miércoles, 3 de octubre de 2012

Imos caer de novo no feixismo???


Quero afastarme da sabedoría que non chora, da filosofía que non ri e da grandeza que non se inclina ante os nenos. Khalil Gibran




Isto que segue foi copiado de aquí

Cada día de goberno de Feijóo  86 persoas van ao paro en Galicia.

1.- Plan económico

O QUE DIXO NO CONTRATO: Loitar contra a crise apostando polos nosos sectores produtivos cun plan a desenvolver por un Goberno unido, coordinado e que saiba establecer prioridades.

O QUE FIXO: Os tres anos e medio de goberno de Alberto Núñez Feijóo supuxeron unha gran lousa para o tecido empresarial de Galicia, xa que a comunidade perdeu, segundo os datos do directorio empresarial do INE, 8.863 industrias e negocios dende 2008. A etapa de Núñez Feijóo provocou unha diminución de máis de 118.000 afiliados á Seguridade Social (IGE) e a destrucción de 20.000 postos de autónomos (IGE). Os sectores produtivos estratéxicos do país, como o lácteo, o téxtil, o naval e pesqueiro, o madereiro ou o eólico esmorecen pola xestión do goberno e atópanse en fase de reivindicación e mobilizacións esixindo solucións.

Cada mes de goberno de Feijóo 180 empresas pechan as súas portas en Galicia.


2.- Plan de austeridade

O QUE DIXO NO CONTRATO: Eliminar e reducir drasticamente os gastos superfluos en publicidade, altos cargos, asesores, automóbiles ou obras nas dependencias de goberno.

O QUE FIXO: O presidente da Xunta ten máis de 40 asesores que custan 2,3 millóns de euros ao ano e os 141 asesores nomeados a dedo de todo o goberno da Xunta representan un gasto de máis de 7 millóns de euros. Deste xeito, os datos, recollidos no último orzamento, arroxan un soldo medio de 50.000 euros anuais por cada un.

Feijóo gasta 6.301 euros cada día dos cartos de todos os galegos nos soldos dos seus asesores e eleva a cifra a 19.178 euros diarios nos asesores de todo o goberno.

3.-  Menos impostos


O QUE DIXO NO CONTRATO: Reducir a cantidade de impostos autonómicos aos que os cidadáns teñen que facer fronte cada ano e defender a redución de impostos estatais.

O QUE FIXO: Durante a campaña electoral Feijóo comprometeuse a reducir o tramo autonómico do IRPF para beneficiar a 600.000 contribuíntes, o 54% do total de Galicia, cunha base liquidable inferior aos 17.000 euros. A baixada do tramo rexional sería de máis do 8%, pero os galegos siguen esperando por ela. O Goberno galego tamén incrementou o valor dos bens inmobles aos efectos de calcular a cota de transmisións patrimoniais, actos xurídicos documentados, sucesións e doazóns. O incremento da presión fiscal rolda de media o 30%. Ademais, Feijóo comprometeuse en 2009 a unha rebaixa progresiva do imposto de sucesións ata a súa desaparición ao final da lexislatura, pero incumpriu este anuncio. En canto á defensa da redución de impostos estatais, a súa postura revelouse falsa e mudou drasticamente coa chegada de Mariano Rajoy á Moncloa. O PP impulsou dende Madrid unha suba masiva do IRPF ás rendas baixas e medias e alzou o IVE ata o 21% co silencio cómplice de Feijóo.

A suba do IVE suporá un gasto de 470 euros anuais para cada familia galega, segundo a OCU.



Seguiremos na próxima entrega





































































domingo, 23 de septiembre de 2012

Caras vemos, corazóns non coñecemos.


Na mitoloxía grega foi o froito da discordia entre Hera e Afrodita e a causante da guerra de Troia.

Cando Hera casou con Zeus, rei dos deuses, a Nai Terra, máis coñecida daquela polo seu nome de deusa Xea, considerou  que debía agasallar a tan insignes cónxuxes cun presente digno deles e decidiu ofrecerlles o prezado agasallo das mazás de ouro. Hera, tan encantada quedou daqueles froitos que encargou plantasen as súas pebidas na mellor terra coñecida, na máis fértil,  e puxo ao seu coidado a Egle, Eritría, Esperia e Aretusa, chamadas por algúns as "Ninfas da tarde" por ser oriúndas do oeste do mundo, do lugar por onde escapa o sol cada día. Pero o nome que as inmortalizou foi o de Hespérides por ser descendentes de Héspero.

 Na mitoloxía nórdica, Iddhún é a deusa da eterna mocidade. Conserva para os deuses as "mazás douradas que restauran a xuventude".

