viernes, 24 de abril de 2009

Que razón tiña Marcial!!!


Dorian dando uns pasos de baile


Un tulipán no xardín


Acivro en flor


Non sei como se chama pero está moi bonita

Marcial describe a veces dunha forma rexoubeira, a veces mordaz a Roma na que vivía e deambulaba, molesto polos ruídos, os chismes da xente e as intrigas das altas capas da sociedade. A súa poesía presenta unha visión descarnada da sociedade na que lle tocou existir.

Queres saber a razón de que a miúdo me vaia á miña pequena finca, á reducida casa que en Nomento posúo?, nin para meditar, Esparso, nin para descansar o pobre ten lugar na cidade (en Roma). Negan a vida(Impiden vivir) os pedagogos, pola mañá, e pola noite, panadeiros; e durante a xornada, caldeireiros cos seus golpes. Aquí o ocioso cambiador sacude a mesa, coas moedas cuñadas no imperio de Nerón, alí o mallador bate areas de ouro de hispania cunha limpa vara sobre unha pedra gastada . Nin o balbordo nin a inacabable leria da turba fanática
que á Belona rende o seu culto;
nin a voz penetrante do náufrago co tronco recuberto por unha faixa. O sabio xudeu pedindo mendicante, adoutrinado pola súa nai en tales mañas; o do mercador que vende palliñas para as lámpadas. Quen as horas que se perden de sono en Roma contase, podería dicir o número das mans que machucan sonoros bronces, querendo á lúa así enfeitizar.
Ti, Esparso, ignoras todo isto; ti disto non sabes nada, ti que gozas, sibarita, de Petilio o rico alcázar, cuxa azotea domina os outeiros contiguos. ti, no medio de Roma mesma, tes a túa rica campaña; o teu viñedo é romano, e as teus viñas regaladas son no outono tan fértiles cal as que en Falerno se achan.
Sen saír do teu pazo, podes correr ás túas anchas no teu carro,
nel ti podes (pois só cando che prace, penetra o día) entregarte ao soño e doce galbana que non vén á interromperte a máis leve voz humana.
Mais ao meu gozar de sono non deixan os risos
da turba transeúnte, e toda Roma se acha próxima á miña cabeceira; así que cada vez que, vencido polo sono,
quero durmir, vou ao meu casal.

Liber XII, Epigrammaton LVII
Cur saepe sicci parva rura Nomenti
Laremque villae sordidum petam, quaeris?
Nec cogitandi, Sparse, nec quiescendi
In urbe locus est pauperi. Negant vitam
Ludi magistri mane, nocte pistores, 5
Aerariorum marculi die toto;
Hinc otiosus sordidam quatit mensam
Neroniana nummularius massa,
Illinc balucis malleator Hispanae
Tritum nitenti fuste verberat saxum; 10
Nec turba cessat entheata Bellonae,
Nec fasciato naufragus loquax trunco,
A matre doctus nec rogare Iudaeus,
Nec sulphuratae lippus institor mercis.
Numerare pigri damna quis potest somni? 15
Dicet quot aera verberent manus urbis,
Cum secta Colcho Luna vapulat rhombo.
Tu, Sparse, nescis ista, nec potes scire,
Petilianis delicatus in regnis,
Cui plana summos despicit domus montis, 20
Et rus in urbe est vinitorque Romanus
Nec in Falerno colle maior autumnus,
Intraque limen latus essedo cursus,
Et in profundo somnus, et quies nullis
Offensa linguis, nec dies nisi admissus. 25
Nos transeuntis risus excitat turbae,
Et ad cubilest Roma. Taedio fessis
Dormire quotiens libuit, imus ad villam.

jueves, 23 de abril de 2009

O AVARO E O OURO


Esta rosa é para todos os que seguen este blog, a foto fíxena onte e é a primeira rosa do meu xardín.

FELIZ DÍA DO LIBRO



Aí vai unha fábula de Esopo:

Un avaro vendeu todo o que tiña de máis e comprou unha peza de ouro, e soterrouna na terra á beira dunha vella parede e todos os días ía mirar o sitio.
Un dos seus veciños observou as súas frecuentes visitas ao lugar e decidiu pescudar que pasaba. Pronto descubriu o do tesouro escondido, e cavando, tomou a peza de ouro, roubándolla.
O avaro, á súa seguinte visita atopou o oco baleiro e repenando os seus cabelos laiábase amargamente.
Entón outro veciño, decatándose do motivo da súa queixa, consolouno dicíndolle:
- Da grazas de que o asunto non é tan grave. Vai e trae unha pedra e colócaa no oco. Imaxínate entón que o ouro aínda está aquí. Para ti será o mesmo que aquilo sexa ou non sexa ouro, xa que non farías nunca ningún uso del.
Valora as cousas polo que serven, non polo que aparentan.

lunes, 20 de abril de 2009

O Meco


Especie de sátiro ou home salvaxe que violaba mulleres, sen deixar solteiras nin casadas. Está emparentado co Rabeno e os homes salvaxes europeos, do tipo do Busgosu asturiano, o Tentirujo cántabro, o Trenti vasco, os Homes Caprinos mediterráneos, os Sátiros, Silenos, Silvanos, Faunos, o propio Pan.
Moita xente amedrenta aos nenos pequenos cando choran, ou non queren facer algo que se lles manda, dicíndolles: "mira que vén o Meco e lévate".
Segundo a lenda o Meco foi un home luxurioso que non perdoaba a doncela nin a casada. Diante de tales desmandos, as mulleres, alporizadas, aforcárono nunha figueira. Quixo o xuíz intervir e non acadou o que desexaba, pois as mulleres confabuláronse e, cando lles preguntaba o xuíz "quen matou o Meco?", contestaban todas a unha: "Matámolo todas".
O Padre Sarmiento di que o acontecemento do meco ocorreu na península do Grove e afirma que viu a figueira fatídica para o real ou imaxinario personaxe, que estaba no cumio da Cidadela, e por mor dos ventos fríos producía figos algo colorados o que facía supoñer aos habitantes que procedían do sangue do Meco».

jueves, 16 de abril de 2009

Comeuno o gato!!!

