martes, 1 de diciembre de 2009

Aniversario da morte de Blanco Amor

Hoxe 1 de decembro hai 30 anos que morreu un dos grandes da literatura galega, Eduardo Blanco Amor que nacera en Ourense no ano 1897. Como poeta ten libros en castelán e galego. Entre a súa obra en galego están: “Romances galegos” (1928), “Poema en catro tempos” (1931) e “Cancioneiro”1956. Como narrador, publicou tres libros en galego: “A esmorga” (1959), “Os biosbardos” (1962) e “Xente ao lonxe” (1972). O seu teatro pretende popularizar a linguaxe dramática e ten intención didáctica. Os temas son variados: o amor, as reflexións sobre a condición humana, a idea de Deus na sociedade actual,... Escribiu: “Farsas para títeres” e “Teatro pra xente”.

Aí vai un dos seus poemas:

Romance de Feitizo de amor


Arrimeime a un pino verde


por ver si me consolaba...



Arrimeime a un pino verde


contando estar acollido


menos da choiva do ceo


que do meu propio feitizo.


Pedinlle consolo ao ar


pasou o ar fuxitivo;


pedinlle consolo ás augas


de min se arredaron rindo;


sentei na beira do mar,


atopeime tan cativo!


Quixen deprender coas ondas


só deprendín suspiros.


quixen parolar coas nubes


tan altas non me sentiron.


Aos paxaros rexoubeiros


mostreilles o meu sino,


os paxaros peteiraron


no meu corazón ferido.


Fun aconsellar coas pedras


vellas coma o mundo mesmo


mostráronme a súa dureza


e eu entendín o seu dito.


Canso do longo penar


arrimeime a un verde pino


e faleille: Entenderás


ti a miña dor, irmanciño?


E en troques de responder


botouse a chorar comigo!







Versión en castelán


Me arrimé a un pino verde
por ver sí me consolaba...
Me arrimé a un pino verde
creyendo estar acogido
menos de la lluvia del cielo
que de mi propio hechizo.

Le pedí consuelo al aire
pasó el aire fugitivo;
le pedí consuelo a las aguas
de mí se alejaron riendo;
me senté en la orilla del mar,
¡me encontré tan pequeño!

Quise asirme a las olas
sólo encontré suspiros.
quise conversar con las nubes
tan altas no me sintieron.

A los pájaros alegres
les mostré mi sino,
los pájaros picotearon
en mi corazón herido.

Me fui a aconsejar con las piedras
viejas como el mundo mismo
me mostraron su dureza
y yo entendí su dicho.

Cansado del largo penar
me arrimé a un verde pino
y le hablé: ¿Entenderás
tu mi dolor, hermanito?

Y en vez de responder
¡se echó a llorar conmigo!

4 comentarios:

Felipe Medina dijo...

No conocía a Eduardo Blanco Amor


el poema es desconsuelo y soledad aunque llame a la Naturaleza

RGAlmazán dijo...

Yo tampoco le conocía. Un bello poema.

Salud y República

mariajesusparadela dijo...

O que máis me gusta de Blanco Amor (qué novidade) é "A esmorga", con toda a súa crudeza, con todo o seu contido, coa su forma narrativa xenial. Coa súa tenreza.

Juan Carlos dijo...

¡Qué hermoso!