viernes, 15 de mayo de 2009

Carallo co angazo!!!

Manecho era un mozo que botara nas Américas e máis nas viaxes polo menos dez meses e xa levaba na casa dende que volvera seica dous ou tres, pero seguía sen botar unha man para o traballo. Un día que o seu pai estaba na aira traballando, Manecho estaba debaixo do alpendre para que non lle dese o sol e entretíñase movendo unha ferramenta coa punta do pé e entón pregúntalle ao seu pai:

-Mi padre! Diga vosté, mi padre, como llamás vós por acá a esta herramienta.

O pai mirou para el e non deu fala


-Es que vós no me oís, mi padre? -dixo o mozo

-Oín, home, oín! E logo ti non o sabes?. Esqueceuche o nome desa ferramenta?


Manecho nun descoido, fixo máis forza co pé, e o mango da ferramenta foille bater ao nariz.

-Carallo co angazo -dixo Manecho

-Ai, recorcio! Logo lembraches de contado o nome! -dixo o pai

anciño, ancazo, enciño, engazo, rastrelo e rastra.

1 comentario:

Una dijo...

¡Qué pronto se le fue la bobería!.Es genial.
Abrazos