miércoles, 4 de abril de 2012

O miñato e as pombas


O paxaro que máis se ve por Galicia




Por Gonzalo Vilas Dioivo

Quen se confía a protección dun malvado, mentres busca axuda, só atopa a súa ruína.

Como as pombas houbesen fuxido moitas veces dun miñato para evitar a morte grazas rapidez das súas ás. O miñato cambiou de estratexia pola mentira e o engano ás pombas, coa seguinte astucia: Por que preferides levar unha vida de preocupacións -díxolles- en vez de elixirme o voso rei, co compromiso pola miña parte de darvos seguridade e afastar de vós todo tipo de aldraxes?.

Elas entregáronse inxenuas ao miñato. Unha vez conseguido o poder o miñato comezou a devoralas unha a unha e a gobernar tiranicamente coas súas gadoupas.

Entón unha das que aínda quedaban con vida, dixo: Témolo merecido.


Versión en castelán


Quien se confía a la protección de un malvado, mientras busca ayuda, sólo encuentra su ruina.

Como las palomas hubieran escapado numerosas veces del milano y hubieran evitado la muerte gracias a la celeridad de sus alas, el depredador cambió su estrategia por la mentira y engaño a esta indefensa especie con la siguiente treta: ¿Por qué preferís llevar una vida de preocupaciones -les dijo- en vez de nombrarme vuestro rey, con el compromiso por mi parte de daros seguridad y alejar de vosotros todo tipo de agravio?.

Ellas se entregan crédulas al milano.


Mas, una vez conseguido el poder, comenzó a devorarlas una a una y a gobernar tiránicamente con sus garras.

Entonces, una de las que aún quedaban con vida, dijo:
"Lo tenemos merecido"

sábado, 31 de marzo de 2012

Despedindo ao mes de marzo




-Manolo, e logo que andas a facer?

-Estou a remover un pouco a terra, está seca como as pallas, nunca tal outra vin, con esta lentura non van nacer nin as patacas... e viches os chícharos?, déitanse no chan como se estivésemos en agosto.

-Disque para semana vai chover.

-Si home si! Moito ten que chover para que todo volva ao seu. Sabes o que dicía o meu pai "marzo sen trebóns é coma un home sen collóns"

-Quen sabe..., ao mellor aínda se recupera algo. Eu sempre oín aquilo de "cando marzo maiea, abril marcea".

- E que queres que che diga? Traballar hai que traballar, tamén hai que pasar o tempo en algo, non vai ser todo estar a raxeira.

- Pois lévao con calma, os días veñen bastos.

Versión en castelán


-Manolo, ¿y eso, qué estás haciendo?

-Estoy removiendo un poco la tierra, está seca como las pajas, nunca vi nada igual, con esta humedad no van a nacer ni las patatas... y ¿viste los guisantes?, están tumbados en el suelo como si estuviéramos en agosto.

-Por lo visto, para la semana va a llover.

-¡Sí hombre sí! Mucho tiene que llover para que todo vuelva a ser como antes. Sabes lo que decía mi padre "marzo sin aguaceros es como un hombre sin cojones"

-Quien sabe..., a lo mejor aun se recupera algo. Yo siempre oí aquello de "cuando marzo mayea, abril marcea".

- Y ¿qué quieres que te diga? Trabajar hay que trabajar, también hay que pasar el tiempo en algo, no va a ser todo estar perdiendo el tiempo.

- Pues llévalo con calma, hay muchos días.




lunes, 26 de marzo de 2012

O día despois


Futuras peras


Futuros pexegos



Futuras mazás


Tulipán solitario, é moi fermoso pero dentro duns días xa non estará.


O 29 hai que levar a mochila ás costas chea de "futuro".



Don Hamlet

Ser ou non ser. O dilema.
nunca foi para el cuestión
pois inventou o sistema
de vivir do sí e do non.

O que nunca foi non é
non hai comezo sen cabo,
non hai nabiza sen nabo,
nin cousa sen seu porqué.

Meu don Hamlet átame
esa mosca polo rabo.

Cemiterio privado. Celso Emilio Ferreiro

Versión en castelán


El 29 hay que llevar la mochila a la espalda cargada de "futuro".