 Na mitoloxía céltica, a maceira é a árbore do "Outro mundo" e noméase en moitos relatos galeses e irlandeses. No ciclo do Rei Arthur , o rei, despois da derrota en Camlann, foi levado á "Illa das Maceiras", Insula Pomorum, un lugar sempre verde onde ían, segundo a lenda, os guerreiros mortos en batalla.

 Guillermo Tell,experto tirador, para evitar o castigo de morte que correspondía á ofensa de non descubrirse ante un pau cun chapeu que simbolizaba ao soberano de Hamburgo, estivo obrigado a acertar coa súa bésta unha mazá posta sobre a cabeza do seu fillo.


Nunha ocasión Newton espertou da  sesta por unha mazá  que lle caeu na cabeza. O feito foi significativo, decidido a estudar as causas dese fenómeno, tempo máis tarde descubriría a lei de gravidade.

No conto dos irmáns Grimm,  Brancaneves cae nun sono cataléptico por mor de morder a mazá que lle ofrece a súa madrasta disfrazada de bruxa.








Versión en castelán

En la mitología griega fue el fruto de la discordia entre Hera y Afrodita y la causante de la guerra de Troya.

Cuando Hera se casó con Zeus, rey de los dioses, la Madre Tierra, más conocida entonces por su nombre de diosa Gea, consideró  que debía agasajar a tan insignes cónyuges con un presente digno de ellos y decidió ofrecerles el preciado regalo de las manzanas de oro. Hera, tan encantada quedó de aquellos frutos que encargó plantasen sus pepitas en la mejor tierra conocida, en la más fértil,  y puso a su cuidado a Egle, Eritría, Esperia y Aretusa, llamadas por algunos las "Ninfas de la tarde" por ser oriundas del oeste del mundo, del lugar por donde escapa el sol cada día. Pero el nombre que las inmortalizó fue el de Hespérides por ser descendientes de Héspero.

 En la mitología nórdica, Iddhún es la diosa de la eterna juventud. Conserva para los dioses las "manzanas doradas que restauran la juventud".

 En la mitología céltica, el manzano es el árbol del "Otro mundo" y se nombra en muchos relatos galeses e irlandeses. En el ciclo del Rey Arthuro , el rey, después de la derrota en Camlann, fue llevado a la "Isla de los Manzanos", Insula Pomorum, un lugar siempre verde donde iban, según la leyenda, los guerreros muertos en batalla.

 Guillermo Tell,experto tirador, para evitar el castigo de muerte que correspondía a la ofensa de no descubrirse ante un palo con un sombrero que simbolizaba al soberano de Habsburgo, estuvo obligado a acertar con su ballesta una manzana puesta sobre la cabeza de su hijo.

En una ocasión Newton despertó de la  siesta por culpa de  una manzana  que le cayó en cabeza. El hecho fue significativo, decidido a estudiar las causas de dicho fenómeno, tiempo más tarde descubriría la ley de gravedad.

En el cuento de los hermanos Grimm,  Blancanieves cae en un sueño cataléptico a causa de morder la manzana que le ofrece su madrastra disfrazada de bruja.

martes, 18 de septiembre de 2012

"No tempo de María Castaña"







É unha fórmula que fai referencia aos  tempos míticos, antes da historia e antes do patriarcado. É exactamente equivalente a "cando os animais falaban" e outras formas de introdución aos contos marabillosos como "cando os pitos tiñan dentes" (bretona) ou "cando os gatos tiñan zapatos" (eslava) ou "érase unha vez", "moito antes ca nós".

Hai quen afirma que María Castaña non é polo tanto, un personaxe histórico, no senso en que adoita entenderse, senón que é un personaxe mítico.

Dende logo, foi alguén anterior ao cristianismo e talvez á propia Roma. Auburn Mary, protagonista do relato británico "A batalla dos paxaros" é unha tradución  exacta, María Castaña, Auburn, cor "castaña avermellada", como as das castañas en certa época. O relato nesta forma procede de Escandinavia e de alí pasou aos países celtas e baixou ata o Mediterráneo. Pero o relato é máis vello.

Auburn lembra moito o noso ebúrneo, de ebur, "marfil". Efectivamente, auburn, no vello inglés, foi primeiro branco, despois castaño. María Castaña foi antes María Branca ou o que é o mesmo Brancaflor, a filla do demo. Pero o demo é un pai putativo, en realidade, é de antonte. María Castaña é máis vella có seu pai. O relato coincide punto a punto co de Xasón e Medea, a neta do Sol, a que Xasón foi buscar ao mesmo inferno, ao cabo do mundo. Así pois Medea é o mesmo que María Castaña e que Brancaflor.