Un cura dunha aldea galega vía moi disgustado como os fregueses deixaban de ir á misa e non sabía que cousas facer nin como predicar para que volvesen a cumprir coma bos cristiáns. Cada día era máis grande a súa inquietude e non deixaba de cismar día tras día, como dar co remedio.
Un día ocorréuselle algo e parecéndolle boa idea, anunciou desde o púlpito que tivera un aviso de Deus e que o domingo seguinte ía haber un milagre, pois o Espírito Santo baixaría a terra para saber que fregueses ían a misa e cales non.
O sancristán que era un pouco babeco ao marcharen os fregueses preguntoulle ao cura:
-E logo, señor cura! Vostede como vai facer para que baixe o Espírito Santo?
O cura díxolle rindo:
-Non teñas coidado, home, xa o verás na súa hora! Mentres vas ir á feira, e sen que vexa ningún veciño, mercas unha pomba ben branca e tráesma agochada.
Chegado o día do milagre, a igrexa estaba chea, rematada a misa o señor cura dixo o seu sermón como era costume e falou de como os seus fregueses por seren tan desleixados ían todos camiño de condenarse. Engadiu tamén que ao ir ese domingo á misa o Espírito Santo había de velos cando chegase e daquela el había pedirlle que os perdoase, porque aínda que eran un pouquiño deixados, non eran malos cristiáns e rematou pedíndolle a Deus que enviase ao Espírito Santo.
Cando o señor cura deixou de falar oíronse moitos ruídos no faiado da igrexa. Os fregueses tremeron pensando que ía ocorrer o que dixera o cura, pero o Espírito Santo non baixou como eles agardaban.
O señor cura seguía a pedir unha e outra vez que o Espírito Santo baixase e entón apareceu o sancristán no alto da igrexa.
-Ai, señor cura! E como vai baixar?, ao Espírito Santo comeuno o gato.


"Antoloxía do conto popular galego" de Henrique Harguindey e Maruxa Barrio


miércoles, 15 de abril de 2009

A AMIZADE



Hoxe estou morriñenta, aí vai un fragmento "De amicitia" de Cicerón, o mesmo que o autor eu tamén considero que o máis importante nas nosas vidas é a AMIZADE

Pero a amizade non é outra cousa, senón o acordo en todas as cousas divinas e humanas, con benevolencia e amor, non sei certamente se algo mellor ca ela foi dado ao home polos deuses inmortais, a excepción da sabedoría. Outros prefiren as riquezas, outros a boa saúde, outros o poder, outros os honores, moitos ata os praceres. Isto último (é propio) das bestas; pero aquelas cousas citadas anteriormente (son) caducas e incertas, baseadas non tanto na nosa prudencia como no capricho da fortuna.


Est autem amicitia nihil aliud, nisi omnium divinarum humanarumque rerum cum benevolentia et caritate summa consensio; qua quidem haud scio an, excepta sapientia, quidquam melius homini sit a diis immortalibus datum. Divitias alii praeponunt, bonam alii valetudinem, alii potentiam, alii honores, multi etiam voluptates. Beluarum hoc quidem extremum est; illa autem superiora caduca et incerta, posita non tam in consiliis nostris, quam in fortunae temeritate.
Cicerón, De amicitia VI, 20.

lunes, 13 de abril de 2009

O cuco e a abella


imaxe tomada da rede

Xa hai uns días que chegou o Cuco.
O deus Zeus transformouse en Cuco para confundir a Hera e así poder poseela.Era inverno e cando Hera tomou ao cuco nas súas mans para protexelo do frío, Zeus recuperou a súa verdadeira forma e violouna. Logo deste encontro Hera e Zeus casaron e Hera pasa a ser a raíña indiscutible do Olimpo


CANTA CUCO OU CALA CUCO:
EU XA NON TE CREO
DESQUE SEI QUE VAS POÑER
O TEU OVO EN NIÑO ALLEO.
DESDEIXADO E PREGUICEIRO,
TAN SÓ PENSAS EN FOLGAR.
SOAMENTE DIS DÚAS NOTAS
E XA TES QUE DESCANSAR!
Manuel María



Estas fotos fíxenas esta fin de semana
A ABELLA E O CUCO

Saíndo da abellariza,
dixo ao Cuco a Abella:
«Cala, porque non me deixa
a túa ingrata voz traballar.
Non hai ave tan amoladora
no cantar como ti:
cucú, cucú e máis cucú,
e sempre unha mesma cousa»

«Cánsate o meu canto igual?
(o Cuco respondeu).
Pois de seguro non acho eu
variedade na túa panal.
E pois que do propio modo
fabricas un que cento,
se eu nada novo invento,
en ti é vellísimo todo.»
A isto a abella replica:

«Na obra de utilidade,
a falta de variedade
non é o que máis prexudica;
pero en obra destinada
só ao gusto e diversión,
se non é varia a invención,
todo o demais é nada.»
TOMÁS DE IRIARTE

miércoles, 8 de abril de 2009

Vacacións



Ata o luns a todos os que seguen este blog, durante catro días estará pechado por vacacións.