jueves, 29 de enero de 2009

Friné





Os distintos papeis que pode desempeñar unha muller grega no marco político son: o de esposa (gyné), concubina (pallaké), prostituta (porné) ou cortesá (hetaira, a mesma palabra con que se identifican os famosos "Compañeiros" de Alexandre, os hetairoi). Todas estas funcións son lexítimas e están aceptadas socialmente, o cal explica porque en Grecia nunca houbo obxección á existencia da monogamia. Deses catro papeis, o que proporciona maior independencia e liberdade é, curiosamente, o último. A hetaira, sempre estranxeira, é un termo medio entre a prostituta e a muller de compañía, con liberdade para saír á rúa, participar en banquetes masculinos e ata ter propiedades. Algunhas destas mulleres pasaron á historia pola influencia que exerceron sobre destacadas personalidades do mundo grego: Aspasia, Diotima, Friné...
Friné naceu no 328 a.d.C. e foi considerada unha das mulleres máis fermosas da antiga Grecia. Ao nacer, puxéronlle o nome de Mnesarete que significa "conmovedora da virtude", aínda que os seus pais non puideron estar máis desacertados co nome, pois converteríase nunha das máis cotizadas Hetarias de Atenas. A fermosura do seu corpo era tal, que continuamente era comparada con Afrodita, deusa do amor e a beleza. Contan que nunha ocasión, nun festival, soltouse os cabelos, espiuse e mergullouse no mar inspirando ao famoso Apeles para pintar o seu fresco de Afrodita Anadiomena.
Da vida de Friné (cuxo nome significa "sapo", ao parecer pola cor da súa pel, probablemente antifrástico, é dicir, dar a un obxecto ou persoa un nome que indica calidades contrarias ás que realmente posúe) chegáronnos varias anécdotas. Unha delas ocorreu estando nunha cea con Praxíteles na súa casa, o escultor díxolle que escollese do seu taller, a estatua que quixese como pago aos seus servizos.Como Friné non entendía de esculturas e naturalmente quería levar a de máis valor, díxolle a un dos seus criados, que nun momento dado da noite, entrase na sala berrando "Lume, hai lume no taller!.Cando entrou o criado dando voces, Praxíteles rapidamente exclamou: "Salvade ao meu Eros. Salvade ao meu Eros!". Como é de supor, Friné levou o Eros para a súa casa.
Acusada de impiedade por mor da súa profesión foi xulgada no Areopago. O seu defensor Hipérides, ao ver que non convencía aos xuíces, no medio das súas alegacións sacou a Friné os seus vestidos e a moza quedou espida ante os seus xuíces, entón preguntou se mostrar semellante beleza podía ser un atentado contra a moral. Non foi condenada.

2 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

Pois, sí; seguramente ti, que sabes desas cousas me poidas explicar se conmover non é, máis ou menos, movelos cementos...
Se é así, tanto conmovía a virtude que a mudaba en ¿luxuria?...
Eu tiña por ahí o comentario de Pérez Reverte a quen lle querían vender cultura cun reclamo de pernas longas...pero, amiguiña, o xeito de comprar á xusticia...
(non preciso preguntar se daquela había mulleres xuíces)

Dilaida dijo...

Así é, a SABEDURÍA E IMPARCIALIDADE "conMOVERONSE"