viernes, 19 de diciembre de 2008

Xesús, un campesiño xudeo do ano 1?

Este é o título que a revista Clio lle dá ao artigo da páxina 3 da revista neste mes de decembro.
No artigo que se encontra dentro dunha serie "Mentiras da historía" di que segundo os estudos de Jordi Vidal, investigador da Universidade de Londres, que si aceptamos que Xesús naceu en tempos de Herodes o Grande, deberemos tamén observar que Xesús naceu, como mínimo, no ano 4 antes da nosa era, pois este é o ano en que morreu Herodes o Grande. Este contrasentido que tal vez se deba ao monxe Dionisio o Exiguo, que no século VI creou un calendario litúrxico que contaba os anos dende o nacemento de Xesús.
Sucede o mesmo coa data do nacemento, o 25 de decembro. Segundo o Evanxeo de Lucas, a noite na que naceu Xesús había pastores cuidando aos rabaños á intemperie, actividade imposible en Palestina a finais de decembro debido ás baixas temperaturas.
Poida que a elección do 25 de decembro como data da natividade de Xesús debeuse a vontade dos primeiros cristiáns en facer que coincida o seu nacemento coa festividade dunha das divinidades máis populares no Imperio Romano, Mitra.
Mitra era o deus indo-iraniano da xustiza e o mitraísmo foi unha das relixións máis populares do antigo Imperio Romano, sobre todo entre os soldados. A historía de Xesucristo ten tantas cousas en común coa de Mitra, que se chegou a sospeitar que o cristianismo era un derivado da fe persa.
Chegaron ata nós moi poucos documentos sobre o mitraísmo, así que o que se sabe extraeuse das pinturas sacras atopadas nos mitreos, que eran os templos onde se rendía culto ao divos Mitra.
Mitra naceu o 25 de decembro, nunha cova escura e os pastores foron os primeiros que o atoparon e o adoráron.
Trouxéronlle agasallos, ouro e esencias.
A súa nai era unha virxe, chamada Nai de Deus.
Mitra era un lazo de unión entre Deus e a xente. Era un representante de Ahura Mazda na Terra.
Foi enviado polo Pai para que se cumprisen os seus desexos na Terra, e o seu sacrificio ten como finalidade a redención do xénero humano.
O transitus (viaxe de Mitra co touro sobre os ombreiros) recorda ao Vía Crucis do Evanxeo.
Os mitraístas crían na resurrección, na comuñón con pan e viño, no ceo e no inferno.
Mitra recibía apelativos da Luz, o Bo Pastor, A Verdade.
O día sacro do mitraísmo era o domingo.
O mitraísmo represéntase cunha cruz nun círculo, que simboliza o sol. As catro esquinas da cruz representan o ano solar. No Cristianismo, a cruz representa o sufrimento.
A finais do século IIIa.C., fundiuse a relixión mitraica co culto ao sol e cristalizaron na nova relixión do Sol Invictus. O emperador Aureliano fíxoa oficial no ano 274 a.C. e cada 25 de decembro celebrábase o festival do Natalis Solis Invicti (o nacemento do sol invencible).
Mitra, cuxos orixes son moi anteriores ao cristianismo, naceu na noite máis longa do ano. Simbolizaba o nacemento da luz e a esperanza e a renovación da natureza. O nacemento de Cristo situouse na mesma data do calendario solar.
A finais do século III, comezou a decaer o mitraísmo. A forte competencia do cristianismo, apoiado por Constantino I O Grande, rouboulle adeptos. Ademais, o mitraísmo excluía ás mulleres que si tiñan dereito a participar no cristianismo.
O cristianismo desprazou ao mitraísmo no século IV, ata converterse na única relixión oficial do imperio con Teodosio (379-394). O mitraísmo prohibiuse oficialmente no ano 391, aínda que se mantivo a súa práctica clandestina durante algún tempo.
Os mítreos, unha especie de covas onde cavían unhas 30 ou 40 persoas acabaron sendo as criptas de moitas igrexas cristiás.

5 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

¿Pode morrer unha relixión por estar vedada ás mulleres?

HADA ISOL dijo...

Hola mi traductor no es muy bueno,pero me resultó interesante lo que he leído en tu blog,es real que 25 de diciembre no es la fecha del nacimiento de Jesús,he aprendido mucho leyendote.
Te dejo un saludo por las fiestas que 2009 te llene de dichas y de todo lo que desees!

Dilaida dijo...

María Jesús esa si que é unha boa pregunta.Ti que opinas?
Xa ves que como boa galega contesto a pregunta con outra pregunta.
Na miña humilde opinión, penso que sí. As mulleres somos as que transmitimos os valores aos nosos fillos.
Xa sei que as grandes relixións actuais non son un claro exemplo de participación da muller (unhas máis ca outras), pero si que participamos, nós somos as que transmitimos xeración tras xeración a cultura, a relixión, a lingua... o machismo, o fanatismo...
Grazas por ler o que escribo. Feliz Nadal.

Dilaida dijo...

Hada Isol sinto moito que o teu tradutor non sexa moi bo, no meu blog tes un que traduce do galego ao castelán, do galego ao portugués e ao revés.
Tamén che desexo feliz ano 2009.
UN BICO

banderas dijo...

Algo de todo o que conta ese artigo soabame, pero non tiña tan elaborado o tema... debería dar medo afondar nas relixións ¿non?... penso que quedan en evidencia absoluta cando se coñecen un pouco as súas orixes.

Bicos ;-)