miércoles, 13 de mayo de 2009

O carrizo e o castrón



imaxe tomada de internet Paxaro carrizo (en castelán Chochín)


imaxe tomada da internet Castrón/cabrón/bode/godallo/beche/chibo


Os carrizos tiñan un niño moi feitiño agochado nunha silveira e, un día en que a carriza estaba a chocar os ovos, apareceu polo camiño un castrón (cabrón/bode/godallo) que viña triscando os gromos das silvas. O animal, ou gañou medo ou vezou cousa mellor do outro lado que rubiu pola silveira esmagando o niño e mais os ovos.
A carriza mirou para aquel que pasara con tanta présa e quíxoo coñecer, foi onda el a queixarse do estrago que fixera pero o castrón nin para ela mirou.
Moito chorou a carriza e cando chegou o carrizo aínda estaba chorando. Preguntou o carrizo o que pasara e respondeulle a carriza:
-Ti non sabes a desgraza que tivemos hoxe!
-E logo que foi? -preguntou o carrizo
-Pasou un castrón, desfixo o niño e esmagou os meus ovos- dixo a carriza.
-Ai, carafio! -dixo o carrizo- Se estou eu aquí, que couce lle daba!
Antoloxía do conto popular galego - H. Harguindey e Maruxa Barrio

Lembrei este conto ao ver o Debate sobre o estado da nación. Cadaquén que elixa, quen é o castrón e cal o carrizo?

4 comentarios:

mariajesusparadela dijo...

Pois, métesnos nun apreto: chégalle ben ós dous o que teñen de carrizos e de castróns...¿ou non é certo que ambolos dous van tripando nos de abaixo e ambolosdous tamén presumen do que non poden?...

rivela dijo...

Non coñecia o conto, pero é moi boa a tua comparación. Eu tampouco saberia dicir quen é quen.
Recordame o meu pai cando ve ós políticos sempre dí que parecen carneiros uns cara os outros e a piques de escornarse. biquiños

Isabel Barceló Chico dijo...

¡Cómo lamento no haber comprendido bien el cuento para poder responder a tu última pregunta...! Las fotos son magníficas. Un abrazo.

Juan Antonio dijo...

Querida amiga enviouche un ramo de abrazos....
para que cando os tropiezos che dificulten o andar,
sexan os ánimos unha esperanza
que che axuden a continuar.
Enviouche unha estrela nova e brillante....
para que cada vez que o sol descanse,
sexa esa fiel luz, a que che acompañe.
besitos