martes, 8 de junio de 2010

O LIÑO (Linum usitatissimum)




Plantas de liño no meu xardín



Esta planta estivo ao servizo da humanidade durante un período dúas veces máis longo que, por exemplo. a roda. Constituíu un fío de continuidade ao longo dos séculos, enlazando as épocas máis diversas, desde o tempo dos habitantes das primeiras palafitas de Europa.


Á época de Faraóns, a Idade Media, o Renacemento, a Revolución Industrial e por último, a época actual. Fixo historia e conservou a historia. Non sorprende, por tanto descubrir que o liño procede dunha planta chamada tecnicamente «Linus ussitatíssimum» («utilísimo liño").


A pesar da competencia intensa entre os numerosos fíos e tecidos que existen nos nosos días, o liño, elegante e suntuoso por natureza, segue gozando do favor do mercado. A ciencia e as novas tecnoloxías tentaron, sen éxito, achar o substituto sintético do liño. En realidade, moitos fabricantes de tecidos saben que o liño pode tecerse en combinación con moi diversas fibras, pero que, en todos os casos, é ao liño ao que se deben a mellora de calidade e de tacto.


Unha das súas características máis apreciadas é a súa capacidade de absorber humidade (até un vinte por cento
do seu peso seco) sen resultar húmido ao tacto. Inversamente, ten gran facilidade para liberar humidade á atmosfera. Así se explica por que o liño segue sendo un tecido imprescindible nas pezas de moda de verán de todo o mundo.
Tamén pola súa capacidade de absorber humidade, o liño é un dos tecidos de maior utilidade no fogar. A súa fama de ser o mellor limpador de vidros fúndase ademais no feito de que non perde fibras.

No mundo da mantelería fina, o liño nunca coñeceu rival, desde o momento mesmo en que empezaron a usarse manteis e panos de mesa.


Aínda que na Biblia hai numerosas referencias ao liño, a súa relación co Exipto antigo é moito máis coñecida. As momias amortallábanse con vendas de liño fino, que era tamén o tecido preferido polas clases máis altas.

Ao preguntarnos como chegou o liño a países tan diversos merece a pena lembrar que os Fenicios, os comerciantes máis importantes do mundo antigo, equipaban os seus navíos con tendas e alfombras feitas de sólido liño exipcio. Con iso ponse de relevo outra das propiedades importantes deste tecido: a súa forza e resistencia. Hai relativamente poucos anos producíronse tecidos sintéticos capaces de desempeñar algúns dos usos industriais que tradicionalmente correspondían ao liño.


O mundo da imprenta debe moito á existencia do liño: pois este permitiu a fabricación de papel en cantidades suficientes como para permitir o desenvolvemento da imprenta mecánica, e a liñaza (a semente do liño) era esencial para a fabricación das tintas de imprenta. Hai mesmo un paxaro que debe o seu nome a esta fibra: o liñaceiro ou pintarroxo.


As orixes do cultivo do liño na Galiza son moi antigos, sendo o desenvolvemento desta industria artesanal moi notable nas zonas do litoral e vales do interior. Alcanza a súa plenitude máis próxima, mediado o s. XVIII e nos primeiros anos do s. XIX, período este que, ademais do liño do país, trabállase liño procedente dos países do Mar Báltico. Unha vez transformado artesanalmente, o liño exportábase a Castela e América.



-Fiandeiriña delgada
sempre metida a fiar
sempre a fiar e soñar
para logo non ser nada.

-Para logo non ser nada
iso inda está por ver
e pois coas frebas do liño
ó torcelas de camiño
algo se ha de prender.

-Algo se ha de prender
i afé que tiñas razón
que eu estábache mirando
Sen deñar que encantenón
íame indo namorando

Novoneyra, Uxío (1981) Os Eidos. Libro do Courel


Versión en castelán


Esta planta estuvo al servicio de la humanidad durante un período dos veces más largo que, por ejemplo, la rueda.

Constituyó un hilo de continuidad a lo largo de los siglos, enlazando las épocas más diversas, desde el tiempo de los habitantes de los primeros palafitos de Europa.

A la época de los Faraones, la Edad Media, el Renacimiento, la Revolución Industrial y por último, la época actual. Hizo historia y conservó la historia. No sorprende, por tanto descubrir que el lino procede de una planta llamada técnicamente «Linus ussitatíssimum»:«utilísimo lino".

