martes, 16 de diciembre de 2008

As Ninfas, os Faunos, os Sátiros e Silvanos

Eran divinidades menores femininas que vivían nas montañas, nas fragas, nos ríos, nas fontes. Eran mozas moi fermosas e había varios grupos e categorías: as Ninfas Melias ou "dos freixos", nacidas o mesmo que os Xigantes do sangue de Urano; as Dríades ou Hamadríades "Ninfas dos carballos" ou "das árbores" en xeral, cuxa vida estaba ligada a unha árbore determinada; as Náyades ou ninfas das augas doces, sobre todo dos regatos, arroios e fontes de montaña; as Oréades ou ninfas dos montes; as Alseides ou "das fragas"; as Antríades ou "das covas"; tamén as Oceánidas, fillas como os ríos do Océano e de Tetis (a avoa) e das que hai ata corenta e un nomes peculiares.
Menos as Melias e as fillas dun río determinado, as demais carecen de xenealoxía ou considéranse fillas de Zeus ou do Océano.
Os Faunos, Sátiros e Silvanos son tres grupos que case non se destinguen entre si, son a correspondente masculino das Ninfas, é dicir, divinidades inferiores dos montes, de carácter semianimal, polo menos con cornos e pezuños de castrón (en galego tamén se denómina: cabrón, chibo, bode, godallo) e luxuriosos. Pola súa orixe os Faunos son latinos e identifícanse cos Sátiros gregos do cortexo de Baco. Os Silvanos son tamén latinos identificados co deus dos montes gregos, o arcadio Pan, o gran deus pastoril, con cornos, patas e pezuños de castrón, fillo de Mercurio e de Dríope segundo uns, de Mercurio e de Penélope (a muller de Ulises) segundo outros.

5 comentarios:

Juan Antonio dijo...

Algúns feitos colectivos: Generalmente aparecen como espectadoras e non actrices; por exemplo das tropelías de Circe, do rapto de Europa... pero ás veces interveñen activamente; así o fan cos Argonautas, fronte á ameaza de Escila, Caribdis e as Rocas errantes, tomando en albas o seu barco e correteando con el como raparigas que xogasen á pelota nunha praia... Tamén no castigo de Andrómeda, cando airadas porque a súa nai comparouna con elas en beleza, esixiron a súa morte polo monstro Glaucetes = o cetáceo azul, que menos mal que chegou Perseo, matouno e as aplacó.

Una dijo...

Felicidades,luego pasaré a leer tu entrada,disfruté muchísimo leyendo cada una de ella.Abrazos

Una dijo...

Olvidaba,si algún día te aparece ir al mío hazlo en tu lengua,yo te entenderé,también tengo a mano el traductor que pusiste porque una cosa es captar el sentido general del mensaje y otro su significado completo y sentí que por intuición me perdía mucho de lo que decías.Me encantaría que te sientas como en casa.Tengo desde hace más de un año dos amistades en USA muy politizadas y ni la política ni mi nula preparación en inglés(estudié Francés en la carrera)nos impiden la relación,por lo cual me encantaría que no renunciaras a tu modo natural de expresión.Un abrazo

Una dijo...

Me encantaría que te sintieras como en casa.(corrijo)

Dilaida dijo...

Grazas Juan Antonio por ler e completar as cousas que escribo, xa vexo que a ti tamén che gusta o da Mitoloxía.
Un biquiño


Tere, espero que o pasaras ben no aniversario do teu fillo. Como dis que non importa a partir de agora no teu blog tamén escribirei en galego.
A min pásame o mesmo que a ti, de inglés nada de nada, eu tamén estudei francés e portugués (un pouco), pero o inglés a verdade que nunca me chamou a atención. Bueno como ves, son algo rariña e vou cotra a corrente.
Un biquiño