miércoles, 22 de junio de 2011

Quero reivindicar que tamén hai cansfrauta e cadelasfrauta.



A min non me importa ser unha cadelafrauta que xa teño adestrado ao Zar de bailarín, e non tardando moito, teremos unha orquestra, para actuar nas prazas e xardíns.

(A mi no me importa ser una perraflauta que ya tengo adiestrado al Zar de bailarín, y dentro de poco, tendremos una orquesta, para actuar en las plazas y jardines.)



Goucho e Susi manexan todos os instrumentos

(Groucho y Susi manejan todos los instrumentos)



Greta será a cantanta.



-Ola Rosa! Esa que está aí, que vén sendo, a túa filla?

-¡Hola Rosa! Esa que está ahí, ¿no será tu hija?

-Pois claro, é a miña rapaza.

-Pues claro, es mi niña

-Éche ben feitiña, ven aquí rapaza, como te chamas?

- Es muy guapa, ven aquí niña, ¿cómo te llamas?

-Rosiña e cando sexa moza vou ser cantanta.

-Rosiña y cuando sea mayor voy a ser cantanta.

lunes, 20 de junio de 2011

Nuboeiros e falsas historias




Nestes tempos revoltos, con tantas Falsas Historias non está mal lembrar a Luciano de Somosata e a súa "Historia Verdadeira". Aínda que só sexa por aquilo de manter a cabeza ocupada...


"Escribo, por tanto, sobre cousas que xamais vin, tratei ou aprendín doutros, que non existen en absoluto nin por principio poden existir"
.
Con esta premisa Luciano de Samosata (125 - 181? d.C.) constrúe a súa "Historia Verdadeira".



O relato comeza cunha viaxe en barco que, por motivos misteriosos, é arrastrado por unhas ondas con cristas extraordinarias cara á Lúa. Xa no satélite, o protagonista comeza a ser testemuña de sucesos incríbeis, con todo, é o encontro cos selenitas, o de maior rareza. Estes seres, enigmáticos e rechamantes, contaban con algunhas das máis estrañas características físicas, como a carencia de ano e a posibilidade de quitarse e poñerse os ollos a gusto e pracer -suceso que impresiona en gran medida ao protagonista-.

Era un mundo sen mulleres
"Non deben o seu nacemento ás mulleres, senón aos homes; pois os matrimonios teñen lugar entre homes e descoñecen por completo até o nome de muller. Alí até os vinte e cinco anos, un é desposado, e a partir desta idade, un desposa á súa vez activamente. Non levan aos fillos no ventre, senón na barriga da perna. Cando esta concibiu, a perna empreña, chegado o momento , practícase unha incisión e extraen dela un fillo morto ao que insuflan a vida expóndoo coa boca aberta ao vento... Hai entre eles unha raza de homes chamados dendritas. Velaquí como nace. Córtase o testículo dereito dun home, plántase en terra e del nace unha gran árbore, semellante a un falo. Ten pólas e follas. Os seus froitos son glandes dun cóbado de longo. Cando maduraron recóllense e deles debúllanse aos homes. Pero as súas partes sexuais son postizas: algúns téñenas de marfil;; os pobres de madeira. E con iso cobren e empreñan a quen desposaron"


Así como as súas rarezas corporais as destrezas e habilidades dos Selenitas eran absolutamente remarcábeis, por exemplo: a habilidade de fiar o vidro e o metal, podendo construír armaduras liviás e impenetrábeis, e a posibilidade de beber zumes de aire.


Durante a súa estancia na Lúa, ademais de sorprenderse cos selenitas, logra tamén presenciar un conflito astronómico entre o Emperador Selenito e o Emperador Solar.




Versión en Castelán



En estos tiempos revueltos, con tantas Falsas Historias no está mal recordar a Luciano de Somosata y su "Historia Verdadera". Aunque sólo sea para mantener la cabeza ocupada...

“Escribo, por tanto, sobre cosas que jamás vi, traté o aprendí de otros, que no existen en absoluto ni por principio pueden existir”
. Con ésta premisa Luciano de Samosata (125 - 181? d.C.) construye su “Historia Verdadera”.

El relato comienza con un viaje en barco que, por motivos misteriosos, es arrastrado por un oleaje con crestas extraordinarias hacia la Luna. Ya en el satélite natural, el protagonista comienza a ser testigo de sucesos increíbles, sin embargo, es el encuentro con los selenitas, el de mayor rareza. Estos seres, enigmáticos y llamativos, contaban con algunas de las más extrañas características físicas, como la carencia de ano y la posibilidad de quitarse y ponerse los ojos a gusto y placer -suceso que impresiona en gran medida al protagonista-.