A pesar de la competencia intensa entre los numerosos hilos y tejidos que existen en nuestros días, el lino, elegante y suntuoso por naturaleza, sigue disfrutando del favor del mercado. La ciencia y las nuevas tecnologías intentaron, sin éxito, hallar el sustituto sintético del lino. En realidad, muchos fabricantes de tejidos saben que el lino puede tejerse en combinación con muy diversas fibras, pero que, en todos los casos, es al lino a lo que se deben la mejora de calidad y de tacto.

Una de sus características más apreciadas es su capacidad de absorber humedad (hasta un veinte por ciento de su peso seco) sin resultar húmedo al tacto. Inversamente, tiene gran facilidad para liberar humedad a la atmósfera. Así se explica por que el lino sigue siendo un tejido imprescindible en las piezas de moda de verano de todo el mundo.

También por su capacidad de absorber humedad, el lino es uno de los tejidos de mayor utilidad en el hogar. Su fama de ser el mejor limpiador de vidrios se funda además en el hecho de que no pierde fibras. En el mundo de la mantelería fina, el lino nunca conoció rival, desde el momento incluso en que empezaron a usarse manteles y servilletas.

Aunque en la Biblia hay numerosas referencias al lino, su relación con el Egipto antiguo es mucho más conocida. La momias se amortajaban con vendas de lino fino, que era también el tejido preferido por las clases más altas.

Al preguntarnos como llegó el lino a países tan diversos merece la pena recordar que los Fenicios, los comerciantes más importantes del mundo antiguo, equipaban sus navíos con tiendas y alfombras hechas de sólido lino egipcio. Con eso se ponen de relieve otra de las propiedades importantes de este tejido: su fuerza y resistencia. Hace relativamente pocos años se produjeron tejidos sintéticos capaces de desempeñar algunos de los usos industriales que tradicionalmente correspondían al lino.

El mundo de la imprenta debe mucho a la existencia del lino: pues este permitió la fabricación de papel en cantidades suficientes como para permitir el desarrollo de la imprenta mecánica, y la linaza (la semilla del lino) era esencial para la fabricación de las tintas de imprenta. Hay incluso un pájaro que debe su nombre gallego a esta fibra: Pardillo ( liñaceiro o pintarroxo).

Los orígenes del cultivo del lino en Galicia son muy antiguos, siendo el desarrollo de esta industria artesanal muy notable en las zonas del litoral y valles del interior.

Alcanza su plenitud más próxima, a mediados del s. XVIII y en los primeros años del s. XIX, período este que, además del lino del país, se trabaja lino procedente de los países del Mar Báltico. Una vez transformado artesanalmente, el lino se exportaba a Castilla y América.



-Hilanderilla delgada
siempre ocupada en hilar,
siempre a hilar y soñar
para luego no ser nada.

-Para luego no ser nada
eso aún está por ver,
pues con la hebras de lino
al torcerlas de camino
algo se ha de prender.

-Algo se ha de prender
y a fe que tenías razón
que te estaba yo mirando
sin advertir, mientras tanto,
que me iba enamorando.

Novoneyra, Uxío (1981) Os Eidos. Libro do Courel



martes, 1 de junio de 2010

Con Saramago no meu xardín

Estou a ler Caín


Di Saramago "Non escribo para agradar, tampouco para desagradar. Escribo para desasosegar. Gustaríame que todos os meus libros fosen considerados como libros do desasosego".














Cando levanto a vista do libro isto é o que me sosega.


miércoles, 26 de mayo de 2010

Xa chegaron as cereixas







"Quen a boa árbore se achega, ben acobexa".


A súa orixe etimolóxica, aínda que hai varias teorías, unha das máis aceptadas, afirma que os gregos relacionándoa co seu lugar de orixe chamaban a esta froita "kerasos".

Os romanos denominárona "cerasus" de onde procedería o vocábulo actual, cereixa.

Herodoto menciona esta froita ao relatar como vivían uns habitantes de Scythia. Dicía: "A árbore do cal obteñen a súa comida chámase árbore póntica. Ten o tamaño dunha figueira e produce froitos grandes como unha faba que teñen un óso dentro. Cando esta froita está madura, esprémena cunha tea e producen un mollo negro e denso. Eles chupan o seu mollo ou o mesturan con leite e bébeno..."

