viernes, 28 de noviembre de 2008

Bunbury

Non vou falar de Enrique Bunbury o cantante, senón do meu gato. Bunbury morreu hai uns días, matouno un coche, eu tíñalle dito moitas veces que á estrada non se ía, pero era moi aventureiro e un mal día un coche tropezou con el. A verdade que a súa vida foi un pouco complicada, desde que naceu sempre tivo problemas, anque el sempre os superou, de pequeno sempre tiña os ollos pegadiños e había que lavarllos e despegarllos, despois, non sabemos como, rompeu a punta do rabo e quedoulle torto, na primavera caeu a piscina, non se sabe o tempo que alí botou nadando, cando o viu o meu fillo xa non lle quedaban forzas, ao pouco tempo apareceu un día cun testículo sin pel, pero isto tamén o superou ata que tropezou co coche e xa non puido...
Teño catro gatos máis, pero Bunbury era especial, tiña un caracter moi posesivo, se estaba el comigo non permitía que estivera ninguén máis, cando quería que lle dese masaxes, tiña que darllos xa, ao momento, senón mordíame nas mans; pero a pesar de todo era o meu preferido.

5 comentarios:

tertulias para perogrullos dijo...

Eu tamén tenho un gato jejeje, Troia chámase o condenado, aínda que é moi vago como para que lle pasen tantas cousas. Saúdos

Marisé dijo...

Eu non teño ningua mascota, pero cando vou a Ourense a casa dos meus pais xogo con Luky que asi se chama o can, e listo e moi caseiro.Gustame o teu relato.Saúdos.

George Amorim dijo...

Eu tenho peixes,non creo que se deron moi ben con Bunbury...
Lo siento,dixen cos gatos tenhen sete vidas,el habría acaba xa todas.
Bicos

Dilaida dijo...

Grazas a todos por ler o que escribo.
Tertulias para perogrullos, pois si que e bonito o nome de Troita, os meus chámanse: Sofía (polo grego "sabiduria)a nai de Bunbury, Mixa, Dorian e Xaqui, estes son os que están no campo e no piso en Ourense temos a Isadora, pero esta é da miña filla.

Marise, hai moitos anos eu tamén coñecín un can que se chamaba Luky, era un pastor alemán moi bo.

Ana, os peixes son o mellor que se pode ter cando se vive na cidade, eu tamén nos tiven algunha vez, pero como ti ben dis agora non serían compatibles coas mascotas que teño.

Una dijo...

Lo lamento de veras,nosotros tuvimos una gata "Lunita" y a los doce años se puso tan malita que no valía la pena hacerle pasar una mala vida y le dimos una muerte dulce,pero aún la extraño y la nombro a pesar de que tenemos a Tula (4 años ya),la trajo mi hijo de la Protectora y con nuestro perro Nito(6 años)son mi compañía día y noche,me divierten,me hacen reír,me asombran,me acompañan,jugamos juntos,me acompañan por todas las habitaciones y deseando que me ponga a reposar para acurrucarse uno a cada lado,son indescriptibles,un amor.Por todo eso sé cómo debes de echarle en falta a tu Bunbury.Abrazos