As Hamadríades:
Son os espíritos femininos que representan o poder divino das árbores. Nacen e morren á vez que as árbores compartindo con elas a felicidade cando medran e están verdes e os infortunios cando están secas e perden as follas.
Considerábanse espíritos benfeitores aos que era oportuno pedir a súa intervención.
Estas son oito : Karya (castiñeiro), Balanos (aciñeira), Kraneia (sanguiño), Morea (moreira), Aigeiros (chopo), Ptelea (olmo), Ampelos (vide), Syke (figueira).
Doutra banda as Dríadas, como parte da familia das Hamadríades, son as ninfas dos bosques, as que habitan no medio das árbores, mentres que as Hamadríades son as que nacen e morren coas árbores, cuxa vida depende da da árbore. Doutra banda, as Dríades deberían ser, segundo indica o seu nome, as ninfas das aciñeiras, como as Melíades o son dos freixos pero o certo é que se relacionaban con todas as árbores en xeral. Por esta asociación vital, as dríades e os deuses castigaban aos mortais que danaban as árbores sen ofrecer antes un tributo ás ninfas.
Dríope:
Era pastora e cuidaba os rabaños do seu pai preto do monte Eta. Filla de Driops, rei dos Dríopes de Ecalia. Apolo namorouse da moza cando esta se achaba coas ninfas Hamadríades e, tomando a figura dunha tartaruga, permitiu que as mozas xogasen con el a modo de pelota. Dríope depositou sobre as súas pernas á tartaruga, momento en que esta se metamorfoseou en serpe, facendo fuxir asustadas ás ninfas acompañantes da moza. Xa sós, Apolo adquiriu a súa verdadeira forma para acto seguido violar á súa vítima. Dríope quedou encinta, e sen contar o feito acaecido casou con Andremón quen recibiu, coma se fose seu, ao neno que procreara o deus, dándolle o nome de Anfiso.
Dríope acudiu un día co seu fillo e a súa irmá a certo lago en cuxa beira había unha flor de loto. A moza colleu a flor para darlla ao seu fillo, pero observou con sorpresa que brotaba sangue do talo cortado; en realidade era a ninfa Lotis, que tomara aquela forma para escapar á persecución amorosa do deus Príapo.
Ao retroceder, os seus pés quedaron inmóbiles formando unha raíz; esforzouse por arrincalos pero só conseguiu mover a parte superior do seu corpo; lentamente, unha branca cortiza comezou a medrarlle desde abaixo, e aos poucos oprimiulle as cadeiras. Cando se deu conta, desesperada, tirouse dos pelos, pero as súas mans só atoparon follas; toda a súa cabeza estaba ocupada pola ramaxe.
En canto ao neno, Anfiso, notou que se endurecían os peitos da súa nai, non acudindo o lácteo líquido cando succionaba. A súa irmá, abrazando o tronco e as ramas, intentou deter o seu crecemento. Tamén chegaron o seu marido e o seu pai, buscando a Dríope; Íole, sinalando co dedo, mostroulles a árbore do loto. Bicaron todos a madeira e, deixándose caer xunto ás raíces da árbore, abrazáronse a elas.
Xa nada quedaba da fermosa moza, a excepción do rostro, que non fose árbore. As bágoas caíanlle por milleiros sobre as follas que se formaron no seu desdichado corpo. Facendo un derradeiro esforzo, a súa boca deu paso á súa voz, lanzando ao aire estes queixumes:
"Sen culpa sufro castigo. Se se dá algún crédito aos desafortunados, xuro polos poderes divinos que non merezo esta atrocidade, levei unha vida tranquila, sen facer dano a ninguén. Que se me sequen e perda as follas que teño, que me corten con machadas e me queimen, lamentouse. Pero, por favor, quitade a este neno das pólas da súa nai, ocupádevos de que tome o leite e xogue debaixo da miña árbore e que cando poida falar veña a visitarme e diga entristecido: "A miña nai está oculta neste tronco". Pero que teña medo ao lago e non colla flores das plantas; pois debe saber, que todos os vexetais son corpos de deusas. Adeus, miña familia querida!
Deixou de existir ao mesmo tempo que a súa lingua terminou de falar, manténdose quentes durante un longo tempo as súas pólas, logo da transformación do seu corpo.

3 comentarios:
boas
Proba hoxe a entrar no blog de araque, eu onte non fun capaz e hoxe ,á primeira xa o conseguín. saudiños
Pois o día do vento, a hamadríade dunha miña mazaira, perdeu, cando menos, un brazo...
Con relación ó correo, dime que pós antes da @ da edu.
María Jesús púxenche o meu e-mail no teu blog. Sinto o da mazaira, a min rompeume o plastico que tapaba os rolos da herba, de todas formas puido ser peor, era moita a furia que traía...
Perdoa por non ler antes o teu comentario.
Publicar un comentario