Era un mundo sin mujeres
"
No deben su nacimiento a mujeres, sino a varones; pues los matrimonios tienen lugar entre varones y desconocen por completo hasta el nombre de mujer. Allí hasta los veinticinco años, uno es desposado, y a partir de esta edad, uno desposa a su vez activamente. No llevan a los hijos en el vientre, sino en la pantorrilla. Cuando ésta ha concebido, la pierna se preña, llegado el momento , se practica una incisión y extraen de ella un hijo muerto al que insuflan la vida exponiéndolo con la boca abierta al viento... Hay entre ellos una raza de hombres llamados dendritas. He aquí cómo nace. Se corta el testículo derecho de un hombre, se planta en tierra y de él nace un gran árbol, semejante a un falo. Tiene ramas y hojas. Sus frutos son glandes de un codo de largo. Cuando han madurado se los recoge y de ellos se desgrana a los hombres. Pero sus partes sexuales son postizas: algunos las tienen de marfil;; los pobres de madera. Y con eso cubren y preñan a quienes han desposado"

Así como sus rarezas corporales las destrezas y habilidades de los Selenitas eran absolutamente remarcables, como por ejemplo
:
la habilidad de hilar el vidrio y el metal, pudiendo construir armaduras livianas e impenetrables, y la posibilidad de beber zumos de aire.

Durante su estancia en la Luna, además de sorprenderse con los selenitas, logra también presenciar un conflicto astronómico entre el Emperador Selenito y el Emperador Solar.

martes, 7 de junio de 2011

Hipocrene ou a Fonte do cabalo



Hipocrene (Ovidio, Metamorfose, Lib. V (250-268): É a fonte que fixo manar cun couce do seu pezuño, o fillo voador da Medusa, o cabalo Pegaso, no monte Helicón. De aí o seu nome "Fonte do cabalo"

Até daquela a Tritona (Minerva/Atenea) outorgara o don da súa compañía ao seu irmán (Perseo), o nado do ouro(Zeus metamorfoseou en choiva de ouro e conseguiu acceder á estancia de Dánae e deixala embarazada). A continuación rodéase ela dunha nube oca e abandona Serifos, deixando á dereita a Citnos e a Xíaros (illas do mar Exeo), e polo camiño que lle pareceu máis curto, por riba do mar, diríxese a Tebas e ao virxinal Helicón. Cando alcanzou este monte, detívose e falou así ás sabias irmás(as nove musas, fillas de Zeus e de Titánide Mnemósine): "Chegou aos meus oídos a fama dunha nova fonte, que o pezuño do voador fillo de Medusa (Pegaso) abriu no chan. Esa fonte é o motivo da miña viaxe. Quixen contemplar ese feito prodixioso. A el vino eu nacer do sangue da súa nai"(Minerva viu nacer a Pegaso porque ía con Perseo cando decapitou á Medusa). Responde Urenia: "Sexa cal for o motivo que te trae, divina, a visitar esta morada, é en todo caso moi grato ao noso corazón. Agora ben, esa fama é verídica; é Pegaso a orixe desta fonte". E conduciu a Palas até os sagrados líquidos. Ela, despois de admirar por longo tempo aquelas augas feitas a couces, percorre coa vista as espesuras das anellas selvas, polas covas e polas pradarías festonadas de flores innumerables; e chama felices, tanto polo lugar onde viven como polas ocupacións, ás fillas de Mneme(sinónimo de Mnemósine "a Memoria").



Versión latina

Hactenus aurigenae comitem Tritonia fratri 250

se dedit; inde cava circumdata nube Seriphon

deserit a dextra Cythno Gyaroque relictis,

quaque super pontum via visa brevissima, Thebas

virgineumque Helicona petit; quo monte potita

constitit et doctas sic est adfata sorores: 255

‘Fama novi fontis nostras pervenit ad aures,

dura Medusaei quem praepetis ungula rupit.

Is mihi causa viae; volui mirabile factum

cernere; vidi ipsum materno sanguine nasci.’

Excipit Uranie: ‘Quaecumque est causa videndi 260

has tibi, diva, domos, animo gratissima nostro est.

Vera tamen fama est: est Pegasus huius origo

fontis’ et ad latices deduxit Pallada sacros.

