Esta é a primeira entrada neste blog, non sei o que sairá, sempre me gustou escribir.Son unha persoa que se expresa mellor escribindo que comunicándose de forma oral.
Vivo en Ourense pero paso máis tempo nunha pequena finca que temos a 8 km.
A vida situoume na cidade pero eu non nacín para vivir nunha colmea, síntome presa, non vexo a hora de fuxir. Non me gusta pasear polas rúas, non soporto ir de compras, non soporto aos "urbanitos" das pequenas cidades que só viven de portas para fóra. O meu son os animais, o campo, as patacas, as cebolas... e por suposto as plantas. Teño un pequeno xardín, vaia máis ben, é un proxecto de xardín, espero conseguir algún día algo bonito. Trato de ter variedade de plantas, pero teño un problema, a finca ten un microclima bastante extremo, no inverno vai moito frío e no verán moita calor, iso fai que moitas variedades de plantas non soporten o inverno e todos os anos eu non teño máis remedio que repoñelas. A semana pasada estiven plantando anémonas e tulipáns.
Agora tócame falar dos meus cabalos, Morocho e Khalil, son dous poldros de 3 anos e medio que naceron a mesma noite de dúas eguas irmás que vendemos o ano pasado. Morocho ( hispanoárabe, tordo) é un mangallón, nobrete que non é consciente da magnitude do seu corpo e non sabe medir as súas forzas, as veces danos algúns sustos soltándose da corda cando vai ao monte, pero ao darse conta do que fai, volve como si fose un neno que fixo unha trasnada a pedir perdón. Khalil (o meu Khalil) é coma un bonequiño, árabe, alazán moi intelixente pero tamén moi dócil.
Todos os días imos sacalos ao prado ás mañás e metelos á noite. En setembro e outubro estiveron na Hípica de Coles para que os domaran e poder montalos, pero eu quedei moi enfada coa xente que está encargada dese lugar, non me parece que sexa xente seria, poucas veces cheguei a ver aos cabalos que estivesen coas cortes limpas e a última semana que estiveron ao chegar encontreime coa sorpresa de que á Khalil o tiñan amarrado cunha corda nun cortello todo cheo de auga, onde teñen aos pobres ponis todo o ano, ao chamarlles a atención por terme ao cabalo daquela maneira, resulta que a razón era que como o meu cabalo era moi dócil, estaba alí porque non tiñan sitio, na corte do Khalil estaba un cabalo que era moi malo; ao meu cabalo como é bo amárrano cunha corda nun sitio fedorento...
Xa pasou... e eu non penso volver alí, porque nin son profesionais nin teñen idea de como se tratan aos animais.
Noutro momento falarei dos meus cans e gatos

7 comentarios:
Hola Dilaida. Muchímas gracias por hacerte seguidora de mi blog. Y gracias por crear este blog que me va a acercar a las cosas de nuestra tierra a través de ti y sobre todo a leer en gallego, que no son muchas las oportunidades que tengo de hacerlo. Gracias leeré tu blog cada día. Si necesitas lo que sea de mi, no dudes en decírmelo.
Un biquiño.
Carmen.
Carmen agradézoche que me sigas, son nova nisto e aínda estou un pouco perdida.Escribo en galego porque é como penso, como soño... e facelo en castelán sería ter que traducir os meus pensamentos.Hai tempo decidín que non ía a traducir máis; os meus pensamentos, as miñas inquietudes... vou expresalas como as sinto . Iso non quere dicir que estea en contra do castelán, por suposto que non, tamén é a miña lingua. Cando era nena impuxéronma a golpes (doña Lola a maestra da escola) dábame unha labazada cando me expresaba en galego, consiguiu que durante moito tempo considerase que falar galego case era un pecado e cando naceron os meus fillos, para que non tivesen os problemas que eu tiven, o mesmo que moitas mulleres da miña xeración, faleilles en castelán (estaba mellor visto e era propio de xente máis "fina"). Non quero que se me interprete mal e que pareza que odio o castelán, nada diso, tamén é a miña lingua, os poucos coñecementos que teño adquirinos a través do castelán.
