viernes, 27 de febrero de 2009

ÉTICA E DEMOCRACIA

Non hai democracia sen ética. Hai, ética sen democracia, pero non democracia sen ética.
A ética é unha concepción evaluativa da vida, un sistema de crenzas ou unha escala de valores socialmente compartidos, que animan a interpretación da realidade e que subxacen ás diferentes formas de organización institucional que unha sociedade decide darse.
Concepcións éticas neste sentido houbo, moitas, posto que todos os seres humanos, en todas as épocas e lugares, participamos dalgún sistema de crenzas morais que dá sentido e pon orde á nosa acción no mundo.
Pero,non todas as concepcións éticas foron democráticas: hainas xerárquicas, aristocráticas, fundamentalistas, patriarcales, colectivistas...
A democracia, pola súa banda, é unha concepción política sobre o goberno da sociedade que repousa sobre unha definición do que somos como individuos e dos dereitos e os deberes que nos corresponden como tales, é dicir, repousa sobre unha concepción ética. A democracia é un produto da modernidade occidental e non pode entenderse sen que se tomen en consideración as transformacións ocorridas nas concepcións éticas que lle serven de fundamento. Pode haber pois éticas non democráticas, pero NON PODE HABER UNHA DEMOCRACIA SEN ETICA.

1 comentario:

mariajesusparadela dijo...

E ó mellor desta fan unha lei de elccións na que quede prohibido emporcallar sen probar e que poida ser considerado un delito calquera afirmación difamante. Responsable o grupo político.
Pretender ética desta xentiña é unha utopía.