Ser o no ser. El dilema,
nunca fue para él cuestión
pues inventó el sistema
de vivir del sí y del no.

Lo que nunca fue no es,
no hay comienzo sin cabo,
no hay nabiza sin nabo
ni cosa sin su porqué

Mi don Hamlet átame
esa mosca por el rabo.

Cemiterio privado. Celso Emilio Ferreiro

domingo, 25 de marzo de 2012

Autodefiníndonos




Dexter cos autodefinidos a voltas


Non triunfan na historia
os pobos submisos.
Augas represadas
non moven muíños.

Nunca serán libres
os pobos sofridos.
Con augas paradas
non roda o rodicio.

Cementerio privado, 1972. Celso E. Ferreiro




Versión en castelán


No triunfan en la historia
los pueblos sumisos.
Aguas represadas

no mueven molinos.

Nunca serán libres
los pueblos sufridos.
Con aguas paradas
no rueda el rodezno.

Cementerio privado, 1972. Celso E. Ferreiro

martes, 20 de marzo de 2012

Chegou a primavera


Dende maio a xullo, as cereixas son coma puños.


O que pexegos ha de roubar en marzo os ten que alertar.



(Nigella damascena) Barbas-do-vello, damas-entre-verde, luceiros.

Castelán: Arañuela, araña, cabellos de Venus, estrella de Mar, capuchino, farolillo, ajenuz o ajeluz de jardín, Neguilla de Damasco.



No corazón de todos os invernos vive unha primavera palpitante e detrás de cada noite vén unha aurora riseira
.
Khalil Gibran


Versión en castelán


En el corazón de todos los inviernos vive una primavera palpitante y detrás de cada noche viene una aurora sonriente

Khalil Gibran

miércoles, 14 de marzo de 2012

Donicela, denosiña, dona, doniña, farridiña, adelociña, delonciña, delosiña, donosiña, dona das paredes.



Segundo a mitoloxía galega, a donicela é un animal velenoso, o seu veleno fai un efecto instantáneo. Por iso, di o refrán: "Se te morde a donicela busca camisa para a terra".

Morde sempre no pescozo ás vítimas. Atráena as roupas vermellas. As cabras e as vacas criando deixan de dar leite se as morde no ubre. Hai que tratala con moito respecto, pois é vingativa e persegue aos que a difaman.
Sábese que noutros tempos a donicela facía de gato e vivía nas casas cos humanos, pero sempre andaba argallando entre os cacharros e rompía toda a louza.

Na mitoloxía greco-latina conta Ovidio na Metamorfose (IX, 280-323)

Cando Alcmena estaba embarazada de Hércules, Xuno, a celosa esposa de Xúpiter, tentou evitar que este nacese. Os seus plans foron frustrados por Gálantide, a serva de Alcmena, quen dixo a Xuno que o neno xa nacera. Xuno, por enganala, transformouna nunha donicela.

Así o conta Alcmena:

"Galántide pertencente ao vulgo, de loura cabeleira, activa no desempeño das miñas ordes e a miña predilecta polos seus servizos. Advertiu ela que algo ocorría por obra da hostilidade de Xuno, e ao saír e entrar con frecuencia pola porta, viu á deusa sentada no altar e apertando sobre os xeonllos os brazos cos dedos entrelazados, e díxolle:
"Quenquera que sexas, felicita á miña señora. A Argólida Alcmena está libre, deu a luz e ve cumpridos os seus anhelos".
A deusa que manda na matriz deu un salto, e sobresaltada deixou soltas as mans: unha vez soltadas ligaduras, tamén eu quedei libre. Dise que Galántide riu ao ver burlada á divindade. Mentres ría colleuna a cruel deusa polos cabelos e arrastrouna; querendo ela levantar da terra o corpo, a deusa impediullo e cambiou os seus brazos en patas dianteiras. Subsiste na súa antiga actividade; tampouco as súas costas perderon a cor que tiñan; a súa forma é diferente da anterior. E por axudar a unha que está a parir con boca mentireira, pare pola boca e habita no noso domicilio como tamén antes o facía".





Versión en castelán


Según la mitología gallega la comadreja es un animal venenoso, su veneno hace un efecto instantáneo. Por eso dice el refrán: "Si te muerde la comadreja busca camisa para la tierra".