Plinio di que a cerdeira provén da antiga colonia grega Kerasos de situada na costa do mar Negro. As cereixas constituían un cultivo local moi importante.

Lúculo,xeneral romano, que dirixía as lexións na guerra contra Mitrídates descubriunas e levounas a Roma, facéndoas moi populares en todo o Imperio.

Na mitoloxía romana vinculábase a Venus, deusa do amor.

A relación desta froita co amor existe en moitas culturas centroeuropeas, onde está arraigado o costume de presaxiar o futuro das mozas, mediante os ósos das cereixas recentemente comidas. As mozas pregúntanse cando contraerán matrimonio. Van collendo un óso tras outro a medida que contestan "este ano, o ano próximo, algunha vez, nunca". O último elixido é a resposta. Existe tamén a tradición de que os noivos beban unha infusión de flores de cerdeira para que lles traia boa sorte no futuro.

Noutras ocasións esta árbore relacionouse co escuro, o oculto e máxico. Os feiticeiros e bruxas da Idade Media utilizaban unha póla de cerdeira para realizar os seus sortilexios.

En Xapón, a cerdeira é cultivada como planta de xardinaría sendo admirada pola beleza das súas flores. No país nipón celébrase anualmente a festa da contemplación das cerdeiras en flor, que eles denominan Hanami.

Dúas adiviñas o que acerte pode vir ás cereixas

Un home subiu a unha cerdeira

onde cereixas había.


El, cereixas non tomou;


el, cereixas non deixou:


Cantas cereixas había?





É un froito delicioso


aínda que non é o máis carnoso.


A súa pel é vermella e brillante




->Versión en castelán


Quien a buen árbol se arrima buena sombra le cobija


Su origen etimológico, aunque hay varias teorías, una de las más aceptadas, afirma que los griegos relacionándola con su lugar de origen, llamaban a esta fruta "kerasos". Los romanos la denominaron "cerasus" de donde procedería el vocablo actual, cereza.

Herodoto menciona esta fruta al relatar como vivían unos habitantes de Scythia. Decía: "El árbol del cual obtienen su comida se llama árbol póntico. Tiene el tamaño de una higuera y produce frutos grandes como un haba y tienen un hueso dentro. Cuando esta fruta está madura, la exprimen con una tela y producen un jugo negro y denso. Ellos chupan su jugo o lo mezclan con leche y lo beben..."

Plinio dice que el cerezo proveen de la antigua colonia griega de Kerasos, situada en la costa del mar Negro. Las cerezas constituían un cultivo local muy importante.
Lúculo, general romano, que dirigía las legiones en la guerra contra Mitrídates, las descubrió y las llevó a Roma, haciéndolas muy populares en todo el Imperio.

En la mitología romana se vinculaban a Venus, diosa del amor.
La relación de esta fruta con el amor existe en muchas culturas centro - europeas, donde está arraigada la costumbre de presagiar el futuro de las chicas, mediante los huesos de las cerezas recién comidas. Las jóvenes se preguntan cuándo contraerán matrimonio. Van cogiendo un hueso tras otro a medida que contestan "este año, el año próximo, alguna vez, nunca". El último elegido será la respuesta.
Existe también la tradición de que los novios beban una infusión de flores de cerezo para que les traiga buena suerte en el futuro. En otras ocasiones este árbol se relacionó con el oscuro, lo oculto y mágico. Los hechiceros y brujas de la Edad Media utilizaban una rama de cerezo para realizar sus sortilegios.
En Japón, el cerezo es cultivado como planta de jardinería siendo admirado por la belleza de sus flores. En este país se celebra anualmente la fiesta de la contemplación de los cerezos en flor, que ellos denominan Hanami.

Dos adivinanzas, al que acierte puede venir a las cerezas



Un hombre subió a un cerezo

donde cerezas había.

Él, cerezas no tomó;

él, cerezas no dejó:

¿Cuántas cerezas había?


Es un fruto delicioso,


aunque no es el más carnoso.


Su piel es roja y brillante.

lunes, 24 de mayo de 2010

Nigella damascena






Barbas de vello (Arañuela, Cabellos de Venus)


A primeira margarida do xardín

Estaba a preparar unha nova páxina e de novo publicouse soíña, cando me dei conta xa non había remedio. Non sei o que está a pasar.

miércoles, 19 de mayo de 2010

Que alguén mo explique, eu non o entendo




Pido perdón a todos os meus seguidores, cando estaba a escribir esta entrada, aínda non rematara, nin estaba corrixida, sen saber por que , ao mellor fixen algo que non debería, publicouse ela soliña; entón decidín suprimila.



