miércoles, 14 de enero de 2009

TEMPO DE CHORAR ( LONGA NOITE DE PEDRA)

Hei de chorar sin bágoas duro pranto
polas pombas de luz aferrolladas,
polo espíritu vencido baixo a noite
da liberdade prostituída.
As espadas penduran silandeiras
coma unha choiva fría diante os ollos
e teño que chorar na sombra fuxidía
deste pútrido vento
que arromba a lealdade e pon cadeas
no corazón dos homes xenerosos.

Pois que somente os ollos me deixaron
para chorar por eles longos ríos,
hei navegar periplos, descubertas
por tempos que han de vir cheos de escumas,
por onde o día nace,
alí onde xermola o mundo novo.
Pois que o que chora vive, iremos indo;
indo, chorando, andando,
salvaxe voz que ha de trocarse en ira,
en coitelo de berros e alboradas
para rubir ao cumio das aldraxes.
E pois que cada tempo ten seu tempo,
este é o tempo de chorar.
CELSO EMILIO FERREIRO

GAZA, O POBO PALESTINO, QUE DICIR!. Dixéronse xa tantas cousas e fixéronse tan poucas... Podemos vivir o día a día, podemos durmir tranquilos pola noite mentres están masacrando un pobo?.Cantos palestinos teñen que morrer para que os europeos non teñamos remordementos por haber permitido o holocausto xudeo?. Imos permitir o holocausto palestino?. Hai algunha diferenza entre o que fixo Hitler e o que están facendo os xudeos?

No hay comentarios: