viernes, 29 de julio de 2011

Granito



Aí están, no cume do monte, sen mantas nin sombreiros,

as grises pedras de granito soportando veráns e invernos,


testemuñas silandeiras das vicisitudes do tempo,


conservan na súa memoria as marcas que deixaron


macetas, cuñas, punteiros, ciceis, buxardas, pauferros,


e moitas outras ferramentas dos mestres canteiros.



De granito son os pazos, de granito os cruceiros


tamén é a lareira na que cociñaban os antergos,


de granito son as airas para mallar o centeo


e sobre o granito álzanse os nosos cabaceiros,
as paredes das casas e as lápidas dos cemiterios.
veneramos ao granito nos nosos monumentos.






Versión en castelán


Ahí están, en la cumbre del monte, sin mantas ni sombreros,


las grises piedras de granito, soportando veranos e inviernos,


testigos silenciosos de las vicisitudes del tiempo,


conservan en su memoria las marcas que dejaron

mazas, cuñas,cinceles, bujardas, palancas, punteros

y otras muchas herramientas de los maestros canteros.



De granito son los pazos, de granito los cruceiros

de granito es el lar en el que cocinaban los ancestros,


de granito son las eras para trillar el centeno

y también sobre granito se alzan los horreos gallegos,


las paredes de las casas y las lápidas de los cementerios,

veneramos al granito en nuestros monumentos.

14 comentarios:

Aldabra dijo...

granito
pedra forte
fermosa
pero fría

moi fría,
mais cando está nas tumbas
dos que quixemos.

biquiños pero non de pedra,

p.d.: ¿acórdaste de enviarme as fotos dos teus cans?, tamén aceptamos cabalos, Ron (Ronciño para os amigos... je je...), non fai distincións, xa o sabes.

mariajesusparadela dijo...

Galicia e a pedra parecen a mesma cousa.
E, en espacios como Paradela, cúmplense o versos...

RGAlmazán dijo...

El granito nos acompaña, nos ha acompañado y nos acompañará, aunque muchas otras materias, cada vez más, lo sustituyen, nunca llegarán a la belleza del granito.
Bicos

Salud y República

MAMÉ VALDÉS dijo...

Piedra dura como el granito, nos acompañado desde siempre buen homenaje y recorrido por tu tierra. Un saludo.

Jose Vte. dijo...

También se dice que alguien tiene la cara dura como el granito, para referirnos a quien es extremadamente falso y mentiroso.
Un bello homenaje en forma de poesía a un material tan sencillo y milenario como el granito.

Un abrazo

Isabel Martínez Barquero dijo...

Material duro y resistente como pocos.
Las piedras nos contemplan, Dilaida. Estuvieron antes que nosotros y seguirán cuando nos vayamos. Si pudieran hablar...
Un poema descriptivo muy bonito.
Bicos.

Encarni dijo...

Hermoso poema Dilaida, me ha gustado mucho, fuerte como las piedras, duro como el granito, como algunas personas que se enfrentan con la vida dura.

Un abrazo.

zeltia dijo...

nunca vira un poema adicado ao granito,
sorprendíchesme
e grazas por recordarme como o granito forma parte da nosa terra,
da nosa cultura,
das nosas vidas.

[malia o radón]

Txema dijo...

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.

bicos

Anna Jorba Ricart dijo...

En esta entrada dedicada a esta dura y resistente piedra cuanta belleza has puesto y tambien en los comentarios.

Ciberculturalia dijo...

Un estupendo poema para un material dignísimo e insustituible que tantas cosas bellas nos ha dejado
Un beso

Xan dijo...

É ben certo que o granito acompáñanos durante a vida e en moitos casos despues da morte.
Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

Con esa "xente" que está no cume do monte, pelexo eu cada día (incluso ás veces, no devir dos soños, atácolle de noite).
Así teño as mans cheas de feridas (e o cerebro cheo de callos); pero cando alguén lles canta así de fermoso...práceme.

Un (ou dous, qué carallo) bicos.

Chousa da Alcandra dijo...

Esqueceume engadir que Luar Na Lubre atreveuse -solo o podían facer eles ou outros tres- a cantarlle ós canteiros. No último disco "Solsticio", hai un tema adicado. Viña ben para acompañar este magnífico texto. Agora van ser tres os bicos