viernes, 27 de febrero de 2009

Ourense, Ourense...

Estou "cabreadísima", estamos todos os días falando da educación dos nosos moz@s e que pasa da educación dos políticos?. Como se pode chegar ata ese extremo?
Baltar(un cacique que chegou á deputación de Ourense hai moitos anos e que controla a maioría dos concellos da provincia, premia a todos aqueles alcaldes que son do PP e castiga aqueles que son doutros partidos, que se inventa postos de traballo para os amigos e os fillos dos amigos e moitas cousas máis...Isto foi o que dixo dun Conselleiro da Xunta que é do PSOE :
"Está obsesionado conmigo y yo no soy candidato, no me presento, ni siquiera soy mujer porque entonces entendería que me tuviera ganas, si tiene obsesión por mí tengo que decir que es maricón". "Miserable y sinvergüenza".
Teño que dicir que o señor Baltar é segundo a súa biografía "maestro de EGB".Que lle enseñaría aos seus alumnos?

2 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

Inda non leerías os panfletos cos que cubriron Celanova...Din, sen cortarse un pelo, que todos os que teñan terras e casas, se gañan o Bloque e o Pesoe, van quedar sen elas, polo Banco de Terras e a nova lei da vivenda...Como enganan á xente

Dilaida dijo...

Isto xa non se pode aguantar, difaman, insultan...Isto é política? non será verdade iso que di "cada quen ten o que se merece". Xogan coa ignorancia da xente, van aos pobos a CONFUNDIR aos vellos, a asustalos, dicir mentiras.Saben estes políticos o que é a ÉTICA? SABEN O QUE É A DEMOCRACIA?