O mesmo relato existe entre os xermanos (A Doncela Autoritaria), entre os indios, entre os eslavos, entre os arios, entre os malgaxes, entre os indonesios e os polinesios: María Castaña, Brancaflor, é o máis antigo dos personaxes deste libro.

E por que é branca ou castaña? Porque antes foi a deusa da morte, dos infernos, Hella (filla de Loki), Ana (os anaon son os mortos na Bretaña), Perséfone, Diana, a Deusa Mai, a Deusa Triple, a Deusa Branca, na súa personalidade infernal. Os tempos de María Castaña son os tempos do matriarcado primordial.
Bibliografía : Dicionario dos seres MÍTICOS GALEGOS, Xoán R. Cuba, A. Reigosa, Xosé Miranda
                            Editorial Xerais



Versión en castelán
 
Es una fórmula que hace referencia a los  tiempos míticos, antes de la historia y antes del patriarcado. Es exactamente equivalente a "cuando los animales hablaban" y otras formas de introducción a los cuentos maravillosos cómo "cuando los pollitos tenían dientes" (bretona) o "cuando los gatos tenían zapatos" (eslava) o "érase una vez", "mucho antes que nosotros".

Hay quien afirma que María Castaña no es por lo tanto, un personaje histórico, en el sentido en que suele entenderse, sino que es un personaje mítico.

Desde luego, fue alguien anterior al cristianismo y tal vez a la propia Roma. Auburn Mary, protagonista del relato británico "La batalla de los pájaros" es una traducción  exacta, María Castaña, Auburn, color "castaño rojiza", como el de las castañas en cierta época. El relato en esta forma procede de Escandinavia y de allí pasó a los países celtas y bajó hasta el Mediterráneo. Pero el relato es más viejo.

Auburn recuerda mucho nuestro ebúrneo, de ebur, "marfil". Efectivamente, auburn, en el antiguo inglés, fue primero blanco, después castaño. María Castaña fue antes María Blanca o lo que es lo mismo Blancaflor, la hija del diablo. Pero el diablo es un padre putativo, en realidad, es de anteayer. María Castaña es más antigua que  su padre. El relato coincide punto a punto con el de Jasón y Medea, la nieta del Sol, la que Jasón fue a buscar al mismo infierno, al fin del mundo. Así pues Medea es lo mismo que María Castaña y que Blancaflor, es lo más antiguo de los personajes de este libro.

El mismo relato existe entre los germanos (La Doncella Autoritaria), entre los indios, entre los eslavos, entre los arios, entre los malgaches, entre los indonesios y los polinesios: María Castaña, Blancaflor.

Y porque es blanca o castaña? Porque antes fue la diosa de la muerte, de los infiernos, Hella (hija de Loki), Ana (los anaon son los muertos en la Bretaña), Perséfone, Diana, la Diosa Madre, la Diosa Triple, la Diosa Blanca, en su personalidad infernal. Los tiempos de María Castaña son los tiempos del matriarcado primordial.

jueves, 13 de septiembre de 2012

A rula turca (Streptopelia decaocto)

 O macho e a femia son tan fieis que despois de formar parella non a rompen mentres viven. O seu canto é melancólico "ru-ru", sempre o mesmo, de aí lles vén o seu nome en galego.



** Miña rula: expresión de cariño e tenrura que se aplica a unha nena ou a unha moza. Úsase comunmente en diminutivo, Miña ruliña.



 Díxenlle á rula: Pase miña señora!
E foise polo medio e medio do outono
por entre as bidueiras, sobre o río.
O meu anxo da garda, coas azas sob o brazo dereito,
na man esquerda a cabaciña de auga,
ollando a rula irse, comentou:
-Calquera día sen decatarte do que fas
dis: Pase miña señora!
e é a alma túa a quen despides como unha ave
nunha mañán de primavera
ou nun serán de outono.

Álvaro Cunqueiro, Herba aquí ou de acolá, 1980
    



 Versión de Amancio Prada pertencente ao seu disco A dama e o cabaleiro:


Versión en castelán

 Tórtola turca (Streptopelia decaocto)

El macho y la hembra son tan fieles que después de formar pareja no la rompen mientras viven. Su canto es melancólico "ru-ru", siempre lo mismo, de ahí les viene su nombre en gallego.

** Miña rula: expresión de cariño y ternura que se aplica a una niña o a una chica. Se usa comúnmente en diminutivo, " Miña ruliña".



