miércoles, 1 de abril de 2009

O monte de Chelos

A dereita da imaxe o río Miño. Onde antes había piñeiros agora só toxos e uces.

Ao chegar a Chelos o recendo é increíbel.
Chelos hai dous anos ardeu. Este é un monte que antes do incendio estaba cheo de piñeiros, érbedos, corticeiras e algúns carballos, agora está cheo de xestas, toxos algunhas uces e os troncos queimados de algunhas árbores; aínda de cando en vez pódese ver algún carballo que resistiu ao lume e os érbedos que volven agromar dende as raíces que non arderon.
Os madeireiros sacaron a madeira que lles servía e os troncos das árbores pequenas deixáronos ciscados polo monte. Algúns destes troncos aínda están en pé coma pantasmas, no medio de tanta fermosura.

Isto está fermosísimo, que boa é a natureza!!! Nós atacámola sen piedade e ela devólvenos isto.

Xestas brancas, Chelos está cheo destas flores. Os restos do lume despois de 2 anos, aínda están por todas partes.
Esta é unha xesta negra, xesta das vasoiras; xesta brava. Pódese ver tamén os troncos das árbores queimadas que non lle interesaron aos que levaron o resto da madeira

A PRIMAVERA Tomás de Iriarte

Xa alegra a campiña
a fresca primavera;
o bosque e a pradería
renovan o seu verdor.
Co asubiar das pólas
das árbores veciñas
acompañan os chios
do doce reiseñor.
Este é o tempo, Silvio,
o tempo do amor.

Escoita cal murmura
o regato manso;
ao sono e ao descanso
convida o seu rumor.
Que amena está a beira!
Que clara a corrente!
Cando exhalo o ambiente
máis delicioso o olor?
Este é o tempo, Silvio,
o tempo do amor.


Máis balbordo e máis temperá
aluma xa a aurora;
o sol os campos doura
con outro resplandor.
Desvístense os montes
do duro e triste xeo,
e vístese xa o ceo
da máis varia cor.
Este é o tempo, Silvio,
o tempo do amor.

As aves namóranse,
os peixes, os gandos,
e aínda se aman enlazadas
a árbore e a flor.
Natureza toda,
cobrando nova vida,
aplaude a vinda
de maio (abril) benfeitor.
Este é o tempo, Silvio,
o tempo do amor.

6 comentarios:

Kaplan dijo...

Fixouse vostede no vizosos que están os toxos este ano (xa se sabe, dun duro inverno, unha primavera excelente)

rivela dijo...

O primeiro que vexo ó erguerme é o Monte de Chelos. Por fin agora vai collendo cor coas xestas e carpazos, pero hai un tempo cando ardeu, era desolador mirar para el, igual que velo arder.¡bonitas fotos!

Juan Antonio dijo...

A primavera veu e ninguén sabe como a sido na primavera
A vida toma outra cor, todo parece facerse mais fácil,
non che sentes como antes a un costado...

A vida sorriche, máis na primavera, de todos
os amores recupérasche, unha nova esperanza
chega...

Así con esta filosofía, gozar a vida
é mais fácil, a primavera trae alegría...,
e a alegría sempre é boa... aínda que moitas
veces che de pena, a ausencia desta en moita
xente... que sen pensar mostra os dentes... e
non se deixa axudar...

Chego a primavera, a doce primavera, Xente
mala, Xente boa, todos gozan dela, as
mesmas flores idolátrana, os enamoradizos
tamén lle brindan cousas... ¿Por que será?
a primavera cae tan ben a todos...

Eu son só un home, que lle esta agradecido
vida, á primavera e a todas esas cousas...
que fan única á vida!
Saúdos primaverales

mariajesusparadela dijo...

Pero eso xa non volverá pasar nos comunais de Pradela-Outeiro e a Vilanova, cos traballos da Uxfor...ou, a lo menos, eso espero...

Isabel Romana dijo...

La naturaleza suele devolvernos bien por mal... Está precioso el monte y, aunque el fuego es un enemigo terrible, es cierto que las cenizas hacen fructificar la tierra. Saludos cordiales.

Dilaida dijo...

Kaplan ten razón despois dun inverno duro ...sempre sae o sol e agroman as plantas e as ilusións.

rivela que sorte! que envexa da boa polas vistas que tes, eu antes vía o monte Alegre, agora edificios...

Juan Antonio GRAZAS por estes saúdos poéticos.

María Jesús estiven tamén na Costa e vin as plantacións, está quedando todo de marabilla, a ver se podemos ver todos esas árbores cando produzan.

Isabel Romana é un honor recibirte os teus comentarios no meu blog. Grazas