jueves, 7 de mayo de 2009

Quen merca o leite?


imaxe tomada da internet
Os sindicatos chaman a unha rebelión do campo. A crise do sector lácteo agudízase.Leite Pascual anunciou o peche da súa fábrica de Outeiro de Rei e deixa de recoller leite na comunidade autónoma. A empresa anunciou aos 155 traballadores en Lugo a presentación dun expediente de extinción de contratos. Os sindicatos gandeiros galegos chaman a unha mobilización histórica.

A leiteira (tiven o atrevemento de pola en galego normativo)
Érgome ao abrir do día
inda alumea o luceiro,
e chegando a algún regueiro
bautizo con auga fría
o leite do meu pucheiro
porque mellor aproveite,
Quen merca o leite?

Madrugadores estudantes

hanche pasar pola veiga
e detéñense tunantes
pedindo nata, manteiga,
e que sei eu.... Banadantes!
mal fogo de Deus os deite,
Quen merca o leite?

Cando eu entro pola Vila

todos inda están na cama
en doce calma tranquila,
quen de sono os esperta?
eu que vou chama que chama
ata que algún se endereite,
Quen merca o leite?

E esperta algún señor
abrazando á compañeira
entre suspiros de amor,
pero grazas á Leiteira
que entre os seus brazos a estreite,
Quen merca o leite?

Corro á Vila sen parar

na cabeza posta a cesta
que relouco por comprar
un aderezo para a festa,
figa, rosario e pieite,
Quen merca o leite?

Tamén hei comprar xabrón

e unha cuartilla de aceite,
mais, ai! dou un tropezón,
adeus figa, adeus peite;
Meu Deus! que compaixón!
adeus aderezo, adeus leite!!!
Francisco Añón (1812 - 1878) un dos precursores do Rexurdimento galego.Curros Enriquez na súa obra "O divino Sainete" que é un poema satírico de tipo caricaturesco (inspirado na Divina Comedia de Dante), narra a peregrinación de Curros Enríquez a Roma, guiado por Francisco Añón (que se presenta como capitán da Santa Compaña galega) con motivo do ano xubilar celebrado polo pontífice León XIII.
A fábula da leiteira foi un tema do que escribiron entre outros: Esopo, Don Juan Manuel (s. XIV), Félix María de Samaniego (s. XVIII) ...

8 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

Que mal leite se nos pon.

rivela dijo...

En Rivela era moi comun que as mulleres recolleran o leite para despois levalo a vender á capital.Algunhas viñan dende Sequeiros ata Rivela, evidentemente no inverno cando ainda era noite. Saudiños

Tere dijo...

Creo que estas cuestiones son algunas de las razones por las que hay que ir a votar para el Parlamento Europeo,desde allí nos mueven los hilos.
Besos

Isabel Romana dijo...

No se puede entender demasiado bien esta crisis lechera. O, al menos, yo no lo logro. Pascual parecía una firma muy implantada en el mercado nacional... Espero que os podáis reponer pronto de este desastre. Un abrazo.

Gata Negra dijo...

Decirte que todavia me estoy peleando con el traductor que tienes en el blog, pero algun dia lo conseguire jajaja!!

y decirte tambien que te pases por mi blog cuando te sea posible y te lleves el premio al esfuerzo personal que he dejado alli para ti.

Un beso, y feliz domingo :)

Dilaida dijo...

María Jesús o refrán é moi vello "A río revolto ganancia de pescadores".

Rivela sei do que falas eu nacín na Peroxa e dos dez aos catorce anos baixaba no "coche de liña" todos os días a mañá (tiña que levantarme as 5,30 h.). A partir de Casanova comezaban a subir as leiteiras, case sempre o coche xa ía cheo, e a maioría tiñan que ir de pé, os días de feira colgadas das portas, tempos aqueles!.

Tere siempre hay razones para ir a votar aunque a veces no sirva de mucho, pero la democracia nos da ese derecho y por ningún motivo debemos dejar de ejercerlo.

Isabel Romana, claro que no se entiende, pero las empresas se acostumbraron a ganar el 100% y ahora si solo ganar el 90% ya dicen que la fábrica no es rentable, con los bancos está ocurriendo los mismo.

Gata Negra siento lo del traductor, no sé porque no te funciona bien. Gracias por el premio.

Adrisol dijo...

difícil de entender estas crisis lecheras, no????
que habrá detrás de todo ésto..

un abrazo, reina
buena semana para tí

Gata Negra dijo...

Oye!! ¿¿y ese premio que luce tan bien en tu blog??? jajajaja!!

Queria darte las gracias por aceptarlo. Ahora te toca a ti repartirlo :P

Ah, en cuanto a lo del traductor, no es que no funcione bien, se ve que yo tenia un dia espeso y no di con la tela, volvere a probarlo otro dia.

Besiños!