lunes, 11 de mayo de 2009

Fraseoloxía


Só algunhas frases sobre os animais aínda quedan moitas máis

A cabra de miña veciña sempre dá máis leite cá miña: O que teñen os demais sempre semella mellor.

Cacarexa e non pór ovos: Aparentar e non ser

Andar coa troita: Andar aparvado, despistado

Ter a cabeza aos paxaros: Estar falto de siso

Atoparlle o teto á vaca: Descubrir algo rendoso

Ser un araña: Que se aproveita de todo

Ser un can ceboleiro: Persoa que come en todas partes onde o convidan

Comer coma un paxariño / pito: Comer pouco

Comprar unha mula: Embebedarse

Zugar máis que unha sambesuga: Beber viño; abusar economicamente de alguén.

Pillar a mona: Embebedarse

Ollos de curuxa: Miradas penetrantes

Ter o pelo coma unha cabuxa: Ter o pelo encerellado

Ter cara de can: Ter cara de malo

Ter mans de araña: Persoa á que lle caen facilmente as cousas das mans

Outro galo nos cantara: Outras serían as circunstancias.

Ala vai o burro coas noces: Aló se foi todo

Hanche mandar aviso as moscas: Vaiche boa!

Non arar cos bois de alguén: Desagradar alguén

Ola de grilos:Lugar onde hai moito balbordo.

Saírlle a alguén a galiña choca: Levar un chasco

Vai levar o carneiro ao monte: Díselle a alguén cando está a amolar.

Verlle as orellas ao lobo: Albiscar algún perigo ou situación.

Verlle as orellas á curuxa: Sufrir desgrazas.

Cada moucho no seu souto: Cadaquén é bo naquilo para o que vale

Caer do burro / -da burra: Recoñecer un erro, desistir.

Non ser a primeira zorra que un esfola: Ser experimentado.

Ser raposo vello: Saber moito por experiencia

Sacar o paxaro a beber: Ouriñar

Andar coa mosca na orella: Desconfiar

Pisada de boi, dente de lobo e facer moito, moito o bobo: Dise que é o consello que dan os pais aos fillos que emigran.

Aínda que me botes os cans ó rabo, léveme o demo se deixo o nabo: Un individuo que quere indicar que non cede.

Á cabra que tira ao monte, non hai cabreiro que a garde: A persoa que quere andar por mal camiño non hai forma de cambiala.

3 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

Pois eu,debe ser que son moi cuidadosa ¿?, sempre oira "baixar da burra"...

Elsis dijo...

La frase: la cabra al monte tira, es muy cierta, por más que quieras ayudar a una persona a salir del mal camino, si no quiere es imposible.

Te dejo mi cariño, cielo!

Tere dijo...

Compartimos algunas frases hechas:pillar la mona,comer como un pajarito,tener la cabeza llena de pájaros,oola de grillos,no bajarse del burro y alguna que otra más.
En mallorquín borracho se dice "gat"
Abrazos