miércoles, 28 de enero de 2009

INVERNO



Chove, chove na casa do pobre

e no meu corazón tamén chove.

Dor da man encallecida,
dor da xente aterecida
de frío polos camiños.
Dor dos vellos e meniños.
Dor dos homes desherdados
e dos que están aldraxados.

Mágoa da ferida allea.
Dor dos que están na cadea,
dos que sofren a inxustiza
e viven baixo a cobiza.

Mágoa e loito
por tanto pranto que escoito.
No meu peito, sulagado,
soturno, fondo, calado,
un río de amor se move.

Chove, chove na casa do pobre

e no meu corazón tamén chove.
Celso Emilio Ferreiro

1 comentario:

mariajesusparadela dijo...

Un río de amor se move...qué fermosura.
Comparto ese amor contigo: entra no meu blogue hoxe.