jueves, 29 de octubre de 2009

Herba do cego



Coñecen o conto aquel que fala dun boneto que lle medraba o nariz cando contaba trolas???



Produtos da terra; Pimentos, tomates e berenxenas



A herba do cego

Onde dixen digo, digo...

Feijóo non suprimirá os 200 euros para as pensións non contributivas. Afirma que as contas teñen unha partida para esta axuda, pero quitará os cartos do fondo de continxencia.
"Sabemos escoitar, sabemos reflexionar e sabemos decidir", expuxo Feijóo.



A Poussin, o normando,
pedíronlle o agasallo máis fermoso
do mundo antigo
para un museo de Roma.

Non perdeu unha hora.

Elixiu unha presa de terra.

Esa materia estraña,
esa masa de sombras
que leveda coa aurora.

Un puñado de terra,
unha cotra de sangue,

unha pútrida alma
salgada

co po de mármore das estatuas.
Unha presa de terra,
un rescaldo de invernos,
o mundo antigo a soñar
na elevación da estruga,

da herba de cego,
no molde dunha man.


Manuel Rivas, "A desaparición da neve"


En Castelán

A Poussin, el normando,
le pidieron el regalo más hermoso
del mundo antiguo
para un museo de Roma.

No perdió ni una hora.

Eligió un puñado de tierra.


Esa materia extraña,
esa masa de sombras

que fermenta con la aurora.

Un puñado de tierra,
una costra de sangre,
una pútrida alma
salada
con el polvo de mármol de las estatuas.

Un puñado de tierra,
un rescoldo de los inviernos,
un mundo antiguo soñando
con la elevación de la ortiga,

de la hierba de ciego,
en el molde de una mano.

4 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

É moito Manolo o Manolo Rivas. Que fermosura.

RGAlmazán dijo...

Precioso. Y sí, es mucho Manolo...

Salud y República

Naveganterojo dijo...

"Sabemos escuchar, sabemos reflexionar y sabemos decidir".....Ja,ja,ja,ja,pero este hombre cuando dijo estas palabras ¿estaba harto de Orujo?.
Un abrazo.
Salud y felicidad

Felipe dijo...

"Sabemos escoitar, sabemos reflexionar e sabemos decidir"

Hipócrita

Maravilloso,Manuel Rivas

Bicos