jueves, 1 de enero de 2009

Bidueiro, bido, bídalo, bidueira

Esta árbore en Galicia está presente na práctica totalidade do territorio. O bidueiro resiste condicións climáticas duras, como fríos invernais intensos, ventos e nevadas. É moi resistente a xeadas e alcanza en Galicia cotas non superadas por ningunha outra frondosa, chegando aos 1700 m. Non soporta as condicións climáticas mediterráneas, requirindo elevada humidade ambiental durante case todo o ano. Así, na Galicia meridional, con veráns máis secos, aparece de forma natural unicamente nas proximidades dos cursos de auga ou en zonas con chan relativamente húmido todo o ano. É unha especie moi rústica e pouco exixente en canto á calidade dos chans. O temperamento do bidueiro é de luz, polo que non lle vai ben, desde a primeira idade, a cuberta arbórea. Considérase unha especie de temperamento robusto e colonizadora. Nos montes galegos nos que vexeta ben apreciase a miúdo como coloniza os brezais e en xeral as matogueiras de degradación avanzada, en terreos devastados por continuos incendios. O bidueiro alcanza normalmente os 15 - 20 m de altura, presentando copa redondeada que produce pouca sombra. É unha especie pouco lonxeva que non excede normalmente os 130 anos. As raíces son pouco profundas e estendidas. A madeira é de coloración branca a branca-amarelada.
O bidueiro e os celtas
É a árbore do Inicio para os celtas, é o primeiro mes arbóreo, que percorre o ciclo que vai desde o 24 de decembro ao 20 de xaneiro do calendario actual, é dicir estamos no mes do bidueiro.
Os druídas e celtas en xeral adoptárono como inspiración para a súa roda anual e déronlle a primeira letra do seu alfabeto, o inicio, Beth.Os druídas, facían unhas incisiones no seu tronco onde recollían a súa savia azucrarada que se utilizaba nas celebracións. Ademais, este ritual da incisión no bidueiro, era un xesto para liberar o espírito da árbore, no preciso momento no que o sol empezaba a lucir con máis forza. Nos costumes druídicas, con todo, a utilización tiña un continuo uso ao longo do ciclo anual e cada unha das súas partes era un remedio ou produto concreto. A súa madeira ata se utilizou para fins máis domésticos, por exemplo os mangos das escobas e manufacturas de teas. E a súa cortiza empregouse para escribir. Os celtas usaban as variñas das súas pólas para tocar os carreiros e afastar os espíritos e tamén, se utilizou para outro mester como: dar lategazos aos delincuentes na Gran Bretaña. Na tradición celta esta árbore, invítanos á meditación, ao recollemento a escoitar lendas e sagas dos antepasados, todo iso mentres a madeira do bidueiro arde nunha fogueira.

3 comentarios:

Naveganterojo dijo...

Gracias por seguir mi blog, feliz año 2009, y....aunque el galego no es mi lengua materna, y tengo enormes dificultades para leerte, lo intento y me rio mucho, pues hay palabras que salen de mi comprension,ja,ja.
Un saludo

Manuel de la Rosa -tuccitano- dijo...

Sinceramente non teño nin idea de galego, aínda que hei de recoñecer que teño moitos amigos en Galicia... fai un par de anos estiven en Sanxenxo, concretamente en Dorrón e quedei admirado e sorprendido da cantidade de Bidueiros que poboaban os bosques... Saúdos

Hice trtampa y utilicé el traductor...un abrazo

mariajesusparadela dijo...

E o refrán di: o bidueiro, arde no regueiro...