 Le dije a la tórtola: ¡Pase mi señora!
Y se fue por el medio y medio del otoño
por entre los abedules, sobre el río.
Mi ángel de la guarda, con las alas bajo el brazo derecho,
en la mano izquierda la calabaza de agua,
mirando a la tórtola irse, comentó:
-Cualquier día sin darte cuenta de lo que haces
dices: ¡Pase mi señora!
y es a tu alma a quien despides como un ave
en una mañana de primavera
o en un atardecer de otoño. 
Alvaro Cunqueiro

domingo, 9 de septiembre de 2012

Gutta cavat lapidem


Gutta cavat lapidem, non vi, sed saepe cadendo (A gota perfora a pedra, non pola forza, senón caendo decontino).

É unha sentenza medieval que foi tomado de Ovidio e das súas "Cartas desde o Ponto" que dicía "Gutta cavat lapidem, comsumitur anulus usu".

Os que hoxe levan o timón do Estado xa conseguiron que o estado de benestar, que antes tiñamos, teña máis buracos ca esas rochas e seguen... gota a gota, ata que a rocha desapareza. 
E mentres a maioría dos cidadáns miran cara ao seu embigo e fan que suba a audiencia de Telecinco.



Versión en castelán

 Gutta cavat lapidem, no vi, sed saepe cadendo (La gota perfora la piedra, no por la fuerza, sino cayendo con frecuencia).Es una adagio medieval que fue tomado de Ovidio y de sus "Cartas desde el Ponto" que decía "Gutta cavat lapidem, comsumitur anulus usu".
 

Los que hoy llevan el timón del Estado ya consiguieron que el estado de bienestar, que antes teníamos, tenga más agujeros que esas rocas y siguen... gota a gota, hasta que la roca desaparezca.
Y mientras la mayoría de los ciudadanos miran hacia su ombligo y hacen que suba la audiencia de Telecinco.



miércoles, 5 de septiembre de 2012

O freixo seco


 "Se eu soubera que o mundo acababa mañá, eu, aínda hoxe, plantaría unha árbore"
Martin Luther King


Lembrei a Machado e o seu "Olmo seco", "quixen plasmar coa miña máquina a graza da súa póla reverdecida".
Este non é un olmo, é un freixo, estaba alí, á beira do Douro, nas terras altas de Soria.
Versión en castelán
"Si yo supiera que el mundo acababa mañana, yo, todavía hoy, plantaría un árbol"
Martin Luther King

Recordé a Machado y  su "Olmo seco", "quise plasmar con mi máquina la gracia de su rama reverdecida".
Este no es un olmo, es un fresno, estaba allí, a orillas  del Duero, en las tierras altas de Soria.

viernes, 31 de agosto de 2012

CANDO


CANDO me miro non me percibo. 

Teño tanto a manía de sentir
que me extravío ás veces ao saír
das propias sensacións que eu recibo.

O aire que respiro, este licor que bebo,
pertencen ao meu modo de existir, 
e eu nunca sei como hei de concluir 
as sensacións que ao meu pesar concibo. 

Nin nunca, propiamente reparei, 
se na verdade sinto o que sinto. 

Eu,  serei tal cal  me parezo ? 
Serei tal cal  me xulgo verdadeiramente?
Mesmo ante as sensacións son un pouco ateo, 
nin sei ben se son eu quen en min  sente.
Fernando Pessoa



Castelán
 
CUANDO me miro no me percibo.

Tengo tanto la manía de sentir 
que me extravío a veces al salir
de las propias sensaciones que recibo.

El aire que respiro, este licor que bebo
pertenecen a mi modo de existir,
y yo no sé como he de concluir
las sensaciones que a mi pesar concibo.

 Ni nunca, propiamente, reparé,
si en verdad siento lo que siento. 

Yo ¿seré tal cual como me parezco? 
¿Seré tal cual  me juzgo verdaderamente? 
También ante las sensaciones soy un poco ateo,
ni sé bien si soy yo quien en mí siente.
Fernando Pessoa 


Portugués

 QUANDO olho para mim não me percebo.

 Tenho tanto a mania de sentir
 que me extravio às vezes ao sair
 das próprias sensações que eu recebo.

 O ar que respiro, este licor que bebo,
 pertencem ao meu modo de existir,
 e eu nunca sei como hei de concluir
 as sensações que a meu pesar concebo.

Nem nunca, propriamente reparei, 
se na verdade sinto o que sinto. 

Eu, serei tal qual pareço em mim? 
Serei tal qual me julgo verdadeiramente?
Mesmo ante as sensações sou um pouco ateu,
nem sei bem se sou eu quem em mim sente.
 Fernando Pessoa