viernes, 20 de febrero de 2009

Khalil


Ola, eu chámome Khalil, nacín unha noite de Xuño (o 26) hai tres anos, miña nai chámase Narda e o meu pai Urente, seméllome máis ao meu pai, son alazán coma el, a miña nai é torda, pero tamén moi guapa.
O meu nome púxomo Adrián, el dí que significa "bo amigo" en árabe e como son desa raza, por iso decidiu que me ía chamar así.
Non son moi alto, quedeime pequeniño coma o meu pai, son algo nervioso pero case sempre me porto ben, gústanme moito os nenos e cando vén Sami dende Ferrol (Sami ten 2 anos e medio) doulle moitos biquiños, bueno non sei dar bicos coma os humanos, pero arrímolle o meu fuciño a súa cariña.
Todos os días saio ao prado entre as nove e as dez da mañá, algúns días vai moito frio, as herbas están brancas pola xiada e entón eu e o meu curmán xogamos a un xogo que se chama "a ver quen pode hoxe", e un xogo moi entretido, pelexamos ata ver quen primeiro cae ao chan e despois xogamos tamén "o pilla" e hai veces que lle fago trampa para que non me pille, o meu curmán é un pouco inocente e deixase enganar.
Nos prados non temos case comida porque un animal que se chama xabaril encárgase polas noites de arrancar todas as herbas, cada mañá cando chegamos ao prado encontrámolo todo cavado, eu penso que ese animal debe de ter insomnio porque sempre vai polas noites.
Hai tempo tiñamos un amigo, viña todos os días a facernos compaña, era un animal que semellaba un can pero máis pequeno e cun rabo moi longo e peludo penso que lle chaman zorro, era moi bo, pero xa levamos moito tempo sin velo, ao mellor pasoulle unha desgraza.
A min gústame moito o pan, as froitas e todas as lambetadas que me dan.
De tempo en tempo aparece alí pola miña casa un home que non me gusta nadiña, quere tócarme nos cascos e iso non me gusta, sempre ten que picarme cunha agulla e despois eu quedo coma atontado e teño que estar quietiño aínda que non queira, o home colócame uns zapatos que fan moito ruído e tampouco me gustan.
A tardiña van buscarnos e lévannos para a corte, a veces eu asustome un pouquiño porque teño que ir pola beira da estrada e os coches non respetan a velocidade, pasan coma tolos, hai algúns que pasan polo meu carón facendo moito ruído. De todas formas xa me vou afacendo pois non teño máis remedio, para ir ao prado non hai outro camiño e nesa estrada non se debería poder pasar de 50 porque hai sinais de poboación pero iso aos humanos non lle importa.
Eu vou pedirlle aquí aos políticos que poñan sinais de animais, os meus donos pedíronas hai tempo, pero como non están censados nese concello, pois eles viven en Ourense e votan en Ourense, non lles fixeron caso ningún.

3 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

Eu penso que é un bo momento para pedilo, xusto agora.
¿Ou queres que o pida eu?

Dilaida dijo...

Grazas polo ofrecemento, moitas grazas. Nós pedímoslla ao anterior alcalde e como "bo político" contestou con moi boas palabras pero despois foi colocar o sinal á estrada que baixa de Vilarchao a Paradela, pero nós pedímola para Lavandeira non para alí. O maior problema é cando pasan os camións, como a estrada é estreita os cabalos asústanse, e hai camións que reducen e teñen consideración pero os de Coren, nin reducen nin se arriman. Seguro que cando pase un accidente, despois poran o sinal.

rivela dijo...

Encantada de coñecerte Khalil!!, espero non asustarte se nos chegamos a atopar pola carretera de Lavandeira. saudiños