Quae mirata diu factas pedis ictibus undas

silvarum lucos circumspicit antiquarum 265

antraque et innumeris distinctas floribus herbas

felicesque vocat pariter studioque locoque

Mnemonidas;



Versión en Castelán



Hipocrene (Ovidio, Metamorfosis, Lib. V (250-268): Es la fuente que hizo manar con una coz de su pezuña, el hijo volador de la Medusa, el caballo Pegaso, en el monte Helicón. De ahí su nombre "Fuente del caballo"

Hasta entonces la Tritona (Minerva/Atenea) había otorgado el don de su compañía a su hermano (Perseo), el nacido del oro(Zeus se metamorfoseo en lluvia de oro y consiguió acceder a la estancia de Dánae y dejarla embarazada). A continuación se rodea ella de una nube hueca y abandona Serifos, dejando a la derecha a Citnos y a Xíaros (islas del mar Egeo), y por el camino que le pareció más corto, por encima del mar, se dirige a Tebas y al virginal Helicón. Cuando alcanzó este monte, se detuvo y habló así a las sabias hermanas (las nueve musas, hijas de Zeus y de Titánide Mnemósine): "Llegó a mis oídos la fama de una nueva fuente, que la pezuña del volador hijo de la Medusa (Pegaso) abrió en el suelo. Esa fuente es el motivo de mi viaje. Quise contemplar ese hecho prodigioso. A él, lo vi nacer de la sangre de su madre" (Minerva vio nacer a Pegaso porque iba con Perseo cuando este decapitó a la Medusa). Responde Urenia: "Sea cual sea el motivo que te trae, divina, a visitar esta morada, es en todo caso muy grato a nuestro corazón. Ahora bien, esa fama es verídica; es Pegaso el origen de esta fuente". Y condujo a Palas hasta los sagrados líquidos. Ella, después de admirar por largo tiempo aquellas aguas hechas a cozes, recorre con la vista las espesuras de las anejas selvas, por las cuevas y por las praderas festonadas de flores innumerables; y llama felices, tanto por el lugar donde viven como por las ocupaciones, a las hijas de Mneme (sinónimo de Mnemósine "la Memoria").

lunes, 30 de mayo de 2011

Non sería o mesmo se fosen os seus fillos



Enlace
Isadora aseando ao seu fillo

Quen ía dicir que Isadora era capaz disto?. O seu carácter non cambiou nada, segue co seu mal carácter, tratando de ser ela a que impón as regras, ao Dorian mállao todos os días, faille fronte aos cans, e dá o mesmo que sexan pequenos ou grandes.

Pasa moito tempo atendendo ao seu fillo, xoga con el e en todo momento está disposta a asealo, el é un traste, agóchase e cando o atopa, abrázase a el e lambe todo o seu corpo.

É unha nai tenra e doce, que distinta!

Os seres humanos, moitos de nós, tamén facemos o mesmo ca Isadora, somos distintos, outra persoa, segundo se trate dos nosos ou dos veciños.

Que farían os Mossos, o outro día, se un daqueles rapaces que estaba a recibir golpes fose o seu fillo?






Versión en castelán



¿Quién iba a decir que Isadora era capaz de esto?.


Su carácter no cambió nada, sigue con su mal carácter, tratando de ser ella la que impone las reglas, a Dorian le pega todos los días, le hace frente a los perros, y da lo mismo que sean pequeños o grandes.
Pasa mucho tiempo atendiendo a su hijo, juega con él y no deja de asearlo en todo momento, él es un traste se esconde y cuando lo encuentra, se abraza a él y lame todo su cuerpo.

Es una madre tierna y dulce, ¡qué distinta!


Los seres humanos, muchos de nosotros, también hacemos lo mismo, somos distintos, otra persona, según se trate de los nuestros o de los vecinos.

¿Qué harían los Mossos, el otro día, si uno de aquell@s muchach@s que estaba recibiendo golpes fuera su hijo?

martes, 24 de mayo de 2011

O día despois






Hoxe, o día despois, estiven a matinar nisto:



“Nolite dare sanctum canibus: neque mittatis margaritas vestras ante porcos, ne forte conculcent eas pedibus suis et conversi dirumpant vos ( (Mateo 7:6)”

Gardádevos de dar o sagrado aos cans, nin guindedes as vosas perlas (margaridas) aos porcos, non sexa que as trepen coas súas patas e máis tarde, revolvéndose cara a vós, vos esnaquicen.



Versión en castelán


Hoy, el día después, estuve todo el día dándole vueltas a esto:

Guardaros de dar lo sagrado a los perros, ni arrojéis vuestras perlas (margaritas) a los cerdos, no sea que las pisoteen con sus patas y más tarde revolviéndose hacia vosotros, os despedacen.

jueves, 19 de mayo de 2011

O sufixo -iñ@







Todas estas flores son a miña homenaxe ao poeta Lois Pereiro, sinto que a súa obra e o seu nome fosen utilizados politicamente para acadar votos, está claro que hai políticos que non respectan nin aos mortos.



