miércoles, 17 de junio de 2009

A Mapoula/ Papoula e Hipnos/ Somnus




Mapoulas/Papoulas do meu xardín


Hipnos/ Somnus (imaxe tomada de internet)



Mapoulas/ Papoulas do meu xardín

Hipnos / Somnus


Na mitoloxía grega, Hipnos, Somnus na romana, era a personificación do sono. A súa nai era Nix, a noite, que o tivo sen intervención masculina, aínda que nalgunha outra tradición o seu pai foi Érebo. Era irmán xemelgo (ou medio irmán) de Tánatos, a morte non violenta.

No Libro 14 da Ilíada de Homero hai unha interesante cita de Hipnos, o deus menor do soño, na que lembra a Hera un antigo favor despois de que esta lle pedira que fixera durmir a Zeus. Hipnos fixo durmir anteriormente a Zeus unha vez a instancias de Hera, o que lle permitiu causar grandes infortunios a Heracles (quen regresaba por mar da Troia de Laomedonte). Zeus montou en cólera e estivo a punto de arroxar a Hipnos ao mar se este non fuxise asustado a carón de Nix, a súa nai. Hipnos segue dicindo que Zeus, temendo enfadar a Nix, contivo a súa furia e desta forma Hipnos logrou escapar.

Con Pasítea tivo mil fillos, os Oniros. Os tres máis importantes: Morfeo, Iquelo e Fantaso.

Na Metamorfose
Libro XI ( Ceix y Alcíone) no verso 583, Ovidio cóntanos como Hera recorreu a Hipnos, a través de Iris, para que adoptase a forma de Ceix, e en soños, se lle presentase a súa muller Alcíone, e lle explicase a súa morte, pois a pobre Alcíone esperaba ansiosa o regreso do seu marido ignorando que este morrera había tempo.

'Iri, meae' dixit 'fidissima nuntia vocis,vise soporiferam Somni velociter aulamexstinctique iube Ceycis imagine mittat somnia ad Alcyonen veros narrantia casus. 'Iris, dixo, da miña voz fidelísima mensaxeira, visita velozmente a soporífera corte de Somnus, e do difunto Ceix, ordénalle, envíe coa súa imaxe uns soños a Alcyonem, que narren os verdadeiros sucesos.
Continua Ovido, describindo como Iris obedece a Hera e vai á morada de Somnus, nos seguintes versos descríbenos a morada do deus do sono e remata así:

(saxo tamen exit ab imo rivus aquae Lethes, per quem cum murmure labens invitat somnos crepitantibus unda lapillis)
dunha rocha, aínda así, fonda, sae o arroio da auga do Esquecemento, grazas ao cal, co seu murmurio escorregando, invita aos sonos a súa onda cos seus estralantes seixos.

(ante fores antri fecunda papavera florent innumeraeque herbae, quarum de lacte soporem Nox legit et spargit per opacas umida terras)
Ante as portas da cova fecundas mapoulas florecen e innumerables herbas de cuxo leite o sopor a Noite cultiva e o espalla húmido polas opacas terras.

Os atributos do deus inclúen un corno de opio indutor de sono, un talo de mapoula, unha póla da que pinga o resío do río Lete e un facho invertido.

Mapoula, lindísima mapoula,
Será sempre a miña alma túa soa.

Eu quérote, amada nena miña,
O mesmo que ama a flor a luz do día.


Mapoula, lindísima mapoula,
Non sexas tan ingrata e ámame.
Mapoula, mapoula

Como podes ti vivir tan soa.

Eu quérote, amada nena miña.

Igual que ama a flor a luz do día.
Mapoula, lindísima mapoula,
Non sexas tan ingrata e ámame.
Mapoula, mapoula
Como podes ti vivir tan soa.

Andrea Bocelli

3 comentarios:

la verdad oculta del ser dijo...

precioso

Una dijo...

Son preciosas y delicadas,las recuerdo de niña de recogerlas por las laderas de los caminos.En cuanto vi las fotos me vino a la mente esa cancioncilla que has puesto.
Creo que tendré que volver a leer el texto porque ¿es un atributo masculino el tallo de la amapola?
Besos

Una dijo...

¿Será buena contra el insomnio?
Siempre me resultó un lío la mitología griega,necesito un organigrama para entenderla.Besos