Este blog vai tratar da miña vida, do que me pasa, das miñas cousas por iso vai en galego.
Bicos
Ay Dilaida, ojalá pudiera escribir con corrección en gallego, incluso con alguna falta, pero no sé. De modo que no podré ecribirte en gallego (espero que no te importe). Parte de mi infancia la pasé con mi abuela en Vigo y con ella solo hablaba en gallego. La pobre se avergonzaba de no saber hablar castellano más que de no saber escribir, claro que eran "otros tiempos". Pero todo lo que aprendí de gallego fue gracias a ella. Como tu ya sabes, en esa época la única manera de hablarlo era en familia, en las escuelas ni se pensaba que alguien pudiese decir ni una sola palabra en gallego, so pena de parecer un "aldeano" y como tu dices llevarse algún cachete. Tanto tiempo fuera de Galicia ha hecho que pierda fluidez y vocabulario. Por eso, tu blog me ayudará muchísimo, además que me encanta lo que cuentas. Me alegro mucho que hayas creado este blog. No sé si sabrás lo de los premios I love your blog, pero en mi blog hay un Premio para ti.
Pásate y así lo ves.
Un beso.
Que saibas que ainda que no perfil pon vigo, eu son de Ourense, jeje o que pasa é que vivo na cidade veciña. Eu tamén hai pouco que lle dou a isto do blog, pero pouco a pouco irei recollendo máis cousas, tanto de cociña internacional coma da nosa exquisita gastronomía galega... espero que che guste o meu blog e graciñas por seguilo!
Carmen: Estou moi contenta de que sigas o meu blog, no de escribir en galego, non te preocupes e se queres que che axude, nunca é tarde para empezar. Eu teño pensado poñerme co catalán, agora teño moito tempo libre e sempre me gustou ter a mente ocupada en algo. Grazas polo agasallo. Bicos
María: Grazas por seguirme, o teu blog si que é interesante. A cociña sempre foi a miña asignatura pendente, trato de fácelo o mellor que podo, pero... penso que vou aprender moito de ti. Bicos
Me parece precioso el gallego y ahora voy a tener la oportunidad de leerlo.
Todo lo contrario a ti,yo soy más bien urbanita aunque apenas piso ahora la calle por circunstancias diversas,pero soy de pueblo,de un pueblo pequeño de la provincia de Salamanca,lo que ocurre es que me gusta pasar desapercibida.
¡Qué lástima que se persiguiera de esa manera el uso de una lengua! Es un auténtico crimen,en las Baleares ocurrió igual con el mallorquín etc,les castigaban por utilizar su lengua materna y quedó reducida al ámbito familiar.
Ahora desde los años 80 se intenta que los niños la aprendan en toda su amplitud,aún así,el castellano sigue predominando sobre todo en la ciudad.
Saludos
Recoñezo nesa Dona Lola a miña primeira mestra,
a que me ensinou a escribir!
moito mal me fixo esa muller,
a sua ineptitude, a súa falta de empatía, a súa ignorancia,
os seus prexuizos... tiveron que pasar máis de 40 anos para que eu empece a perdonala,
a comprender que, posiblemente, era ela unha víctima máis, simplemente unha muller nova, sola, que trataba de adaptarse.
Vin dar aquí porque sempre me gustou coñecer os comenzos dos/das blogueiros/as aos que sigo, saber cales foron as razóns que os/as levaron a crear un blog.
encantoume esta primeira entrada, tan directa, sincera, persoal...
É o que busco nos blogs de temática persoal.
Para outros temas específicos xa hai todo tipo de blogs, algún moi interesante, por certo.
saúdos e cereixas!! ;-)
Publicar un comentario