Cando a nivel nacional falan de Pep
iño Blanco, eu pregúntome:


Por que lle chaman así? Por que é pequen
iño, por que é moi querido por todos nós, por que é moito Pepe, por que é un politiquiño ou por que é galego?


En galego non é o mesmo
todo que todiño, malo que maliño, POLÍTICO que POLÍTIQUIÑO.


Nos dous primeiros exemplos (
todiño, maliño, ) o sufixo ten valor Intesificativo.


Non é o mesmo "
Marianiño perdeuno todo, que Marianiño perdeuno todiño". Se o perdeu "todiño" é que se quedou sen "nadiña".


No caso de
POLITIQUIÑO con valor PEXORATIVO, nós tamén temos ao Albertiño e aos seus coleguiñas, ao Marianiño e outros moitos "-iñ@s" de dentro e fóra de Galiza.


Hai dous días o partido dunha tal
Rosiña Díaz empapelou a fachada do edificio onde vivo. Onte, eu puxen unha denuncia na policía municipal, pero aínda agora, sigo esperando que limpen a fachada.


Os policías que viñeron á casa foron moi correctos e amables, a señora que me atendeu por teléfono, cando chamei ao 092, púxomo moi difícil, incluso pretendía convencerme que "
fixese a vista gorda". Segundo ela "está prohibido, pero tamén están prohibidas moitas cousas e fanse"; eu expliqueille que non estaba disposta a deixarme convencer e daquela, díxome "que os arrancase eu".

Jajaja...


O que a muller non sabía é que son "
unha galega en todos os sentidos".





Versión en castelán


Todas estas flores son mi homenaje al poeta Lois Pereiro, siento que su obra y su nombre fueran utilizados políticamente para conseguir votos, claro está, que hay políticos que no respetan ni a los muertos.

Cuando a nivel nacional hablan de Pepiño Blanco, yo me pregunto:

¿Por qué le llaman así? ¿Por qué es pequeñito, por qué es muy querido por todos nosotros, por qué es mucho Pepe, por qué es un politiquiño o por qué es gallego?

En gallego no es lo mismo todo que todiño, malo que maliño, POLÍTICO que POLÍTIQUIÑO.

En los dos primeros ejemplos (todiño, maliño ) el sufixo tiene valor Intesificativo.

No es lo mismo "Marianiño lo perdió todo, que Marianiño lo perdió todiño". Si lo perdió "todiño" es que se quedó sin nada, sin nada.

En el caso de POLITIQUIÑO con valor PEYORATIVO, nosotros también tenemos al Albertiño y a sus coleguiñas, al Marianiño y otros muchos "-iñ@s" de dentro y fuera de Galicia.

Hace dos días el partido de una tal Rosiña Díaz empapeló la fachada del edificio en donde yo vivo. Ayer, yo puse una denuncia en la policía municipal, pero aun sigo esperando que limpien la fachada.

Los policías que vinieron a casa fueron muy correctos y amables, la señora que me atendió por teléfono, cuando llamé al 092, me lo puso muy difícil, incluso pretendía convencerme que "que hiciese la vista gorda". Según ella "está prohibido, pero también están prohibidas muchas cosas y se hacen"; yo le expliqué que no estaba dispuesta a dejarme convencer y entonces, me dijo "que los arrancara yo".

Jajaja...

Lo que la mujer no sabía es que soy "una gallega en todos los sentidos".

jueves, 28 de abril de 2011

Cousas


Hai uns días así estaba o meu marmeleiro, hoxe xa lle caeu toda a flor e están a medrar os froitos

O TSXG admite a trámite o recurso da RAG contra o decretoEnlace



Simónides de Ceos (556-467 a.C), poeta lírico grego que compuxo un gran número de poemas. Os seus versos distínguense pola procura da cordura e a prudencia.


Hai un conto: que a Virtude

habita nunha rocha escarpada

onde un coro de ninfas áxiles


sérvea. En canto aos mortais,

non poden todos vela, e só


o que de dentro bota unha suor

que lle devora a alma, e chega


da súa coraxe até o cume.

O canto coral 28 (74 P) Simónides de Ceos





Versión en castelán

Simónides de Ceos (556-467 a.C), poeta lírico griego que compuso un gran número de poemas. Sus versos se distinguen por la búsqueda de la cordura y la prudencia.


Hay un cuento: que la Virtud


habita en un peñasco escarpado


donde un coro de ninfas ágiles

la sirve. En cuanto a los mortales,

no pueden todos verla, y sólo


el que de dentro echa un sudor


que le devora el alma, y llega


de su coraje hasta la cumbre.


El canto coral (28(74P) Simónides
de Ceos