viernes, 10 de julio de 2009

A Lúa e a rosa








No silencio estrelado
a Lúa daba á rosa
e a aroma da noite
enchíalle -sedenta boca-
o padal do espírito,
que durmindo a súa anguria
abríase ao ceo nocturno
de Deus e a súa Nai toda...

Toda cabelos tranquilos,
a Lúa, tranquila e soa,
acariñaba á Terra
cos seus cabelos de rosa
silvestre, branca, escondida...

A Terra, desde as súas rochas,
exhalaba as súas entrañas
fundidas de amor, a súa aroma...

Entre as silvas, o seu niño,

era outra lúa a rosa,
toda cabelos callados
no berce,a súa corola;
as cabeleiras mexidas
da Lúa e da rosa
e no crisol da noite
fundidas nunha soa...

No silencio estrelado
a Lúa daba á rosa
mentres a rosa se daba
á Lúa, quieta e soa.

Miguel de Unamuno


2 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

Xa dixeches que ías recurrir a Unamuno. A min, de él, encantoume un poema que ten pola morte do seu can.

Tanhäuser dijo...

Qué bien suena Unamuno en galego.

Un abrazo