jueves, 16 de abril de 2009

Comeuno o gato!!!

Un cura dunha aldea galega vía moi disgustado como os fregueses deixaban de ir á misa e non sabía que cousas facer nin como predicar para que volvesen a cumprir coma bos cristiáns. Cada día era máis grande a súa inquietude e non deixaba de cismar día tras día, como dar co remedio.
Un día ocorréuselle algo e parecéndolle boa idea, anunciou desde o púlpito que tivera un aviso de Deus e que o domingo seguinte ía haber un milagre, pois o Espírito Santo baixaría a terra para saber que fregueses ían a misa e cales non.
O sancristán que era un pouco babeco ao marcharen os fregueses preguntoulle ao cura:
-E logo, señor cura! Vostede como vai facer para que baixe o Espírito Santo?
O cura díxolle rindo:
-Non teñas coidado, home, xa o verás na súa hora! Mentres vas ir á feira, e sen que vexa ningún veciño, mercas unha pomba ben branca e tráesma agochada.
Chegado o día do milagre, a igrexa estaba chea, rematada a misa o señor cura dixo o seu sermón como era costume e falou de como os seus fregueses por seren tan desleixados ían todos camiño de condenarse. Engadiu tamén que ao ir ese domingo á misa o Espírito Santo había de velos cando chegase e daquela el había pedirlle que os perdoase, porque aínda que eran un pouquiño deixados, non eran malos cristiáns e rematou pedíndolle a Deus que enviase ao Espírito Santo.
Cando o señor cura deixou de falar oíronse moitos ruídos no faiado da igrexa. Os fregueses tremeron pensando que ía ocorrer o que dixera o cura, pero o Espírito Santo non baixou como eles agardaban.
O señor cura seguía a pedir unha e outra vez que o Espírito Santo baixase e entón apareceu o sancristán no alto da igrexa.
-Ai, señor cura! E como vai baixar?, ao Espírito Santo comeuno o gato.


"Antoloxía do conto popular galego" de Henrique Harguindey e Maruxa Barrio


2 comentarios:

Juan Antonio dijo...

Na vida topámosnos ás veces con encantadores tiburones, que ocultan trala súa magnética sorriso tres filas de dentes de sierra capaces de triturar sen esforzo toda a nosa entereza.

É duro ter que caer nos seus fauces para aprender esta lección de supervivencia, pero despois seremos capaces de recoñecer a tempo a ameaza da súa aleta emergiendo entre a multitude, e o brillo opaco dos seus ollos despiadados á espreita dunha nova presa. Pero xa non serás ti. Xa non.

Bicos

Joaquín Campos dijo...

PASATE POR MI CASA A RECOGER UNA ROSA - LA ROSA AMIGA - QUE TENGO PARA TI.