martes, 27 de enero de 2009

Coronis, o corvo e Asclepio/Esculapio





Coronis, muller fermosísima, está un día bañándose espida nun lago cando o deus Apolo, que sempre andaba á espreita, como o seu pai Zeus, namórase perdidamente dela; como sempre para el, o desexo era algo que o asaltaba repentinamente e do que quería librarse canto antes. A aproximación foi embriagadora e veloz. Logo retirouse deixando un corvo, que por entón eran brancos, para que vixiase a moza. Como é natural, Coronis quedou embarazada, pero tivo a mala idea de ceder ao amor dun mortal, Isquis. Advertido polo corvo, Apolo sufriu un acceso de cólera divina e mirou ao corvo con tanto odio, que a súa mirada transformou para sempre a cor do animal. Apolo pediu á súa irmá Artemisa que fose matar á infiel. A frecha da deusa afundiuse certeira no peito de Coronis, pero antes de morrer confesou que tamén mataban ao fillo do deus. Contan as testemuñas do caso que Apolo en balde tratou de reanimar a Coronis, o seu corpo xa estaba rodeado polo lume da pira e tacaba o seu corpo, pero as chamas abríronse, e a man do deus extraeu do ventre da moza ao seu fillo, ileso. A Asclepios/Esculapio, "aquel que cura".
Preocupado polo futuro do neno, o seu divino pai pono ao coidado do centauro Quirón e este ensínalle a arte de curar. Moito despois, xa médico famoso en toda a Hélade, Asclepio non mide o seu auténtico poder e pretende resucitar aos mortos. O seu avó Zeus, que tiña moi mal carácter, fulmina a Asclepio cun raio. A partir de entón os homes ascenderon ao médico á categoría de deus olímpico. Asclepios/Esculapio tivo dúas fillas: Hixiea, cuxo nome perdura na palabra hixiene, e Panacea, que significou desde entón o milagroso medicamento capaz de curar todos os males. Para rematar, o culto ao divino Asclepios /Esculapio estendeuse por toda Grecia polas nacións limítrofes e comezaron a erixirse templos na súa honra. A figura do deus represéntase sempre levando na man o caduceo, un bastón cunha serpe enrolada, que pasou a ser o símbolo universal do medicamento e dos médicos."

3 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

Voute mandar a foto dun corvo de pedra, tal cual como a da túe entrada.

Na entrada anterior, tiña unha dubida coa palabra vara. Preguntei ós compañeiros e dixéronme, com B...Biba, biba...

Dilaida dijo...

Son unha calamidade, suprimo comentarios e non me entero... isto da internet...
Espero esa foto, ultimamente vense moitos e son moi grandes e cando se poñen a grallar entre eles a verdade é que dá un pouco de medo.

mariajesusparadela dijo...

Para ver a foto do corvo en pedra entras en Concello de coles- Rutas de sendeirismo-Ruta da bioloxía-minerales- ver outras imaxes.
Xa me contarás