Cada día que pasa comprendo menos certas cousas.

Hoxe todo o PP anda medio revolto polo que dixo Evo Morales ou porque a presidenta de Arxentina saíu na defensa do xuíz Garzón.

O primeiro enténdoo e non vou entrar a valoralo, non me gusta que ninguén faga acusacións sen presentar probas, e isto é valido para todos, aínda que sexan persoas coas que comparto moitas ideas.

Estiven a ver o vídeo onde a voceira do PP insulta á presidenta de Arxentina, "los menos indicados para dar lecciones de Justicia y de seguridad jurídica a nadie".

E vostedes, señora voceira, poden dar leccións de Xustiza e seguridade xurídica?.

Por que están tan cabreados co xuíz Garzón?


É o caso Gürtel o culpable?.

Non hai moito escoitei dicir que os do PP non querían corruptos no seu partido, daquela, por que esa xenreira contra Garzón?.

Deberíanlle estar moi agradecidos, el só pretendía meter no cárcere aos corruptos e librar ao partido de toda esa xente.




Versión en castelán


Pido perdón a todos mis seguidores, estaba escribiendo esta entrada, todavía no había terminado, ni estaba corregida, sin saber por qué se publicó ella solita; como es lógico la suprimí y no tuve más remedio que repetirla.


Cada día que pasa comprendo menos ciertas cosas.


Hoy todo el PP anda medio revuelto por lo que dijo Evo Morales o porque la presidenta de Argentina salió en defensa del juez Garzón.

Lo primero lo entiendo y no voy a entrar a valorarlo, no me gusta que nadie haga acusaciones sin presentar pruebas, y esto es valido para todos, aunque sean personas con las que comparto muchas ideas.


Estuve viendo el vídeo donde la portavoz del PP insulta a la presidenta de Argentina, "los menos indicados para dar lecciones de Justicia y de seguridad jurídica a nadie".

¿Y usted, señora portavoz, pueden dar lecciones de Justicia y seguridad jurídica?.


¿Por qué están tan enfadados con el juez Garzón?
.

¿Es el caso Gürtel el culpable?.


No hace mucho tiempo escuché que los del PP no querían corruptos en su partido, entonces ¿por qué esa manía contra Garzón?.

Le deberían estar muy agradecidos, él sólo pretendía meter en la cárcel a los corruptos y librar al partido de toda esa gente.

jueves, 13 de mayo de 2010

Disque se anda á procura dun POLÍTICO



Este é un enxerto feito este ano; que sorte teriamos se os que nos gobernan soubesen enxertar así!!!.



Somos fillos da época,

a época é política.

Todos os teus asuntos, os nosos, os vosos;


asuntos diúrnos, asuntos nocturnos,

son asuntos políticos.

Queiras ou non queiras,


os teus xenes teñen un pasado político;

a pel, un matiz político;

os ollos, un aspecto político.

O que dis, así soa,

o que calas, tamén soa,

de calquera forma, político.

Camiñando pola fraga, pola selva,

son políticos os teus pasos

sobre un fundamento político.


Os poemas apolíticos son políticos tamén,


e arriba brilla a lúa,

un obxecto non lunático.

Ser ou non ser, esa é a cuestión.

Que pregunta, contésteme, cariño.

Unha pregunta política.

Non é necesario sequera que sexas un ser humano


para cobrar importancia política.

É suficiente con que sexas petróleo,

forraxe ou materia reciclada.

Ou unha mesa de debates sobre cuxa forma

se discutiu meses:


onde negociaremos sobre a vida e a morte?

sobre unha redonda ou nunha cadrada?.

Mentres tanto, morreu xente,

morreron animais,

arderon casas,

e perdéronse campos de cultivo,

como nos tempos antigos,

e menos políticos.


Fillos da época, Wislawa Szymborska


->Versión en castelán


Debajo de la fotografía: Este es un injerto de este año; ¡¡¡qué suerte tendríamos si los que nos gobiernan supieran injertar así!!!.


Somos hijos de la época,


la época es política.

