viernes, 28 de octubre de 2011

Níobe


Monte Sipilo (Turquia) imaxes tomadas da rede
Enlace
Ovidio, Metamorfose, libro VI (146-312)

Níobe
era filla de Tántalo e casou con Anfíon (que tocaba moi ben a lira), fillo de Antíope e Xúpiter, irmán xemelgo de Zeto. Níobe estaba moi orgullosa dos seus sete fillos e sete fillas, considerábase a máis feliz das nais.

Manto, a filla de Tiresias (adiviño cego de Tebas), que coñecía o porvir, pronunciara este vaticinio:

- "Isménides, marchade en tromba e ofrecede á Latona e aos dous Latoníxenas (Apolo e Diana) piadosos incensos acompañados de pregarias, e adornade de loureiro os vosos cabelos. Pola miña boca mándao Latona".

Todas as tebanas obedecen, adornan as súas frontes e ofrecen ao lume sagrado, incenso e oracións.

Cando chega Níobe acompañada dun cortexo de seguidores, magnífica pola súa roupa frixia de brocado de ouro, e tan fermosa como lle permite a súa cólera, axitando os cabelos que lle caen polos ombreiros, detívose e despois de pasear a súa mirada soberbia ao seu redor, dixo:

-"Que loucura é antepoñer deuses oídos a deuses vistos? E por que Latona é venerada nos altares e pola contra a miña divindade está aínda sen incenso?. O meu pai é Tantalo, ao que se lle permitiu probar as mesas dos deuses; a miña nai é a irmá das Pléiades; o xigantesco Atlas é o meu avó, o que sobre o seu pescozo sostén o eixo do mundo; Xúpiter o meu outro avó tamén teño a honra de telo como sogro. Téñenme medo os pobos de Frixia, son a señora do palacio real de Cadmo e a poboación que o habita está gobernada por min e o meu esposo. Ás miñas riquezas hai que engadir a miña figura, digna dunha deusa; pero engade aínda as sete fillas e outros tantos fillos e pronto tamén xenros e noras. Preguntade agora os motivos que teño para estar orgullosa, atrevédevos a poñer por riba de min á Titánida Latona... Ela só foi nai de dous fillos...Son demasiado grande para que poida facerme dano a Fortuna... As miñas posesións están fóra de temor... Dádevos présa en abandonar eses cultos e quitade o loureiro dos cabelos".

A xente fai caso a Níobe e deixa sen rematar o culto a Latona.
Latona dálle as queixas aos seus fillos, Apolo e Diana, que baixan a vingar á súa nai, matando a todos os fillos varóns de Níobe. Cando chegou a nova aos pais, Anfíon atravesou o seu peito coa espada. Níobe aflixida dobrase sobre os corpos fríos e dálles os seus últimos beixos. Levanta os seus brazos ao ceo e di:

-"Aliméntate, cruel Latona, coa miña dor, aliméntate e sacia o teu corazón co meu loito, sacia o teu fero corazón. Estas sete mortes significan o meu enterro. Gózate e trunfa, inimiga vitoriosa. Pero, por que vitoriosa?. Máis me queda a min na desgraza que a ti na túa felicidade: incluso despois de tantas mortes sigo ganando eu".


Cando rematou de falar comezaron a caer mortas as súas fillas, unha por unha. Cando xa só quedaba unha viva, a nai tapouna co seu corpo gritando:

- "Déixame só a máis pequena! De entre tantas pídoche á máis pequena, só a unha!".

Mentres suplica morre aquela pola que suplica. Sen prole xa, sentou entre os seus fillos, fillas e marido sen vida, e pola súa desgraza volveuse ríxida: a brisa xa non move os seus cabelos, na súa cara hai unha cor exsangüe, os seus ollos están inmóbiles e nada hai vivo xa naquela figura. Por dentro a mesma lingua xélida pégaselle ao padal e as veas cesan de ter movemento, xa non pode dobrar o pescozo, nin os brazos fan movemento, nin os pés camiñan, as súas vísceras convertéronse en pedra. Pero aínda así, chora.

Uns ventos fortes levan ao seu corpo a súa patria, suxeita no cume da montaña, licúase e aínda agora seguen os mármores manando lágrimas

D
un risco do monte Sípilo (Turquía) mana unha fonte, din que a rocha é Níobe petrificada e a fonte, as súas lágrimas perpetuas.




Versión en castelán



Níobe
era hija de Tántalo y se casó con Anfíon(que tocaba moi ben a lira), hijo de Antíope y Júpiter, hermano gemelo de Zeto. Níobe estaba muy orgullosa de sus siete hijos y siete hijas, se consideraba la más feliz de las madres.


Manto, la hija de
Tiresias (adivino ciego de Tebas), que conocía el porvenir, había pronunciado este vaticinio:


- "
Isménides, marchad en tromba y ofreced a la Latona y a los dos Latoníxenas (Apolo y Diana) piadosos inciensos acompañados de plegarias, y adornad de laurel vuestros cabellos. Por mi boca lo manda Latona".

Todas las
tebanas obedecen, adornan sus frentes y ofrecen al fuego sagrado, incienso y oraciones.


