-de-alli.html

Un beso,

Antonio