Todos tus asuntos, los nuestros, los vuestros;


asuntos diurnos, asuntos nocturnos,

son asuntos políticos.

Quieras o no quieras,

tus genes tienen un pasado político;


la piel, un matiz político;


los ojos, un aspecto político.

Lo que dices, así suena,

lo que callas, también suena

de cualquier forma, político.

Caminando por el bosque, por la selva,

son políticos tus pasos

sobre un fundamento político.

Los poemas apolíticos son políticos también,

y arriba brilla la luna,

un objeto no lunático.


Ser o no ser, ésa es la cuestión.

Qué pregunta, contésteme, cariño.


Una pregunta política.

No es necesario siquiera que seas un ser humano

para cobrar importancia política.

Es suficiente con que seas petróleo,

forraje o materia reciclada.

O una mesa de debates sobre cuya forma

se ha discutido varios meses:


¿dónde negociaremos sobre la vida y la muerte?

¿sobre una redonda o en una cuadrada?.

Mientras tanto, ha muerto gente,

han muerto animales,

han ardido casas,

y se han perdido campos de cultivo,

como en los tiempos antiguos,

y menos políticos.

Hijos de la época, Wislawa Szymborska

martes, 11 de mayo de 2010

O érbedo,

Heracles loitando con Xerión,
imaxes tomadas da rede:

O érbedo, erbedo, erbedro, esbedro, erbedeira, moroteiro, morongueiro, morodoeiro, amoroqueiro, mirogueiro, albedro (Arbutus unedo).

A lenda de Hércules e Xerión foi descrita por diversos poetas gregos entre eles por Estesícoro de Himera no 590 a.C quen compuxo un poema, de nome Xerioneis (Historia de Xerión) .

"Como décimo traballo Heracles tiña que ir buscar o gando de Xerión a Eriteia. É esta unha illa, situada nas proximidades do Océano, que agora se chama [ Tartessos ], esta illa estaba habitada por Xerión...[...]. Xerión tiña os corpos de tres homes unidos polo ventre, e divididos en tres desde os costados e as coxas. Era propietario dun vermello rabaño [de bois]. Euritión era o seu pastor e o seu can gardián, Orto, de dúas cabezas,.... Viaxando a través de Europa foi buscar o rabaño de Xerión, e matou moitas bestas salvaxes. Foise a Libia e ao pasar por Tartessos levantou as dúas columnas, unha a cada lado, nos límites de Europa e de África, como monumento da súa viaxe. Ao longo da súa viaxe foi abrasado polo sol e el dobrou o seu arco contra o sol. O sol, admirado do seu atrevemento, deulle unha copa de ouro, coa que atravesaría o Océano. Chegou a Eriteia e hospedouse no monte Abas. O can divisouno e precipitouse sobre el, pero golpeouno coa súa maza. Cando o pastor veu salvar ao can, Heracles matouno tamén. [ Outro Pastor], que pastoreaba o rabaño de Hades naquel lugar, contoulle a Xerión o sucedido. Xerión sorprendeu a Heracles á beira do río Antemo, no preciso momento de levar o rabaño. Loitou con el e matouno. Heracles embarcou o rabaño na copa, atravesou o mar cara a [Cádiz] e devolveu a copa ao Sol".

Do sangue do xigante Xerión xurdiu o érbedo, unha árbore que florece e dá froitos ao mesmo tempo; e sempre na época en que as Pléiades relocen especialmente no firmamento. A imaxe mítica de Xerión expresa moi ben o vigor co que é capaz de rexurdir este arbusto tras un incendio ou a tala do bosque, con gromos de cortiza avermellada que medran moi rápido, cubrindo a terra espida e protexendo o chan. Dese modo, favorece de forma moi eficaz a rexeneración do bosque.

Esa vitalidade asombrosa e capacidade de rexurdir das cinzas, así como a súa folla sempre verde, fixérono símbolo da inmortalidade.

Esta árbore, entre os romanos, estaba consagrado á ninfa Cardea, que vivía no Lucus Helerni, unha fraga sacra á beira do Tíber. Conta a súa lenda que se insinuaba aos incautos cos seus encantos co fin de atraelos ao corazón da fraga e alí burlábaos desaparecendo sen que nunca ninguén lograse atopala. Aquel xogo ramatou cando Xano se namorou dela e a ninfa non puido agocharse do deus das dúas caras que, a cambio do amor roubado, concedeulle o poder de espantar ás bruxas, así como de curar aos nenos, aos enfermos e aos enfeitizados. Segundo conta Ovidio, cando a invocaban, usaba unha variña de érbedo coa que tocaba por tres veces as portas e os limiares conxurando desa maneira todo mal, «o seu poder é abrir o que está pechado e pechar o que está aberto».

