jueves, 23 de julio de 2009

O mellor enxoval da vida




Di Cicerón en "Lelio, da amizade".

...Aínda que me estraña que con aquela soberbia e insolencia súa puidese ter a alguén coma amigo. E do mesmo modo, que dixen, que o seu carácter non puido proporcionarlle verdadeiros amigos, así
a riqueza de moitos poderosos exclúe as amizades FIEIS. Pois non só a Fortuna é cega ela mesma, senón xeralmente fai cegos tamén a aquel a quen a abrazou; e así case sempre se deixan levar polo desdén e a arrogancia e nada hai máis intolerable que un necio afortunado. E isto pode verse en moitos que antes eran dun carácter afable e que, co mando, o poder e a prosperidade, cambian: AS ANTIGAS AMIZADES SON DESPREZADAS POR ELES E ENTRÉGANSE ÁS NOVAS.
Pero que máis necio que, como poden moito polas riquezas, recursos, influencias, procuran as demais cousas que son procuradas con cartos, serventes, vestidos magníficos, vasos preciosos e non procuran amigos, por dicir así, o mellor enxoval da vida e o máis fermoso?.



Versión orixinal (Lelio, De amicitia (XV)
54.- Quamquam miror, illa superbia et importunitate si quemquam amicum habere potuit. Atque ut huius, quem dixi, mores veros amicos parare non potuerunt, sic multorum opes praepotentium excludunt amicitias fideles. Non enim solum ipsa Fortuna caeca est sed eos etiam plerumque efficit caecos quos complexa est; itaque efferuntur fere fastidio et contumacia nec quicquam insipiente fortunato intolerabilius fieri potest. Atque hoc quidem videre licet, eos qui antea commodis fuerint moribus, imperio, potestate, prosperis rebus immutari, sperni ab iis veteres amicitias, indulgeri novis. 55.- Quid autem stultius quam, cum plurimum copiis, facultatibus, opibus possint, cetera parare, quae parantur pecunia, equos, famulos, vestem egregiam, vasa pretiosa, amicos non parare, optimam et pulcherrimam vitae, ut ita dicam, supellectilem?
...

4 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

Os amigos non son todos os que dicen que o son.Amigos son aqueles que están cando fan falla.

Tanhäuser dijo...

Delicioso.

Rita dijo...

Un amigo es aquel que no cambia pase lo que pase, aquel que te quiere seas lo que seas, que dificil es tener un verdadero amigo querida Dilaida, muchos bicos

ANTONIO MARTÍN ORTIZ. dijo...

Amiga Dilaida,

Muy bien escogido este fragmento del “Laelius” de Cicerón. Efectivamente los ricos y poderosos nunca sabrán si sus amigos lo son por su persona y por sus riquezas y su poder. Es que los textos clásicos, en su mayoría, son totalmente actuales y pueden aplicarse también a este siglo XXI.
Me encantan estos fragmentos de Latín que nos regalas.

Un beso y un abrazo,

Antonio