lunes, 30 de marzo de 2009

O marmeleiro








B
















Este é o meu marmeleiro esta fin de semana. Está esplendoroso



Marmeleiro: Árbore orixinaria de Asía Menor, de ata catro ou cinco metros de altura, cultivada polos seus froitos, chamados marmelos.

Solón, un dos sete sabios de Grecia e notable poeta, lexislara, segundo Plutarco, «que a noiva houbese de estar encerrada co noivo, e comer xuntos un marmelo».
Plutarco cita tamén esta lei nos seus Preceptos matrimoniais e cre que significa a obrigación da esposa de ser amable e solícita co esposo. Tamén relata que as noivas gregas mordían un marmelo para perfumar os seus beizos antes de entrar na cámara nupcial "a fin de que o primeiro bico non fose desagradable".
Dacier, tradutor de Plutarco ao francés, sinala que esta lei servía para que os esposos tomasen conciencia de que debían axudarse mutuamente, pois o marmelo parece ter virtudes de contraveneno. Pola súa banda, Rodríguez Marín, Luís Barahona de Soto engade que o comían as mulleres gregas para ter fillos varóns.
Con respecto á súa orixe, Covarrubias sinala: «Froita coñecida; no latín chámase malum cydonium, dunha vila de Creta chamada Cidón, de onde primeiro viñeron. [...] A etimoloxía de marmelo tráena algúns do diminutivo da palabra membrum, por certa semellanza que teñen os máis deles co membro xenital feminino»
O cultivo do marmelo quizá foi anterior ao da mazá, e é posible que a "mazá" citada no "Cantar dos Cantares" fora en realidade un marmelo. Entre os antigos gregos, ofrecíase marmelo nas vodas, un rito que chegou de Oriente co culto a Afrodita. Era un marmelo o premio que Paris concedeu a Afrodita.

Os romanos tamén usaban marmelos; o libro de cociña "De re coquinare" de Apicio proporciona receitas para guisar o marmelo con mel, e ata para combinalo, sorprendentemente, con allos porros.

Receita para pasteis de marmelos segundo Apicio
Toma os marmelos, os máis lisos que achares, pélaos, failles un buraco como un real desde o pé ata o outro cabo, e sácalle as pebidas. Encher a auga de azucre, canela e manteiga de vaca, tanto dun como doutro. Tapa o buraco con manteiga de vaca. Pon en cada marmelo unha ducia de cravos ( Syzygium aromaticum) enteiros. Pon en cada pastel tres ou catro marmelos, e os ocos baleiros do pastel éncheos de xemas de ovo; tapa o pastel e cóceo no forno. A masa do pastel será amasada con manteiga de vaca fresca.

Receita para empanadas de marmelos segundo Apicio
Os marmelos despois de pelalos e feitos cuartos poñelos nunha tixola, cubrilos de auga e mel. Posta a tixola ao lume, revolver os marmelos moitas veces. E cando estean brancos, quitalos e facer as empanadas. Postas as talladas dos marmelos na empanada, pór por riba azucre e canela; do mel en que coceron, un pouco. Tapada a empanada, cocer no forno. Facer na empanada un buraco e, a medio cocer, botarlle outro pouco de mel; e deixala acabar de cocer. Para ver se están cocidas ou non faredes así: meter polo buraco un pau, e se o mel fai fío está cocida e se non, non.

Plinio mencionou unha variedade, o marmelo de Mulvian, que se podía comer cru.
Columella mencionou tres variedades, unha das cales, "a mazá de ouro" que probablemente fose a froita do paraíso citada no Xardín de Hespérides e que deu o seu nome ao tomate en italiano (pomodoro).

O marmelo úsase para facer marmelada, compota e pudin, ou pode pelarse para posteriormente asalo. A súa forte aroma fai que sexa un complemento para engadir en pequenas cantidades ao pastel de mazá e á marmelada, para potenciar o sabor. O marmelo, ao mergullarse cortado en dous en auga de mar, ve substituído o seu sabor amargo por outro, doce e delicioso, e, polo tanto, comestible e moi san.

A miña receita de doce de marmelo:
Limpo os marmelos cun trapo para sacarlle a peluxe, peso os marmelos para saber canto azucre teño que utilizar (por cada kg de marmelo eu utilizo un kg de azucre moreno) e o zume de limón (un limón por 2 kg de marmelo).
Poño o marmelo a cocer partido en cachos, sen pelar, co azucre e o limón, con pouco lume, removendo de cando en vez, estará cocido cando a culler de madeira quede de pé sen tocarlle.
Pásoo pola batedora e antes de que arrefríe póñoo en moldes.
Comémolo durante todo o ano e está moi bo.

4 comentarios:

rivela dijo...

¡E o bo que está durante todo o ano, sobre todo nas ceas ,con queixo!un bico

mariajesusparadela dijo...

Non sin motivo hai un refrán castelán: "membrillo con queso sabe a beso".

Tere dijo...

Son unas historias muy interesantes,mi ignorancia en cuanto a plantas ya me causa vergüenza,sí recuerdo que de pequeña en mi pueblo los mordisqueábamos durísimos y de sabor muy fuerte,no sé cómo no nos dejábamos allí los dientes.
Mi madre nos hacía unas empanadas de membrillo riquísimas.
Un abrazo y una petición : no cambies tu lengua materna por mí,en mi blog puedes y debes escribir en gallego ¿quieres creer que hoy no he usado el traductor?ya me estoy acostumbrando a verlo escrito,en el digital+ a veces miraba algunos programas en la cadena gallega hace un tiempo.Nuestras lenguas tienen la misma madre así que con un poco de interés nos podemos entender.

Juan Antonio dijo...

Menos mal que habemos evolucionado por que a lenda ten unha pinta de machista que tira para atrás, a receita poñereina en practica ten boa pinta, grazas por ensinarnos algo mais da historia e por esta receita
Bicos