Os romanos utilizaban esta árbore nas súas cerimonias fúnebres, tal como conta Virxilio na Eneida, cando relata o derradeiro adeus a Palente (Libro XI) "Outros, solícitos, tecen con varas de érbedo e pólas de aciñeira o armazón dun brando féretro, e dan sombra con teito de follas ao leito así formado..."



Versión castelán

El madroño

La leyenda de Hércules y Gerión fue descrita por diversos poetas griegos entre ellos por Estesícoro de Himera en torno al 590 a.C. quien compuso un poema, de nombre Geryoneis (Historia de Gerión.

"Como décimo trabajo se ordenó a Heracles el ir a buscar el ganado de Gerión a Eriteia. Es esta una isla, situada en las proximidades del Océano, que ahora se llama [ Tartessos ], esta isla estaba habitada por Gerión...[...]. Gerión tenía los cuerpos de tres hombres unidos por el vientre, y divididos en tres desde los costados y los muslos. Era propietario de un rojo rebaño [de bueyes]. Euritión era su pastor y su perro guardián, Orto, de dos cabezas,.... Viajando a través de Europa a buscar el rebaño de Gerión, Heracles mató muchas bestias salvajes. Se fue a Libia, [Africa], y al pasar por Tartessos levantó las dos columnas, una a cada lado, en los límites de Europa y de África, como monumento de su viaje. A lo largo de su viaje fue abrasado por el sol y él dobló su arco contra el sol. El sol, admirado de su atrevimiento, le dio una copa de oro, con la que atravesaría el Océano. Llegó a Eriteia y se hospedó en el monte Abas. El perro lo divisó y se precipitó sobre él, pero le golpeó con su maza. Cuando el pastor vino a salvar al perro, Heracles lo mató también. [ Otro Pastor], que pastoreaba el rebaño de Hades en aquel lugar, le contó a Gerión lo sucedido. Gerión sorprendió a Heracles al lado del río Antemo, en el preciso momento de llevarse el rebaño. Luchó con él y le mató. Heracles embarcó el rebaño en la copa, atravesó el mar hacia [Cádiz] y devolvió la copa al Sol".

De la sangre del gigante Gerión surgió el madroño, un árbol que florece y da frutos al mismo tiempo; y siempre en la época en que las Pléyades relucen especialmente en el firmamento. Esta imagen mítica de Gerión expresa muy bien el vigor con el que es capaz de resurgir este arbusto tras un incendio o la tala del bosque, con retoños de corteza rojiza que crecen muy rápido, cubriendo la tierra desnuda y protegiendo el suelo. De ese modo, favorece de forma muy eficaz la regeneración del bosque.

Esa vitalidad asombrosa y capacidad de resurgir de las cenizas, así como su hoja siempre verde, lo han hecho símbolo de la inmortalidad.

Este árbol, entre los romanos, estaba consagrado a la ninfa Cardea, que vivía en el Lucus Helerni, un bosque sagrado a orillas del Tíber. Cuenta su leyenda que se insinuaba a los incautos con sus encantos con el fin de atraerlos al corazón del bosque y allí los burlaba desapareciendo sin que nunca nadie lograra encontrarla. Aquel juego terminó cuando Jano se enamoró de ella y la ninfa no pudo esconderse del dios de las dos caras que, a cambio del amor robado, le concedió el poder de espantar a las brujas, así como de curar a los niños, a los enfermos y a los hechizados. Según cuenta Ovidio, cuando se la invocaba, usaba una varita de madroño con la que tocaba por tres veces las puertas y los umbrales conjurando de esa manera todo mal, «su poder es abrir lo que está cerrado y cerrar lo que está abierto». Los romanos utilizaban este árbol en sus ceremonias fúnebres, tal como cuenta Virgilio en la Eneida, cuando relata el último adiós a Palente (Libro XI) " Otros, solícitos, tejen con varas de madroño y ramas de encina el entramado de un blando féretro, y dan sombra con techo de hojas al lecho así formado..."