viernes, 15 de mayo de 2009

QUE SE MORRE A NOSA FALA NON HAI POBO NIN HAI TERRA!


¡ARRIBA POBO GALEGO,
ARRIBA LINGUA GALEGA,
QUE SE MORRE A NOSA FALA
NON HAI POBO NIN HAI TERRA!



O DÍA DAS LETRAS GALEGAS É O 17 DE MAIO

ESTE ANO O DÍA ESTÁ ADICADO A:

Ramón Piñeiro que naceu en Armea, na parroquia de Láncara, provincia de Lugo, o día 31 de maio do ano 1915 (Agosto de 1990).

OBRAS:

Nos anos 50 publica varios ensaios, como "Significado metafísico da Saudade" (1951), "A saudade en Rosalía" (1952), "Para unha filosofía de saudade" (1953). Invitado por diversas universidades participa en congresos, coloquios e conferencias. En 1984, estas obras foron integradas con "A Filosofía e o Home" e "Saudade e Sociedade" nun só volume baixo o título "A Filosofía da Saudade". En 1951 traduce ó galego con Celestino Fernández de la Vega, o "Cancioneiro da Poesía Céltica" de Julius Pokorny. En 1956 publican en Galaxia a conferencia "Von Wessen der Wahrkeit" de Martin Heidegger baixo o título galego "Da esencia da verdade".

ESTE É O CANTO DE DARIO XOHÁN CABANA, TITULADO "HISTORIA DA LINGUA GALEGA".,

ESTA PÁXINA ESTÁ COPIADA ÍNTEGRA DA PÁXINA: DÍA DAS LETRAS GALEGAS.COM


I
Miñas donas e señores,
nenos, vellos e medianos,
esta historia verdadeira
xa comeza cos romanos.
Era unha vez unha terra
que Gallaecia era chamada,
onde había moitas tribos
nunha idade antepasada.
Fabricaban xoias de ouro
de fina ourivesería,
mais as linguas ignoramos,
pois ningunha se escribía.
Chegaron despois de Roma
xentes ben organizadas,
que gañaron esta terra
polas armas esforzadas.


II
Asentáronse os romanos
en cidades que fixeron,
os antigos poboadores
dos seus castros descenderon.
Mesturáronse os dous pobos,
vencidos e vencedores,
e ó cabo dun certo tempo
non quedaron máis rancores.
Os romanos posuían
unha avanzada cultura,
e adiantaron moito as artes,
o comercio, a agricultura.
Falaban estes romanos
a ilustre lingua latina,
e ó cabo de pouco tempo,
Galicia por súa a tiña.

X
Ó principio do oitocentos
toda Galicia falaba
na lingua dos devanceiros
e ninguén se avergonzaba.
Pero en seguida empezaron
as xentes acomodadas
a pensar que eran máis finas
as palabras importadas.
Galicia xa tiña fendas,
xa o seu corpo se crebaba
pola mor dos desleigados
que a súa lei non lle gardaban.
Pero había peitos nobres
que pensaban doutro modo,
e anque en Carral os mataron
nunca os mataron de todo.
III
Media Europa e máis aínda
falaba latín daquela
coma Horacio e coma Ovidio,
coma Plauto e Columela.
Mais é de todos sabido
que a lingua que se falaba
non era o latín escrito,
anque moito lle imitaba.
Latín vulgar era a fala
na que entonces se entendía
desde o Miño ata o Danubio
canta xente alí vivía.
Desfeito o Imperio Romano
polas armas dos xermanos,
a lingua foise rompendo,
porque todo vai mudando.


XI
O seu espírito altivo
preludiaba o nacemento
das mil flores que serían
o noso Rexurdimento.
Añón, Pintos e Camino
e outra xente que escribía
na vella lingua galega,
preludiaba a Rosalía.
Rosalía a gran poeta
recobrou a dignidade
da língua que todo o pobo
gardara na adversidade.
Don Manuel Curros Enríquez
palabra de aceiro fino,
cantou a luz e o progreso
neste idioma campesino.
IV
Neste extremo de occidente
xa o falar se diferencia
do que falan en Italia
en Romenia e en Provenza.
Xa non podemos chamarlle
lingua latina a esta fala,
e chamámoslle galego
pra poder diferenciala.
Toda a xente desta terra
sen ningunha distinción
fala nesta nova lingua
que é o idioma da nación.
Os clérigos inda escriben
na antiga lingua romana,
pero o pobo non a entende,
pois xa queda ben lonxana.