Muerde siempre en el cuello a las víctimas. La atraen las ropas rojas. Las cabras y las vacas criando dejan de dar leche se las muerde en las ubres. Hay que tratarla con mucho respeto, pues es vengativa y persigue a los que la difaman.
Se sabe que en otros tiempos la comadreja hacía de gato y vivía en las casas con los humanos, pero siempre andaba enredando entre los cacharros y rompía toda la loza.

En la mitología greco-latina cuenta Ovidio en la Metamorfosis (IX, 280-323)

Cuando Alcmena estaba embarazada de Hércules, Juno, la celosa esposa de Júpiter, intentó evitar que éste naciera. Sus planes fueron frustrados por Gálantide, la sierva de Alcmena, quien dijo a Juno que el niño ya había nacido.Juno, por engañarla, la transformó en una comadreja.

Así lo cuenta Alcmena:

"Galántide perteneciente al vulgo, de rubia cabellera, activa en el desempeño de mis órdenes y mi predilecta por sus servicios. Advirtió ella que algo ocurría por obra de la hostilidad de Juno, y al salir y entrar con frecuencia por la puerta, vio a la diosa sentada en el altar y apretando sobre las rodillas los brazos con los dedos entrelazados, y le dijo:
"
Quienquiera que seas, felicita a mi señora. La Argólida Alcmena está libre, ha dado a luz y ve cumplidos sus anhelos".

La diosa que manda en la matriz dio un brinco, y sobresaltada dejó sueltas las manos: una vez soltadas ligaduras, también yo quedé libre. Se dice que Galántide se rió al ver burlada a la divinidad. Mientras reía la cogió la cruel diosa por los cabellos y la arrastró; queriendo ella levantar de la tierra el cuerpo, la diosa se lo impidió y cambió sus brazos en patas delanteras. Subsiste su antigua actividad; tampoco su espalda ha perdido el color que tenía; su forma es diferente de la anterior. Y por haber ayudado a una parturienta con boca mentirosa, pare por la boca y habita en nuestro domicilio como también antes lo hacía".

lunes, 12 de marzo de 2012

Seremos quen os traballadores de sacarlle o gas ao sacristán




Isto vai sobre os tempos que estamos a vivir, e eu digo:


Quizais xa non haxa estopas, mais gas aínda queda, e xa vai sendo hora que os traballadores deste país suban ao tellado a buscalo.

Un domingo, o crego dunha aldea mandoulle ao sacristán que collese un cuartillo de gas e unhas poucas estopas e, cando estivese el predicando, que ía tratar sobre o inferno, rubise ao tellado quitase unha tella e, polo buraco, fose botando pouco a pouco estopas ardendo.

Principiou o crego o sermón, e o sacristán a botar de cando en cando estopas acesas. E o crego dicía:

-Mirade, ata o demo sabe que estamos falando do inferno!

Seguiu co sermón e, de alí a pouco, advertiu que as estopas ardendo xa non caían. Daquela berrou:

- Anda satán, segue botando mostras do teu lume eterno!

E o sacristán, que rematara coas estopas, respondeu.

-Gas aínda hai, señor cura, mais as estopas xa se acabaron!


Contos populares. Ed. Galaxia



Versión en castelán

Esto va sobre los tiempos que estamos viviendo, y yo digo:

Quizás ya no haya estopas, pero gas aún queda, y ya va siendo hora que los trabajadores de este país suban al tejado a buscarlo.


Un domingo, el cura de una aldea le mandó al sacristán que cogiera un cuartillo de gas y unas pocas estopas y, cuando estuviera él predicando, que iba a tratar sobre el infierno, trepara al tejado quitara una teja y, por el agujero, fuese echando poco a poco estopas ardiendo.

Comenzó el cura el sermón, y el sacristán a echar de cuando en cuando estopas encendidas. Y el cura decía:

-Mirad, hasta el diablo sabe que estamos hablando del infierno!

Siguió con la plática y, al poco tiempo, advirtió que las estopas ardiendo ya no caían. Luego chilló:

- Anda satanás, sigue echando muestras de tu fuego eterno!

Y el sacristán, que había terminado con las estopas, respondió.

-Gas aún hay, señor cura, pero las estopas ya se acabaron!

Contos populares. Ed. Galaxia