jueves, 27 de noviembre de 2008

Píramo e Tisbe

A Metamorfosis de Ovidio ten gran valor poético e mitográfico tanto polo seu contido, como por ter sido o máis espléndido manual de mitoloxía no que se inspiraron ao longo da historía lexións de artistas como pintores, escultores, músicos... É un dos meus libros preferidos.
No libro IV desta obra está o poema que máis me gusta, "Piramo e Tisbe" que relata a historía de dous amantes cuxas familias eran inimigas, as súas casas só estaban separadas por unha parede a cal tiña unha fenda que lles servía aos amantes para comunicarse a través dela; deciden un día enganar aos guardiáns e reunirse fóra da cidade baixo unha árbore de froitas brancas, unha poderosa moreira situada preto dun frío manancial. Tisbe consigue fuxir e chega ao lugar da cita e séntase baixo a árbore a esperar ao seu amor, chega entón unha leoa que ía beber despois de comer uns bois que matara; ao vela, Tisbe fuxiu e escondeuse nunha cova pero na fuxida perdeu o seu manto, cando a leoa viu o manto rompeuno coa súa boca ensanguentada. Piramo chegou máis tarde e ao ver as pegadas da leoa e o manto cheo de sangue, pensou que a súa amada fora devorada pola fera e desesperado cravouse o seu puñal; o sangue salta a grande altura e as froitas da árbore tinguense de escuro, e a raíz humedecida no sangue, matiza de cor púrpura as moras que colgan. Cando Tisbe decide saír da cova, busca ao mozo e anque está segura que é o lugar, as froitas da árbore fana dubidar pero ve no chan o corpo ensanguentado, recoñece ao seu amor, e dase conta do que pasou (Pyrame quis te mihi casus ademit) "Piramo que desventura me deixou sen ti" (Pyrame, responde! Tua te carissima Thisbe nominat: exaudi vultusque atolle iacentes! ) "Piramo responde, é a túa adorada Tisbe a que te chama, escoita e levanta a túa cabeza abatida" a túa propia man deuche a morte e o teu propio amor, irei tras túa e da túa morte dirase que fun eu a tráxica causa e compañeira e de quen só a morte podía arrancarme nin a morte poderá arrancante de min. Pídolles aos teus pais e aos meus non nos separen e nos soterren na mesma tumba e ti árbore que coas túas pólas das sombra a un corpo só, pronto lla darás a dous, conserva os sinais da nosa ruína e ten sempre froitas negras propias para o luto, en memoria do noso sangue; desesperada suicídase co mesmo puñal. As súas pregarias conmoveron aos seus pais e aos deuses, as froitas da moreira son negruzcas cando están maduras e as súas cinzas descansan nunha única urna baixo a árbore.
Despois de ler o contido de varios blogs no día adicado a muller maltratada eu pensei en escribir isto... Habería que plantar unha moreira cada vez que unha muller é asasinada, por desgraza xa teriamos un bosque inmenso.
Isto só é un desatino dunha muller cincuentona que quere rematar cunha reflexión: Se as mulleres somos as que parimos, as que amamantamos e criamos, que facemos mal para que existan homes que só nos vexan como simples obxectos?. Quen é o culpable de que exista unha sociedade machista? eu estou convencida de que somos as mulleres.

5 comentarios:

Marise dijo...

Tienes un regalito en mi blog MOMENTOS Y MIS BOLILLOS

Dilaida dijo...

Grazas Marise polo agasallo, perdoa por non contestarche antes. Moitas, moitas, moitas graciñas.
Bicos

banderas dijo...

Moi bóas... e grazas por te pasar polo meu blog e por "afiliarte". Non recordo que fixeras nunca comenatario algún no meu blog, e non vexas a sorpresa cando vin unha nova seguidora.

A mitoloxía en xeral é moi fermosa, e dende logo elexiches unha historia tráxica das bóas... nótase en Romeo e Xulieta claramente a orixe nesta historia, por exemplo, pero por desgracia esta é menos coñecida.

Vou botar unha ollada pola túa casa, a ver que sorpresas me agardan: polo de agora tamén es Aries, compartes algunhas das miñas aficións e vives ahí ó lado, como quen dí.

Bicos e ata outra ;-)

Dilaida dijo...

Ola Banderas, encántame o teu blog, nunca fixen ningún comentario pero prométoche que o farei o que pasa é que sigo algúns máis e teño pouco tempo.
Bicos

Tere dijo...

Estoy de acuerdo contigo en que mucha responsabilidad en ese tema la tenemos las mujeres fomentando desde la cuna las diferencias y desigualdades.Abrazos