XII
Língua de ouro nos facía
Pondal o bardo do pobo
cantando os fastos antigos
e un futuro libre e novo.
E entre tódolos poetas
a historia nos descubría
e fundaba o noso orgullo
aquel bo Manuel Murguía.
Entusiastas estudiosos
a gramática estudiaban,
recollían as palabras
e pulían e ordenaban.
Fundaron unha Academia
e as Irmandades da Fala,
que naceron na Coruña
para honrala e enxalzala.
V
Alá polo mil douscentos
a lingua que hoxe falamos
escomenza a ser escrita
por poetas e notarios.
Falan en lingua galega
reis,labregos e señores,
e os abades dos mosteiros
e os soldados e os doutores.
Unha grande poesía
cántase ó son das violas
polas prazas de Santiago,
por Toledo e por Lisboa.
Agres cántigas de escarño,
doces cántigas de amores
resplendían coma xemas
no cantar dos trobadores.
VI
Rei Afonso de Castela
cantaba a Santa María
coas palabras máis fermosas
que na nosa terra había.
Rei Denís de Portugal,
o amigo da agricultura,
na nosa língua cantaba
con extremos de dozura.
Martín Codax o de Vigo,
Airas Nunes e Mendiño,
dicían os seus cantares
nas terras que baña o Miño.
Pero Meogo trobaba
do cervo que a auga volvía
con tan belidos dicires
que os sentidos suspendía.

XIII
E tantas altas empresas
e tantos feitos honrosos
que en Galicia procuraban
un abrente esplendoroso.
Castelao e Vilar Ponte
Bóveda, Otero Pedrayo,
¡Que gran xente aquela xente,
que esplendor extraordinario!
No trinteseis o Estatuto
fixo un pouco de xusticia
recoñecendo o galego
como lingua de Galicia.
Pero a guerra fratricida
desfixo toda esperanza
e a vida de moita xente
de imborrable relembranza.
VII
A luz máis bela de Europa
resplendía en Compostela
como en terras de Occitania
de onde viña tanta estrela.
Historias de cabaleiros
e miragres de Santiago
en galego se contaban,
e as fazañas dos troianos.
E ordenanzas se escribían
e crónicas e tratados
e os acordos dos concellos
en galego eran labrados.
Mais despois tempos viñeron
que Galicia esmorecía,
porque nobres e señores
cometeron felonía.

XIV
Foron anos de silencio,
de persecución e pranto:
"A longa noite de pedra"
enchía os peitos de espanto.
Por fin foron renacendo
novas luces pequeniñas
e Galicia agurgullaba
nas xuntanzas clandestinas.
Novos poetas cantaron,
contaron os narradores,
e "a longa noite de pedra"
clarexaba cos fulgores.
Galaxia, O Castro, Castrelos
editaban en galego
e a patria nosa xurdía
e empezaba a ve-lo cego.

XV
En Santiago canta o Galo,
loce o Facho na Coruña
e en Ourense, Vigo e Lugo
dase nova testemuña.
A enseña da democracia
ten o brasón en galego
e na fábrica e nas aulas
soa a língua dos antergos.
Mozos sabios e patriotas
ordenan a lingua nosa;
fana culta e ordenada,
fana lóxica e fermosa.
Entra a lingua nas escolas
e se inda non é señora
ten dereitos proclamados,
anque ten máis a de fóra.
VIII

Viñeron xentes de fóra,
xentes de dentro marcharon,
e a lingua da nosa xente
nos escritos olvidaron.
Galicia foi sometida
polo xugo de Castela,
e os que mandan en Galicia
non falan na língua dela.
Pero as xentes desta terra,
columna do noso pobo,
non deixan de ser galegos
nin falan idioma novo.
Artesáns e mariñeiros
e burgueses e labregos
levan no peito Galicia
e nos labios o galego.

XVI
Xa se fala nos lugares
onde lle era antes vedado,
inda que hai quen a discute
porque hai moito desleigado.
Inda hai pais que son contrarios
a que a aprendan os seus fillos
sexa porque non o pensan
ou que os movan catro pillos.
Este noso antigo idioma
é unha lingua de cultura
e é vergoña pra un galego
non falala con soltura.
"O galego que non fala
na lingua da súa terra,
nin sabe o que ten de seu,
nin é merecente dela".
IX
Inda que os bispos de fóra
mandan rezar noutra língua,
a xente fala na súa
Galicia non sofre míngua.
Así van pasando os anos,
anos a ducias e centos,
e moitos anos máis tarde
fala o bo Martín Sarmiento.
Padre Sarmiento Bieito
non quere de fóra un crego,
nin oficial de xusticia
que non fale en bo galego.
Douscentos anos pasaron
desque escribiu este frade,
e inda todo o que el quería
dista ben de ser verdade.

XVII
Así falaba un poeta
noutro tempo deste asunto,
e agora vai sendo hora
de poñerlle á historia punto.
Esta historia é diferente
doutros romances de cegos;
non se sabe inda o remate,
pois depende dos galegos.
Nenos, homes e mulleres
desta terra adormentada,
rematouse xa o romance,
e escomenza a pandeirada:



1 comentario:

Tere dijo...

Cada lengua que muere desaparece una civilización,un modo de sentir la vida.¡Feliz día! Abrazos