miércoles, 25 de marzo de 2009

As verzas

Esta é a xefa e vixia da horta


Así de floridas están as miñas verzas

R
efraneiro das verzas
Se queres ó teu marido matar, dálle verzas por San Xoán.
As verzas en outono comen ao seu dono.
No outono as verzas xas pode comer o seu dono.
Planta as verzas polo San Martiño e plantarás para ti e para o vecino.
Cal de verzas, cal de papas, ataquemos as barazas.
As verzas de Fontán cóllense por san Sebaschán
As verzas por xaneiro saben a carneiro.
Avezouse o boi ás
verzas, non deixou verdes nin secas
Verzas de marzo, cesta no brazo


Fraseoloxía

andar na verza:Estar despistado
estar na horta e non ver as verzas: Non decatarse, non darse conta de nada
estar coma o unto ás verzas: estarlle tan ben coma se nacera nela; asentar como unha luva

Cantiga
Galiña que non pon ovos
é como moza sen dote,
é
como horta sen verzas,
é
como lume sin pote.

A verza é unha variedade de col (Brassica oleracea var. acephala), de toco bastante alto e follas longas, usada no caldo de verzas da Galiza e Portugal e tamén na confección da sopa coñecida como caldo verde típica de Portugal.

Caracterízase (e de aí o nome da variedade, acephala) porque as follas non forman a cabeza terminal típica das coles, senón que van nacendo ao longo do talo ou canoto.

Cultivo

Prefere climas fríos en vez de climas tropicais. Constitúe a variedade máis robusta de couve, tendo algunha caules subleñosos. Tolera case todo o tipo de solos, preferindo terreos con drenaxe satisfactoria -os terreos moi húmidos provocan a putrefacción das raíces que forman tubérculos como síntoma-. Son tamén moi resistentes ás pragas, como a mosca da col(Delia radicum), aínda que as larvas da bolboreta da col tamén provoquen algúns estragos nos cultivos.

Historia

Até o final da Idade Media, a verza constituía a verdura mais utilizada en Europa. Na Grecia xa se consumían variedades crespas ou máis lisas, no século IV a. C. Estas, xa referidas polos antigos romanos como couve sabeliana, son consideradas as formas ancestrais das verzas actuais. Hoxe pódense diferenciar de acordo coa lonxitude do caule e polas características das follas. A cor das follas varía entre o glauco, verde-escuro, verde-violáceo ou castaño-violeta.

Son vexetais ricos en ferro e vitamina C e calcio. Debido ao seu valor nutricional, é un dos alimentos preferidos dos vexetarianos

5 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

E, xa postos a explicar, ¿de ónde ven "verzotas"?
Xa vin que viches que Tere che adicou unha entrada "erótico festiva", claro que eu xa lle retruquei...ja,ja,ja.

rivela dijo...

E o agradecidos que lles temos que estar os galegos. ¡¡¡Canta fame nos quitaron da barriga aqueles caldos de berzas .....

Una dijo...

Maria Jesús que yo le dediqué una entrada de ARTE,¡qué fama me está poniendo doña Paradela! De verdad que me está haciendo reír con ganas a estas horas de la noche ja,ja.
En cuanto a las berzas no recuerdo si las he tomado alguna vez,ya nos costaba enfrentarnos a unas sopas de ajo.Seguro que me pierdo un buen alimento.
Besos

Fernando de la Riva dijo...

Me encantan tus berzas, y las fotos de tus plantas, y lo bien que suena el galego.
Tu página está llena de primavera.
Qué bien!
Un abrazo desde Cádiz.

Dilaida dijo...

Grazas a todos polo voso comentario