Cuando llega
Níobe acompañada de un cortejo de seguidores, magnífica por su ropa frigia de brocado de oro, y tan hermosa como le permite su cólera, agitando los cabellos que le caen por los hombros, se detuvo y después de pasear su mirada soberbia a su alrededor, dijo:


-"Que locura es anteponer dioses oídos a dioses vistos? Y por que
Latona es venerada en los altares y por el contrario mi divinidad está aún sin incienso?. Mi padre es Tantalo, al que se le permitió probar las mesas de los dioses; mi madre es la hermana de las Pléyades; el gigantesco Atlas es mi abuelo, el que sobre su cuello sostiene el eje del mundo; Júpiter, mío otro abuelo, también tengo la honra de tenerlo como suegro. Me tienen miedo los pueblos de Frigia, soy la señora del palacio real de Cadmo y la población que lo habita está gobernada por mí y mi esposo. A mis riquezas hay que añadir mi figura, digna de una diosa; pero añade aún las siete hijas y otros tantos hijos y pronto también yernos y nueras. Preguntad ahora los motivos que tengo para estar orgullosa, atreveos a poner por encima de mí a la Titánida Latona... Ella sólo fue madre de dos hijos... Soy demasiado grande para que pueda hacerme daño la Fortuna... Mis posesiones están fuera de temor... Daros prisa en abandonar esos cultos y quitad el laurel de los cabellos".

La gente hace caso a
Níobe y deja sin rematar el culto a Latona. Latona le da las quejas a sus hijos, Apolo y Diana, que bajan a vengar a su madre, matando a todos los hijos varones de Níobe. Cuando llegó la noticia a los padres, Anfíon atravesó su pecho con la espada. Níobe afligida doblada sobre los cuerpos fríos les da sus últimos besos. Levanta sus brazos al cielo y dice:


-"Te alimentas, cruel
Latona, con mi dolor, te alimentas y sacias tu corazón con mi luto, y sacias tu fiero corazón. Estas siete muertes significan mi entierro. Tú disfruta y triunfa, enemiga victoriosa. Pero, por que victoriosa?. Más me queda a mí en la desgracia que a ti en tu felicidad: incluso después de tantas muertes sigo ganando yo".

Cuando terminó de hablar comenzaron a caer muertas sus hijas, una por una. Cuando ya sólo quedaba una viva, la madre la tapó con su cuerpo gritando:


- "
Déjame sólo la más pequeña! De entre tantas te pido a la más pequeña, sólo una!".

Mientras suplica muere aquella por la que suplica. Sin prole ya, se sentó entre sus hijos, hijas y marido sin vida, y por su desgracia se volvió rígida; la brisa ya no mueve sus cabellos, en su cara hay un color exangüe, sus ojos están inmóviles y nada hay vivo ya en aquella figura. Por dentro la misma lengua gélida se le pega al paladar y las venas cesan de tener movimiento, ya no puede doblar el cuello, ni los brazos hacen movimiento, ni los pies caminan, sus vísceras se convirtieron en piedra. Pero aun así, llora. Unos vientos fuertes llevan su cuerpo a su patria, sujeta en la cumbre de la montaña, se licua
y aun ahora siguen los mármoles manando lágrimas
De un
risco del monte Sípilo (Turquía) mana una fuente, dicen que la roca es Níobe petrificada y la fuente, sus lágrimas perpetuas.





12 comentarios:

Txema dijo...

Los dioses, oídos o vistos son de poco fíar.

Bicos

Paz Zeltia dijo...

Unha figura coma a de esa rocha forzosamente tiña que xerar moitas lendas e misterios.
Pero esta lenda é terríble [e preciosa]
Moitas grazas por compartir os teus coñecementos. A mitoloxía cos seus deuses humanizados ten historias interesantísimas, inda que eu me faga un lío cos pais cos fillos [e a nai que os pariu] ;-)

RGAlmazán dijo...

Otro bello, pero triste, pasaje mitológico. Precioso. Bicos

Isabel Martínez Barquero dijo...

Me apasionan las historias mitológicas que nos cuentas, querida Dilaida, y como las cuentas, claro.
Preciosa la entrada, una auténtica joya propia de tu buen hacer.
Bicos.

Maripaz dijo...

Dilaida, es un auténtico placer leer de tu mano estas bellas historias de la mitologia.
Muchas gracias.
Bicos

A nena do paraugas dijo...

Sempre atopas algo mitolóxico para traer aquí e, a verdade, paso moi bo rato lendo...

Bicos.

emejota dijo...

Si si, como para fiarse de los dioses del Olimpo. hechos a imagen y semejanza nuestra. Triste historia. Bico.

mariajesusparadela dijo...

A mitoloxía é fonte de arte. Non hai mais que leerte para decatarse.

Anónimo dijo...

Dilaida, me ha parecido genial esta entrada, no solo por lo desconocida para mi y que haces que me guste la mitologia, sino por el contenido del que se puede aprender.
Me resultan familiares algunas actitudes....¿que será?.
Gracias por este trabajo que compartes.
Deseo que sigas bien.

Raposo dijo...

Terrible historia mitolóxica; hai que desconfiar dos deuses!

Rafael Humberto Lizarazo Goyeneche dijo...

Hola, Dilaida:

Una historia atrapante y misteriosa, hoy he quedado encantado con tu entrada pues no conocía este pasaje mitológico.

La imagen lo dice todo.

Un abrazo.

m.eugènia creus-piqué dijo...

Me encanta la mitología Dilaida, pero conozco muy poco de ella, aparte de que me lío bastante con los nombres.Un petonet.